A Xunta evita concretar prazos para a activación das obras da Autovía
- A Consellería María Martínez acusou ao Concello de Vimianzo de ralentizar o proxecto

Levo onte o BNG unha moción ao Pleno do Parlamento Galego para esixir a execución da Autovía Costa da Morte. O deputado do BNG Oscar Insua lembraba que a Xunta leva 8 anos sen mover unha pedra da necesaria infraestrutura, unha promesa de hai 19 anos.
Insua reclamou ao Executivo de Rueda que “se poña as pilas” para rematar dunha vez a Autovía, e preguntou por un prazo concreto para retomar as obras o tramo entre Salto-Berdoias da AG-55, pero tivo que acabar denunciando o “desprezo permanente á nosa comarca”.
Quixo lembrar Insua que os orzamentos da Xunta de 2020 contemplaban 1 millón de euros para este proxecto, aos que habería que sumar outros 6 no 2021, 3,43 no 2022 e 3,5 no 2023. Nos presupostos deste 2024, subliñou, comprometéronse só millóns para un traxecto que ten 5,5 quilómetros de lonxitude, pero é que por agora ningún destes orzamentos acabou executándose.
A nova Conselleira Infraestruturas, María Martínez Allegue, limitouse a recordar os datos dos orzamentos actuais, pero rexeitou contra concretar a data de inicio das obras. Sinalou que xa está o proxecto do treito rematado, con 3 enlaces, sometido a información pública, cos terreos expropiados e os movementos de terra ao 40%, xa feitos dende hai 10 anos.
Á repregunta realizada por Insua pola concreción dos prazos, a Conselleira limitouse a ler un comunicado criticando as faltas da oposición, evitou dar datas nin se o enlace do polígono de Vimianzo está confirmado, e mesmo chegou a acusar ao Concello vimiancés da ralentización da execución do proxecto.
Máis novas da Autovía
- Mao 2024: O BNG reivindica desde Berdoias a ampliación da autovía da Costa da Morte.
- Novembro 2023: O BNG reitera a falta de execución de partidas que aparecen ano tras ano nos Orzamentos da Xunta para a Costa da Morte
- Outibro 23: Os Orzamentos da Xunta 2024 reducen a partida para a VAP
- Febreiro 23: A Autovía volve enredarse no Parlamento.
- Febreiro 23: A alcaldesa de Camariñas urxe á Conselleira a reactivación da prolongación da Autovía/Corredor ata Calo.
- Novembro 22: O pleno de Corcubión volveu pedir que se remate a Autovía e que se elimine a peaxe.
- Novembro 22: O PSOE Costa Atlántica lamenta a falta de compromiso dos Orzamentos da Xunta coa Autovía.
- Outubro 22: Os Orzamentos da Xunta inclúen, un ano máis, unha partida para o Corredor Baio-Berdoias.
- Agosto 22: Os socialistas esixen á Xunta que cumpla coas promesas do Corredor.
- Outubro 21: Os Orzamentos da Xunta para 2022 inclúen 3,43 millóns de euros para continuar o Corredor entre Baio e Berdoias.
- Maio 21: SEA e Goberno central reiteran que a conexión do Polígono de Vimianzo coa Autovía é responsabilidade da Xunta.
- Marzo 21: Reiteran a necesidade de rematar a Autovía ata Cee, ou polo menos ata Berdoias.
- Setembro 2020: Lembran os case 20 anos de promesas da Autovía Costa da Morte ata Brens.
- Febreiro 2020: Anunciada a ampliación da “Vía de Altas Prestacións”, con saída pero sen enlace co polígono de Vimianzo.