Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O Carballo Interplay, os Óscars 2.0

O Carballo Interplay, os Óscars 2.0
Foto de familia na Gala do Carballo Interplay

Foi por uns días Carballo o Hollywood da internet. O pioneiro Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay arrincaba a súa segunda edición o pasado xoves de xeito desenfadado, e durante 3 días converteuse no epicentro das miradas de todo o panorama “youtubeiro” galego, nacional e internacional.

Foron días de obradoiros matinais, e de proxeccións de ata 43 webseries, entre elas 5 galegas e 18 chegadas de todas partes do mundo como México, Argentina, Francia ou Reino Unido. Días nos que esta aposta municipal, organizada por Sonia Méndez, estivo ateigada de “cultureteo 2.0”, con xente nova pero tremendamente válida. E se non o cren, busquen polo youtube estas apostas e seguro que disfrutan.

O gran peche era unha das citas esperadas, a Gala de entrega, presentada pola versión galega dos “irmáns Lumieira” e dirixida por Sandra Lesta. Espectacular estiveron os Carlos Meixide, Tomás Lijó e Suso Alonso, catando aquel “Unha web serie é unha película pero seriada i en internet”, dando conta do potencial do audiovisual estatal.

Os irmans Lumieira na gala do Carballo Interplay Cheo tras cheo nas proxeccions do Interplay

Houbo 7, das 43, webseries gañadoras. A gran triunfadora foi “Fracasados por el Mundo”, escollida como mellor webserie de imaxe real. Hai que destacar tamén o premio internacional para “Future Duck”. Pero nós quedámonos cos premios galegos, sendo “Fame” a gañadora da categoría en galego, mentres que a serie nacional na que participa o malpicán Santi Romay, Clases de lo Social, foi escollida polo público como a mellor.

Aquí vos deixamos co 5º capítulo da 2ª temporada de “Fame”, para ver se vos enganchades:

E aquí, un dos capítulos de Clases de lo Social.

Os Premiados do Interplay 2015

  • MELLOR WEBSERIE IMAXE REAL “Fracasados por el Mundo”.
  • MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO MELLOR WEBSERIE IMAXE REAL “La Caída de Apolo”.
  • MELLOR WEBSERIE ANIMACIÓN: “Comaland”.
  • MENCIÓN ESPECIAL DO XURADO MELLOR WEBSERIE ANIMACIÓN: “Pinkoo”.
  • MELLOR WEBSERIE INTERNACIONAL: “Future Duck”.
  • MELLOR WEBSERIE V.O. GALICIA: “Fame”.
  • MELLOR WEBSERIE PREMIO DO PÚBLICO: “Clases de lo social”.
  • MELLOR GUIÓN AGAG: “Vincent Finch”.
  • MELLOR ACTRIZ: Carla Pueyo por “La Caída de Apolo”.
  • MELLOR ACTOR: Oriol Vila por “Nico&Sunset”.

A Gala en vídeo


Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios