Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O “pioneiro” festival internacional Carballo Interplay xa conta co apoio da Deputación

O “pioneiro” festival internacional Carballo Interplay xa conta co apoio da Deputación
Sonia Méndez é a directora do festival Carballo Interplay, na última edición da entrega dos premios Sonia Méndez é a directora do festival Carballo Interplay

Gústannos moito estes pioneiros proxectos de Derrubando Muros con Pintura ou o Carballo Interplay. Carballo sitúase como centro cultural de referencia, e se os murais seguen enchendo de cor os vellos edicios da vila, os mellores contidos dixitais seguen invandido as nosas pantallas dende Bergantiños.

Pasa o tempo e o audaz e pioneiro, o Festival de Contidos Dixitais Carballo Interplay afronta a súa 3ª edición. Xa convertido un referente do novo audiovisual a nivel estata suma agora suma forzas despois do acordo asinado entre a Deputación da Coruña e o Concello de Carball.

”Orgúllanos participar nunha iniciativa ousada, que abre novos camiños e que é un encontro obrigado para moitas persoas do audiovisual que están a traballar en novas formas narrativas e con novos soportes”, sinalou a vicepresidenta da Deputación e responsábel da área de Cultura, Goretti Sanmartín, na sinatura do convenio co Concello de Carballo para o financiamento do festival que chega este ano a súa terceira edición.
A Deputación da Coruña financia, mediante o convenio, o Carballo Interplay cunha achega de 31.706, 36% destinado ao desenvolvemento da actividade.

Xa desexando que chegue o mes de abril.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios