Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Consorcio IeB segue sen negociar a pesar das sentenzas que determinan a fixeza de moitas traballadoras

Manifestacion en Santiago das traballadoras do Consorcio 2
Manifestación en Santiago das traballadoras do Consorcio
O Consorcio IeB segue sen negociar a pesar das sentenzas que determinan a fixeza de moitas traballadoras

Continúa viva a folga das traballadoras do Consorcio de Igualdade e Benestar. A falta de negociación por parte da Xunta, que se nega a recoñecer a situación de alegalidade provocada polasúa propia mala xestión laboral, obriga a centos de traballadoras dos Centros de Día ou das Escolas Infantís dependentes do Consorcio, a manter estas reivindicacións.

Dende todas partes do país (tamén dende Muros, Cabana, Ponteceso, Zas, Malpica…) deixaron o seu posto de traballo (cos “abusivos” servizos mínimos, garantidos) e desprazáronse ata Santiago de Compostela nesta mañá de martes 11 de maio para facer unha nova manifestación-cacerolada dende a Alameda ata o Parlamento.

”Os nosos dirixentes, o xerente do Consorcio, a conselleira, e o responsable de función pública non se dignan en vernos, porque escoitar, escóitannos seguro. Non están negociando, que é o que marca a lei”, denuncian as traballadoras.

Mentres, moitas seguen acudindo á xustiza, que polo de agora lle está dando a razón, como a última sentenza do Xulgado nº2 de Compostela que declara fixa unha traballadora que comezou cun contrato de obra ou servizo dende hai 10 ou 12 anos.

”Esas mesmas prazas xudicializadas son as que lle están ofrecendo a outras persoas, facéndolles tamén perder os cartos e a ilusión nas Academias. Parece que non lles importa o seu "estado de benestar", xa non só as traballadoras, senón que tampouco os colectivos vulnerables cos que traballamos, nin as súas familias, todos damnificados por unha inxustiza que eles cometeron, que non recoñecen, e que ten fácil e barata solución”, explican.

Así que a loita continúa “aínda que chova ou quente o sol, loitando por algo que é noso, que gañamos, e para o que demostramos que valemos. Xa pasamos un proceso selectivo unha vez, o que eles quixeron; agora, despois de case 14 anos con contratos precarios, non poden dicir que non era válido, e ser nos as que o volvamos a pagar”.

Novas relacionadas

Comentarios