mércores. 14.05.2025
El tiempo

As Festas amenizan a Axenda da Costa da Morte

As Festas amenizan a Axenda da Costa da Morte

Chega cargada a Axenda Costa da Morte para esta fin de semana. Nótase a chegada do verán pois son varias as festas que teñen lugar estes días.

Teremos Festas de San Antonio en Buño e máis na parroquia ceense de Xallas. Ademais hai Festas do Espíritu Santo en Camelle ao longo da fin de semana con moitas orquestras.

Pero non acaba aí a oferta. Ademais do cine de Corme, o venres teremos sendos concertos en Fisterra emais en Carballo.

Para o sábado, ademais das citas verbeneiras, podemos pasarnos a mirar un coche de ocasións pola 27ª Feirauto de Baio. Ademais hai sesión cultural na Fundación Eduardo Pondal e un novedoso concerto con pinchos en Corcubión. Antes en Pasarela, Vimianzo, terá lugar a presentación dun libro sobre a loitadora Lidia Senra.

E o domingo continúan as festas mentres que Vimianzo disfrutará dunha sesión teatreira.

Poden ollar todas as propostas socio cultural en www.axendacostadamorte.com.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios