Desafío Galicia: A remo por toda o litoral polos nenos autistas


Se estes días vedes un minúsculo punto no medio do mar, batíndose coas ondas tan só cun remo e unha pequena táboa, ese é Óscar García Alonso realizando o seu Desafío Galicia. Unha aventura que consiste en percorrer todo o litoral galego a remo sobre unha táboa de Paddle Surf, co obxecto de recadar cartos para a Asociación Raiolas-Lugo que axuda a familias de nen@s autistas.
E se o pasado martes saía da Coruña, estes días xa está pola Costa da Morte. Tras celebrar o San Xoán en Carballo, onte partiu de Razo a Malpica, e hoxe andará nalgún punto entre Malpica e Camelle, unha das rutas máis duras de todo o programa. E nese caso, tamén das máis especiais, pois o seu respecto pola figura de Man, o Alemán de Camelle, fan que a parada en Camelle sexa moi especial neste Desafío.
Tiñan previsto continuar mañá, pero á espera de que amaine o temporal de vento na Costa da Morte avísannos que as vindeiras etapas quedan pospostas para a vindeira semana. O domingo 30 fará a ruta Camelle-Muxía, e de aí os 35km que o separan de Fisterra para o luns 1 de xullo. E así ata chegar a A Guarda.
Oscar García será a primeira persoa en rodear Galicia a Remo en solitario sen ningún tipo de apoio marítimo. Por iso, non deixamos de sorprendernos das boas iniciativas que nacen neste país, e só temos grandes palabras para esta brava e solidaria aventura. Que recaude moitos fondos, pois!

Máis información
Novas relacionadas
- A Selección Galega de Surf toma Malpica como base de operacións.
- Nemiña volveu convertirse no centro surfeiro do país.
- Malpica abriu a temporada de surf na Costa da Morte.
- Malpica, Razo, Soesto, Muxía e Carnota acollerán probas do Circuito Galego de Surf 2013.
- As perigosas ondas das Costa da Morte collen sona internacional.
- Malpica uniu o surf galego para pechar a tempada.
- Os viquingos surfeiros galegos e asturianos tomaron Malpica.
- A bordo do longboard polos Camiños sen fin da Costa da Morte.
- A Costa da Morte afiánzase no panorama surfeiro do país.
Máis novas
- Novedosa Pescadería fotográfica surfeira en Malpica.
- Música, surf e… Razo.
- A Costa da Morte coida as súas praias.
- De quen son as ondas da Costa da Morte?.
- A Costa da Morte, o centro do surf da península.
- O pequeno bergantiñán que surfea con 7 anos.
- Malpica convírtese no epicentro do surf do país.
- Unha curta de surf e Man.
- Os surfistas limpan as praias que os concellos non coidan .
Outras novas
- A bitácora da semana (XCV): Costa da Morte Kayak Surf.
- A bitácora da semana (LXVI): O blog do Clube de Surf Os Tombos.
- A bitácora da semana (IV): Surf na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).