O Rexenera Fest enche de cor as fachadas de Carballo

A pleno rendemento, ata o domingo 4 de xuño, está estes días o Rexenera Fest 2017, o Festival Internacional de Arte Pública que convirte Carballo nun enorme lienzo para que artistas de todo o planeta lle dean un toque de cor a unha vila que leva gris demasiado tempo.
Sempre dicimos o difícil que é atopar un Concello que aposte polo grafitti, pola arte urbana, para reconvertir a propia cidade, e parece claro que a cousa funciona, unha vez que non hai unha soa voz discordante ante esta aposta contra o feísmo, e que fai da vila un lugar non só máis fermoso senón tamén máis humano e habitable..
Estes días temos nove artistas (podes coñecer de primeira man quen é quen) levan as súas obras a fachadas tan grandes e feas como simbólicas de Carballo. o galego Sekone está pintando na rúa Avenida de Fisterra; Dende Cambre, Yoseba MP trae a súa vella heroína “Obelixa” na rúa Vila de Negreira; a catalana Cinta Vidal está pintando na rúa Vázquez Parga; o tamén catalán Saturno engalana unha das paredes do edificio do FORUM; dende Arxentina chega AnimalitoLand, pintando nun dos edificios da rúa Río Anllóns; o italiano Jorit deixa a súa pegada na rúa Luís Calvo; dende México, a Curiot tócalle na rúa Gardenias; os galegos Nada/Isaac Fafián na rúa Doutor Fleming; e o galego Isaac Cordal na rúa Saúde.
Non deixen de dar un paseo, porque ver o proceso é impresionante.

Obradoiros, microconferencias, concertos e rutas
Paralelamente tamén arrincaron as master clases sobre stencil no Forum Carballo, e na que participan unha ducia de futuros artistas.
A programación do Rexenera Fest 2017 complétase coas microconferencias do sábado 3, no Fórum, ás 17.30; co concerto do festival, tamén o sábado, ás 22.00, na Praza do Concello, e no que actuarán Igmig, Alto Asalto, 2 Pasos e Thomas Dylan; e coa ruta guiada por todos os murais desta edición e algún das edicións pasadas, o domingo, ás 17.00, saída desde o Fórum.
Máis información
- www.rexenerafest.gal.
- Facebook “Derrubando Muros con pintura.
- Turismo Carballo: Guía práctica para visitar os graffitis de Carballo.
Novas relacionadas
- 2017: O Rexenera Fest de Carballo reúne a nove artistas internacionais do 29 de maio ao 4 de xuño.
- 2017: Carballo convírtese no referente en arte urbana co Rexenera Fest
- Cinco artistas en arte urbana abren o Rexenera Fest
- Carballo Rexenera as súas rúas cun festival internacional de arte urbano
- As pintadas carballesas seguen derrubando muros.
- A documental que derruba muros con pintura.
- Paredes que modernizan.
- Aprendendo a ser actor, director, maquetador….
- #ForoMobilidade: Carballo repensa o seu modelo de cidade.
- Graffitis que humanizan Carballo.
- Pintando muros para derribar barreiras.
- Os muros convírtense en Murais.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasancosta.com).
- Concello Carballo