O Rockin'Carballo abrirá a golpe de garage o verán festivaleiro


Xa temos data e bandas do festival máis madrugador da Axenda Sonora da Costa da Morte. O Rockin’ Carballo 2014 se celebrará o venres 27 de xuño, convertindo, un ano máis, a Carballo na capital do garage. A cita, no Rego da Balsa, e coma sempre, no marco do San Xoán carballés..
Os cabeza de cartel será os valenciáns Wau y los Arrrghs. Tonos punk, rock, algo de surf e moito garage, que nos levarán ata os sixties cas súas guitarras.
Antes usubirán aos escenario os Idealipsticks, banda roqueira chegada de Guadalajara cas súas “guitarras rugosas e rabiosas, estribillos popeiros e sinxelos”, que diría o mesmo Julio Ruíz. Unha das bandas máis de moda do panorama español.
Completan o cartel, os madrileños The Goverment cunha mestura o garaje, o protopunk detroitiano, cun toque soul e blues.
E tamén haberá representación bergantiñá, coa actuación dos carballeses Apart, dignos de disfrutar, cunha voz envexable e unha garra tremenda.
Non rematará aí a cousa, pois a música continuará soando gracias a Ayrton&Senna DJs.
Aquí vos deixamos uns vídeos para que comprobedes a calidade das bandas:
Wau y los Arrrhgs
Idealipsticks
The Goverment
Apart
Máis información
Máis novas da Axenda Sonora
- Lires xa pensa na Xuntanza Folk.
- Los Enemigos volverán a Malpica polo Nordestazo Rock 2014.
- Arrinca unha nova revolta Irmandiña co #AsaltoaoCastelo14.
- O Festival Sereas e Piratas xa ten nova data.
- Dúas bandas rockeiras de referencia para internacionalizar o Festival VdeValarés.
- Mazaricos porase no panorama electrónico europeo co Fermaz Festival.
- Los Suaves, Terbutalina e Los Gatillazo arrincan o #CasteloRock14.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).