Sábado. 27.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte celebrou o ascenso branquiazul

A Costa da Morte celebrou o ascenso branquiazul

E por fin chegou. Despois dun mes de incertidume, o equipo da provincia, o equipo por excelencia da Costa da Morte, conseguiu certificar a súa volta á elite do fútbol español. O Deportivo da Coruña celebrou o ascenso á 1ª División nunha fermosa tarde herculina. Milleiros de siareiros branquiazuis da Costa da Morte estiveron presentes no estadio, e o equipo de QPC non o quixo perder, e con Jorge Parri á cabeza a pé de campo, estiveron moi presentes vivindo a festa do fútbol coruñés.

Alucinante ver tantas caras costeiras pola zona, demostrando unha vez máis que na Costa da Morte aínda viste máis de branco e azul, que de merengue ou blaugrana. Esta semana traeremos a galería completa de todos os costeiros que vistes a Parri a pé de pista.
Xa na previa, cun ambiente fantástico ás portas do estado, o equipo branquiazul entrou en Riazor escoltado polas patrullas que nunca faltan cando hai algo grande: As hormigoneras da empresa carballesa Horbesa, un dos símbolos das grandes xestas do deportivismo dende os anos 90. Aló enriba, quentando motores para a entrada eufórica do Depor, José Luis Martínez, “o Americano”, e a boa de Carolina Martínez Rega, presidenta da Peña Deportivista de Buño (unha das máis antigas do club como recordarems esta semana) dirixindo as operacións!

O partido foi relativamente parecido aos de ultimamente, coa salvedade que a afección onte valíu un gol, ademais do que marcou Marchena. Algún destello de Sissoko, un pouco de zozobra, e final do partido. O Depor xa é de primeira.

Ascenso do Depor-Foto-Jorge Parri

Fermosas as imaxes sobre o céspede de Riazor, con homenaxes ao costamarfileño e, sobre todo, e a pesar das críticas que leva colleitadas neste treito final de Liga, a Fernando Vázquez. “Corre la banda, Fernanda, corre la banda”, entonou Riazor a coro. E como non podía ser doutro xeito, o de Castrofeito se fixo os 400 metros parando a saudar a todo o estadio, despois de empaparse en champán.

A festa branquiazul tamén tiña acento costeiro nas ondas da fm, i é que as voces das dúas emisoras máis escoitadas na vila herculina, Cadena Ser e Cope, son naturais de Corcubión. Aló estiveron Fran Hermida (por certo, presentador da III Gala do Fútbol da Costa) e Marco Antonio Sande cantando, para toda Galicia, o ascenso do Depor.

E do estadio á fonte de 4 Camiños, por suposto, onde xa esperaba un despliegue preparado para recibir aos dous autobuses descapotables. Se o estadio estaba repleto, con máis de 34.000 persoas, por aí habería arredor da fonte, para escoitar ás nosas estrellas agradecer todo o que esta impresionante afección, escollida á mellor da Liga Adelante pola Federación, lles leva dado durante estes anos.

Esta semana traeremos unha completa crónica das caras costeiras por Riazor, pero antes: Parabéns Deportivo. Parabéns Costa da Morte!
Forza Depor!

Ascenso do Depor-Hormigoneras Horbesa-Foto-Jorge Parri Equipo QPC no Ascenso do Depor-Foto-Jorge Parri Ascenso do Depor-Foto-Nando Lage Ascenso do Depor-Foto-Jorge Parri 1 Ascenso do Depor--Fernando Vazquez-Foto-Jorge Parri Sissoko-Foto-Jorge Parri Juan Carlos e Baston-Foto-Jorge Parri Fernando-Foto-Jorge Parri Jorge Parri no Ascenso do Depor Ascenso do Depor-4caminos 3-Foto-Jorge Parri Ascenso do Depor e 4Caminos-Foto-Jorge Parri Ascenso do Depor en 4Caminos 2-Foto-Jorge Parri

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios