Carballo fai entrega das súas Vitaminas para o galego
09:05 09/05/12
Se xa vimos que o Concello de Carnota se une á campaña Vitaminas para o Galego, será tamén o Concello de Carballo o que faga a súa aportación á nosa lingua.
I é que a entrega a Carlos Callón do VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo (cuxo artigo "Fai teu o galego" publicaremos o 20 de maio en QPC) farase no marco da Vitaminas para o galego, tomando o mesmo nome para o acto.
Un acto que será o mércores 16 de maio, ás 21.00 h no Pazo da Cultura de Carballo, que se completará ademais cun concerto de Sés e que contará coa presentación da actriz Paula Carballeira.
Unha boa ración de vitamina galegas para a nosa lingua, dende logo. Aí vos deixamos coa voz de Ses, ou María Xosé Silvar:
Novas relacionadas
- Unha noite de poesía e punk para darlle Vitaminas ao galego.
- Carlos Callón gaña o VIII Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo.
Programas das Letras Galegas
- Carnota: Carnota dá Vitaminas ao galego cun gran Mes das Letras.
- Festiletras: Arrinca un Festiletras con 30 anos de bulir cultural.
- Cee: Cee artella un programa das Letras Galegas con teatro, pintura, música e moito máis.
- Fisterra: Hiphop, poesía e humor para o mes das Letras Galegas de Fisterra.
- Muxía: Abente será homenaxeado nun completo programa das Letras muxián.