Visitando o ceo dende a Illa Lobeira
- O Taximar “Robinson da Lobeira” ofrece saidas noturnas a illa Lobeira e ata 24 kilómetros Mar adentro pra poder velas estrelas.
Temos albiscado baleas e golfiños; do solpor por riba do Promontorio Nerium; do impresionante Olimpo Celta dende o mar; da tranquilidade máxima das Illas Lobeiras… Todo a bordo da Navier Jalisia “Taximar Robinson da Lobeira”, da man de David Trillo Gallego, o navegante dos 7 mares que escolle a ría de Corcubión como a máis fermosa do mundo.
Xa van 5 anos dende que o Mariño Mercante de Brens realiza saídas noturnas pra ver tanto as estrelas, navegar baixo a luz da Lúa chea, vela pesca das sardiñas cos cerqueiros, navegar sobre ó máxico Mar de Ardora, Ruta dos Faros noturna…
Agora, despois de ter realizado con curso Starlight coa CMAT para ser Monitor guía do noso ceo, ofrece saídas nocturnas para ver as estrellas como nunca antes, dende o mar.
Así, ademais das viaxes diurnas á Illa Lobeira, a Fervenza do Ézaro, ao Cabo Fisterra, a Ruta dos Faros de Camariñas, as visitas a Muxía ou Muros, ou a ruta de avistamento de aves e cetáceos navegando ata 24 km mar adentro, agora tamén pras saidas noturnas, con certificación Starlight.
Para máis información visitar páxina de Facebook: “Taximar Robinson da Lobeira” e contactar a través de whatsapp no 658 47 04 05.
Novas relacionadas
- Veciñ@s polo mundo: "Navego por todo o mundo para non ter que emigrar".
- Xullo 23: Unha balea e varios golfiños cazados polo Taximar.
- 2021: Golfiños gravados dende o mar
- 24-09-2020: As incomprendidas e inofensivas candorcas.
- Setembro 2020: Unha visita moi cariñosa de Manoliño, o golfiño solitario da ría de Muros.
- Xuño 2020: Avistan o arroaz solitario pola ría de Muros e unha balea alibranca por Fisterra.
- Agosto 2020: Unha balea boreal polo mar da fin da terra
- Agosto 2019: As baleas volven por Fisterra.
- Xullo 2019: Unha viaxe polo mar de Fisterra con golfiños, candorcas, baleas alibrancas e tiburóns peregrinos.