Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os poetas da Costa da Morte escriben sobre a carpintería de ribeira

Os poetas da Costa da Morte escriben sobre a carpintería de ribeira

Achegamos de novo uns apuntes en verso a QPC da man de Miro Villar. Hoxe, o poeta ceense nos trae "unha escolma de poesía sobre a carpintería de ribeira", que vén de ver a luz na editorial Toxosoutos, preparada polo poeta F. Fernández Naval, e na que a bisbarra está moi presente.

Nela inclúense poemas de 9 autores da Costa da Morte, con textos dos clásicos Victorino Abente Lago, de Muxía, Gonzalo López Abente, de Muxía, Antón Zapata García, de Laxe, e Manuel Caamaño Devesa, de Laxe. E os poetas actuais Alexandre Nerium, de Fisterra, Paco Souto, de Malpica, X. H. Rivadulla Corcón, de Muxía, Miro Villar, de Cee, e Modesto Fraga, de Fisterra.

Merendacea dous con María Lado

Hoxe traemos ademais outra cita poética con participación costeira. A ceense María Lado, que creceu da man do Batallón Literario da Costa da Morte, vai participar nun curioso evento. O vindeiro venres 1 de xullo, o Museo Verbum-Casa das Palabras ,á volta da praia de Samil, en Vigo, e alá polas 20:30 horas, toca a segunda sesión de Merendacea 'Poesía para devorar', unha creación dos Poetas da Hostia producida polo Verbum.

Merendacea é un espectáculo de variedades poéticas creado colectivamente por unha serie de artistas que procuran explorar novos camiños para a lírica. Neses camiños cabe a videocreación, a música e...n directo, a danza, o teatro, a pintura e mesmo o humor, elementos que se poderán ver nos pequenos números que compoñen esta segunda merendola lírica.

Desta ocasión, os versos correrán por conta de Lara do Ar, Daniel Landesa (que une os seus esforzos ao músico Mr. Carácter), Ledicia Costas quen contará colaboración de Nuria Carballido, Estíbaliz Espinosa, Elvira Riveiro, Xabier Xil Xardón, Lucía Aldao, María Lado, Xosé Manuel Esperante e Nolim González,que virá acompañado de Dj. Cocón.
A pintora e deseñadora María Longa é, desta volta, a autora dos obxectos poéticos que se sortearán entre os asistentes e a artista Nela Quesada participará cunha intervención en directo.
Os espontáneos e insuperables Carlos Castro e David Santos porán cordura e música en directo. A tralla e a arroutada tráea o atlántico Xurxo Souto, que fará as veces de presentador e mestre de cerimonias.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios