xoves. 01.05.2025
El tiempo

O Festival Live in Cances volverá facer estrellas ás bandas bergantiñás

O Festival Live in Cances volverá facer estrellas ás bandas bergantiñás
Festival Live in Cances de Carballo 2013

A Axenda Sonora da Costa da Morte sobrevive durante o outono. E o fai en Carballo, co Festival Por-Rock "Live in Cances". Un festival da casa, onde a movida bergantiñá é a protagonista.

A cita, organizada pola Asociación Cultural SanCampio de Cances, será o venres 15 de novembro a partir das 22:00h. E saltarán a escena as bandas locais: The Killer Cats, co seu rockandroll máis norteamericano; os Versión Imposible coas súas versións españolas de tódolos tempos; os The Gentlemen co seu toque indie guitarreiro; e mais os de Laracha Malavida, cantando rock en galego.

O Festival será coma sempre no Local Social de Cances e a entrada será libre. Aquí vos deixamos unhas mostras da súa música:

Estes son The Killer Cats:


Estes son Versión Imposible:

Estes son The Gentlemen:


Estes son Malavida:

Máis información

Novas festivaleiras

Outras novas festexeiras

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Comentarios