Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O folk-rock chega tamén ao Xiria Pop 2013

O folk-rock chega tamén ao Xiria Pop 2013
Festival Xiria Pop-Carballo 2013

Xa temos datas e bandas para o XVI Xiria Pop de Carballo. A Sala Dublín acollerá dúas auténticas noites de pop os vindeiros 20 e 21 de setembro de 2013, neste un dos festivais máis lonxevos da zona costeira, e a cita que pecha o verán festivaleiro da Costa da Morte.
Este ano, o folkrock americano cobra protagonismo, non sen deixar ao pop o seu papel principal.

Este ano teremos bandas galegas, de Madrid, de Asturias e mesmo un par estadounidenses. O venres abriremos cos madrileños Jysus, que nos traerán un folk-rock psicoldélico con tintes de country. De seguido o norteamericano Erik Voeks, cunha proposta máis powerpop. Coñecidos de sobra son os galegos de Niño y Pistola, co seu folk-rock americano recuperando sons dos 70. E será o tamén estadounidense Javier Escovedo o que peche a primeira xornada voltando ao power pop máis auténtico.

Estes son Niño y Pistola:

A xornada sabatina abre cos madrileños The Down Down Downs, cun rollo máis rocanroleiro dos 50 e unhas guitarras tremendamente afiadas. The Government chegarán da capital cun son máis elaborado e acústico. O asturiano Max Gamuza perfílase como a sorpresa do festival cunha escena algo máis punki, e os J. Teixi Band pecharán a noite coa súa "descarga sudorosa de soul-blues" apaixoado, unha proposta segura que se convirten nos cabezas de cartel.

Estes son The Down Down Downs e abaixo os J. Teixi Band:

A entrada diaria custa 10€ e o abono para os dous días 15€. A apertura de portas será ás 22:30h.

Un pouco de historia

Todo comezou alá polo ano 98 como unha festa para os integrantes e simpatizantes da familia de balonmán Xiria. As primeiras edicións cun único grupo musical e da zona. Ano a ano isto foi crecendo e aumentando o nivel de calidade e cantidade musical. Os últimos anos levouse a cabo na Cervecería Dublín, habendo paado antes pola salas Mikro (unha edición) e o mítico local Bule Bule que foi onde comezou todo isto e onde se desenvolveron as primeiras edicións.

Gracias ao traballo de Xabier Graña, pasaron polo Xiriapop a auténtica crema da música popeira mundial. Falamos de xente como de Chris Wilson, Roy Loney, The Pirates, The Waistcoats,Johnny Casino, Cooper, The Right Ons, Niños Mutantes, The Sunday Drivers, Los Chicos, Los Negativos, Elephant Band, La Granja, The Zinedines, Mistakens, Triceratops, ALU, Niño y Pistola, Tha Phantom Keys, The Feedbakcs, Real McCoyson, Tin Soldier Band, Biscuit, Meu, Annie Hall, Big City, Quant, etc. E moitas lendas máis, sempre coa "Calidade" como bandeira.

Máis información

Novas festivaleiras

Outras novas festexeiras

Fonte

Comentarios