Escollidas as 43 webseries para un internacional Carballo InterPlay


Xa temos a data reservada e xa sabemos o que imos poder ver. Sonia Méndez, directora do pioneiro Festival de contidos dixitais Carballo InterPlay CIP, anunciaba a selección oficial de traballos que poderemos degustar os días 16, 17 e 18 de abril de 2015.
Teremos para esta segunda edición, nada menos que 43 webseries, 5 galegas, 20 nacionais e 18 internacionais, dando o gran salto para convertirse en referencia mundial na material. De feito, o festival estrea premio en categoría internacional.
Ten boas novas ademais o festival co patrocinio de Calvo
Xa podedes ver o Calendario concreto de proxeccións, no que se poderán ver moitas estreas. Ademais achegaranse á zona moitos dos grandes do panorama audiovisual internáutico Mullallo, os Burnin’ Percebes, ou os os Vega Monjas, aos que poderedes zarandear.
Queremos facer un guiño ás propostas galegas, comezando pola carballesa Nemeth, centrada nas meigas do Monte Neme. Pero tamén damos conta de que estarán a policiaca Fame Webserie, que teñen ademais banda sonora muradá cos Terbutalina; o Interfecto, os Nemeth, os Galosodios ou PIB (Produto Interior Bruto).
Aquí vai o primeiro capítulo de Nemeth:
Aquí vos deixamos co 1º capítulo da 2ª temporada de Fame:
E aquí, os PIB:
Máis información
Novas relacionadas
- A canteira audiovisual recupera a historia bergantiñá.
- Aprendendo a ser actor, director, maquetador….
- FormaCIP: formación audiovisual de vangarda.
- O edificio dos 100 actos.
- As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- Carballo Interplay: En marcha o primeiro Festival de Webseries de España.
- Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
- O Festival de webseries Carballo Interplay xa ten finalistas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).