Espectacular a #AxendaCostadaMorte para esta última fin de semana de xuño
Como vén esta última fin de semana xuño. A #AxendaCostadaMorte está que rebenta, así que teremos toda clase de eventos para disfrutar. Festas, co gallo do San Pedro e outros, e concertos “a cholón” como protagonistas.
Estes días non temos operativa a Axenda Costa da Morte, pero aquí traemos unha marea de citas festexeiras, concertos e festivais, xornadas culturais…
Así e todo, antes de repasalas, ollamos o exclusivo parte costeiro que nos mandan os amigos de 4gotas.com:Esta fin de semana escoitaremos falar en todos os telexornais dunha Vaga de Calor por mor da chegada de aire africano á Península. Por sorte ou por desgraza a Galicia apenas chegará como nos explican.
Na Costa da Morte o tempo será moi distinto entre o litoral norte, entre Muxía e Malpica, e o resto. Nese litoral norte predominarán as néboas. O momento con máis sol será a tarde do venres, quedando o resto da fin de semana baixo a brétema. A tarde do domingo semella que será menos mesta.
No resto da Costa teremos néboas na mañá e mediodía do venres, manténdose no litoral todo o día. Sábado e domingo a primeiras horas tamén haberá néboa, pero xa desde media mañá lucirá o sol eses días e con temperaturas máximas nos 25ºC. Máis que agradables para visitar a praia. Iso si, o vento será do noroeste con refachos moderados nas tardes.
Marea de festas
Temos tres días de troula nas Festas da Virxe das Dolores de Gures. O venres 26, churrascada popular con Pedras Miúdas, e verbena con Delirio. O sábado, verbena con Candela e disco móbil, e domingo sesión vermú coa Candela.
Tamén teremos as Festa do Vilar de Zas, coa festa da Xuventude co Grupo Ciclón a golpe de venres, unha churrascada amenizada pola Diamante para o sábado, e unha sesión vermú para o domingo.
Para o sábado, teremos a auténtica VII Festa’Arxa coa clausura das escolas da Raigañas. Dende as 19:00h, a cultura tradicional invadira o campo da festa de Cerqueda.
Teremos tamén Festas de Cundíns, en Cabana, celebrando o venres 26 o San Paio coa orquestra Pontevedra, e despois o luns o San Pedro e o martes o San Antonio.
Atención ao San Pedro
I é que o domingo arrincan as celebracións do San Pedro, unha das festividades máis vividas da fin de semana. Teremos as grrandes Festas de San Pedro de Muros>, que comezan o domingo a toda máquina, e continuarán luns e martes, rematando cunha boa Noite de Rock cos grupios da Sala Nasmo.
Abusóns son por Camariñas, onde non quedan curtos con 5 días de troula nas Festas de San Pedro da Ponte do Porto. O domingo empeza a cousa con churrascada, o luns hai verbeneno, e despois empalman a vindeira fin de semana con 3 días de música.
En Cabana, tocan as Festas de San Pedro de Nantón, pero serán venres e sábado. O venres, churrascada e orquestra América SL, e o sábado, sesión vermú ca Panamá e verbena coa mesma orquestra e o Trío Bullblack Show.
En Corcubión, xa o sábado haberá algo de romaría no SPS, cas xentes que non poden disfrutar do San Pedro pola semana. Así e todo, o domingo xa haberá festa no campo de San Roque, con Xacobeo e Atenas, e o luns estará a Samba.
O luns arrincan as Festas de San Pedro de Buxantes, en Dumbría. E temos tamén as Festas de San Pedro de Castriz, domingo e luns.
De festivais e Concertos
Varios concertos, e ben variados. Arrincaremos o venres en Carballo, co Rockin’Carballo. Un festivalón no marco do San Xoán carballés chega con grandes nomes, como Tokyo Sex Destruction, Terbutalina, Los Esquizos, Arabian Evils ou Antón Dj, que acompañarán á mítica banda arxentina Cápsula no cartel.
O mesmo venres en Cee, co concerto de The Suffering, banda costeira de metal hard-core, que estarán no novo Pub Nerio o venres ás 0:30h.
Tamén o venres, e na mesma liña cañeira, o Pub Xeixo de Louro, en Muros acolle o concerto de Coso Carnóbrigo, metal celta carnotán tremendamente.
Para o sábado, a gran cita musiqueira darase na praia Area Maior dos Muíños en Muxía, co I Festival Comarea. Un festival electrónico con grandes djs de toda a volta.
E tamén o sábado, o trío Talabarte estará no estarán no Faro de Cabo Vilán presentando as cancións do seu próximo disco en cinco concertos exclusivos en enclaves únicos galegos. O concerto inclúe un showcooking con degustación de petiscos a cargo do chef Xián Herrera, maridados co vermú galego Nordesía.
O San Xoán carballés non para
Seguen as Festas do San Xoán Carballés. O venres 26, como dixemos, teremos o gran Rockin´Carballo, unha fantástica cita musiqueira.
O sábado 27 será día das habaeras e da Gran sesión de fotos de artificio na Agra da Lagoa, a partir das 0:30h. E pola noite, á 1:00h, gran concerto de bROTHERS iN bAND, a banda tributo aos Dire Straits.
Non pararán as troulas o domingo, coa fermosa e auténtica Festa do Bosque, no bosque de Añón.
Cultura mariñeira no Pindo
Xa estamos en plenas X Xornadas de Pesca da Confraría do Pindo. “Seguindo a remar” é o lema deste ano, dnhas xornadas que non se poden perder, cunha programación completísima con charlas, poesía, fotografía, pintura, degustación de tapas, etc… Venres, sábado e domingo, o mar será o protagonista na vila pindexa.
Actividades do Asalto
Impresionante o completo programa do Asalto ao Castelo de Vimianzo. Teremos dúas citas esta fin de semana, comezando polo Concerto de presentación Irmadiño SON.
Ademais, falamos dunha festa que amplía horizontes, e ademais de tomar o Castelo, tomará este ano outra fortaleza vimiancesa, a máis antiga, da época castrexa: O Castro das Barreiras. E o fará cunha Xornada con charla, fútbol gaélico e audiovisual.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).