Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3 equipos de Alumnos carballeses participan na Fase de Zona do Club de Debate

3 equipos de Alumnos carballeses participan na Fase de Zona do Club de Debate

Preguntábannos o outro día para que valen os Servizos de Normalización Lingüística. E tiramos do máis activo da zona, o de Carballo, para explicalo. E esta iniciativa é perfecta para explicalo: un club de debate no que centos de rapaces de toda Galicia participan para aprender a respetar a lingua e o poder da oralidade. E unha proba é o tema sobre que o debatirán os cheguen a finalísima de Carballo: “Herdamos o galego, temos que transmitilo”.

Así, e por cuarto ano consecutivo, diversos concellos galegos, a través dos seus servizos de normalización lingüística (SNL), puxeron en marcha o Club de Debate, un programa co que se incentiva e valora o falar en público, a oratoria, o uso do galego oral ou o pensamento crítico. Os concellos que organizan esta cuarta edición conxunta son nove: Ames, O Carballiño, Carballo, Ferrol, Negreira, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela e Teo. A participación é de 23 equipos mixtos e de mais de 200 rapaces e rapazas de entre 3.º da ESO e 1.º de Bacharelato de 16 centros de ensino.

E esta fin de semana, en concreto o sábado 7 de marzo, ten lugar no Teatro Jofre de Ferrol a fase de zona en que participan os equipos de Carballo (3), Ferrol (3) e Negreira (3). A xornada comezará ás 9.40 da mañá (o autobús de Carballo partirá ás 8.15 h do Pazo da Cultura), coa presentación, e continúa cunha apertada axenda cos nove debates que enfrontarán os equipos procedentes dos institutos das tres localidades participantes.

De cada debate, o xurado, composto por lingüistas, xornalistas, docentes e comunicadores/as, emitirá unha puntuación coa que se conforma a clasificación final e cuxos dous primeiros equipos recibirán como agasallo material cultural por valor de 500 e 300 euros respectivamente.

3 equipazos de Carballo

Os equipos procedentes de Carballo están formados por:

Club de Debate-Carballo-Parga-Pondal
  • Equipo do IES Isidro Parga Pondal: Francisco Javier Martínez Cambón, Sara Cancela Blanco, David Castro Reigia, Ana Cambón Periscal, Lorena Bello Reyes, Irene Quintela Nieto, Cristina Fuentes Lorenzo, Sabela Lista Rodríguez, Marina de la Iglesia Costa e Mónica Tato Romero.
Club de Debate-Carballo-Alfredo-Branhas-1
  • Equipo 1 do IES Alfredo Brañas: Laura María Reigía Couto, Manuel Eirín Leis, Lucía Ramos Lage, María Pombo García, Álvaro Rodríguez López, Diego Mallo Cotelo, Ana Facal Suárez, Sofía Vila Carracedo e Judith Martinez Pérez.
Club de Debate-Carballo-Alfredo-Branhas 2
  • Equipo 2 do IES Alfredo Brañas: Andrés Puente Souto, Blanca Arán Pose, Ander Omar Hidalgo Hernández, Antonio Viña Varela, Uxía Esmorís Suárez, Laura Freijeiro Longueira, Irene Fraga Periscal, Tabatha Stephania García Reymúndez e Katiana Veiga Espasandín.

A final galega, o 26 de abril en Carballo

Os dous primeiros equipos clasificados nesta fase de zona clasifícanse para a final galega, na que debaterán cos dous primeiros clasificados das fases de zona de Pontevedra e Compostela. Esta final galega, na que participarán seis equipos, terá lugar o domingo 26 de abril no Pazo da Cultura de Carballo.

O premio final que agarda ao equipo gañador é unha viaxe multiaventura dunha fin de semana na que terán ocasión, entre outras cousas, de achegarse ao patrimonio lingüístico a través de actividades lúdicas nas que o idioma terá un papel fundamental, en coherencia co obxectivo principal do proxecto, que é promover o uso da lingua oral nos contextos formais e informais.

En consonancia tamén con este obxectivo, o tema sobre o que debaterán na final de Carballo é: “Herdamos o galego, temos que transmitilo”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios