#AxendaCostadaMorte: novembro pecha con festas, teatro, poesía, cine, regueifas e rutas
08:15 28/11/14
Festas, teatro, poesía, música, cine, regueifas, rutas… Variada chega a Axenda Costa da Morte para esta última fin de semana de novembro. Pero antes de repasalas, escoitamos aos amigos de 4gotas, que nos mandan o exclusivo parte meteorolóxico costeiro:
O venres unha borrasca situarase diante xusto de Fisterra. Baixará a presión ata preto dos 970mb, pero con ventos do sureste a meirande parte da chuvia caerá no mar. Malia a todo en terra choverá, mais frecuentemente pola mañá. Xa na noite desaparecen as chuvias e o sábado será un día de sol, aínda que iso si non quentará. Irá fresco.
Na noite do sábado chegarán nubes aos arredores de Malpica e o domingo orballara nese litoral con ventos fortes do nordés alternando nubes e claros entre Fisterra e Muros e cunha lixeira suba das temperaturas.

Verbeneo
Son as Festas de San Sadurniño no Ézaro unha das citas máis salientables da fin de semana. Venres, verbena nocturna, e sábado o día completo de troula, baixo carpa, por suposto.De música, poesía, regueifa e teatro
Dúas propostas interesantes temos para a noite do venres. En Carballo teremos un fantástico e divertido Espectáculo poético-musical coa ceense María Lado e a herculina Lucía Aldao. Ademais, en Malpica e no marco da X Mostra de Teatro, temos a visita de Malasombra Producións co seu Mision Sapiens.De cine
E non será allea á Costa da Morte á estrea na gran pantalla, e coma se dunha gran produción de Hollywood se tratase, do filme galego “A Esmorga”. Teremos ocasión de vela nos Cines de Carballo e Cee.Un sábado na aldea global
Outras dúas citas singulares para o sábado, centralizadas no Couto. Arrincaremos pola tarde presencia de Josinho da Teixoeira para pechar o XIX Simposio Pondaliano, realizando un obradoiro de regueifa. E xa pola noite, e no XXI Ciclo de Teatro de Ponteceso, chegan “As do Peixe”.Domingo de ruta
E para o domingo, só para madrugadores, teremos a posibilidade de disfrutar da Ruta Pegadas do Wolframio con Senda Nova.Máis información
Tendes toda as citas debulladas en:Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).