Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Bretemada de López Abente asalta a Real Academia Galega

A Bretemada de López Abente asalta a Real Academia Galega

O venres 20 de xaneiro, ás 20 horas terá lugar, na sede da Real Academia Galega, a presentación da obra inédita de Gonzalo López Abente, “Bretemada”. Un libro que nos leva nunha viaxe pola metonimia galega, e que foi editado pola Fundación muxiá que leva o nome do autor, e que xa foi presentada en sociedade na casa.

No acto de presentación intervirán Xosé Luís Axeitos, Secretario da Real Academia Galega, X. H. Rivadulla Corcón, Vicepresidente da Fundación Gonzalo López Abente, Olivia Rodriguez, directora da Colección Rescate de Alvarellos Editora, Henrique Alvarellos, editor e Miro Villar, responsable da edición de Bretemada e Patrón da Fundación.

A historia dunha obra recuperada

A obra que estaba depositada en mecanoscrito na Real Academia Galega, foi recuperada pola Fundación Gonzalo López Abente a proposta do escritor Miro Villar.

A Fundación Gonzalo López Abente fixo as xestións necesarias para conseguir facer unha realidade esta publicación. A Editorial Alvarellos foi escollida para co-editar o libro, concretamente dentro da colección Rescate, tanto pola calidade da colección como pola filosofía de recuperación e posta en valor que comparte coa Fundación Gonzalo López Abente.

En palabras de Xosé Luís Méndez Ferrín durante a presentación en Muxía, Presidente da Real Academia Galega e autor do limiar da edición de Bretemada: “A súa edición, tantos anos despois, constitúe un acontecemento literario de altísima importancia”.

Os membros do Padroado queren facer publica a súa satisfacción por ter logrado sacar á luz este fermosísimo texto e destacan o excelente traballo de Miro Villar. Tamén queren agradecer a resposta positiva do editor, Henrique Alvarellos, que dende o primeiro momento se mostrou entusiasmado coa proposta.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Fundación López Abente.

Comentarios