Sábado. 27.04.2024
El tiempo

QPC publicará as obras premiados do Concurso de Relatos da Fundación Fernando Blanco

QPC publicará as obras premiados do Concurso de Relatos da Fundación Fernando Blanco
Entrega-de-premios-do-I-Concursod-e-Relatos-da-Fundacion-Fernando-Blanco

O sábado 22 de xuño, ás 12 horas, tivo lugar no Museo Fernando Blanco de Cee o acto de entrega dos premios do I Concurso de Relatos Curtos organizado pola Fundación Fernando Blanco, e que contou coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña e da Estación de Servizo Bazarra.
O concurso, centrado no tema da emigración, estaba dirixido aos alumnos/as dos centros escolares dos concellos de Carnota, Camariñas, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra, Mazaricos, Muxía, Vimianzo e Zas.

Recibíronse un total de 229 relatos en ambas categorías, e os premiados, que ademais poderán ver publicadas as súas obras en QPC, foron:

- Categoría A (2º e 3º Ciclo de Primaria):

  • 1º premio: Clara de Ramón Ayala do Colexio Manuela Rial de Cee (150 € máis diploma).
  • 2º premio: Teresa Cousillas Lema do CEIP Labarta Pose de Baio (100 € máis diploma).
  • 3º premio: Adrián Canosa Pérez do CEIP da Ponte do Porto (50 € máis diploma).

- Categoría B (ESO):

  • 1º premio: Estela Areas Pérez do Colexio Manuela Rial de Cee (150 € máis diploma).
  • 2º premio: Nuria Vilariño Lema do IES Maximino Romero de Baio (100 € máis diploma).
  • 3º premio: Adela Dios Touriñán do IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto (50 € máis diploma).

Ó acto de entrega acudiron os membros do Padroado da Fundación, e os premios foron entregados por D. Carlos Oliete, director das fábricas de Cee e Dumbría de FerroAtlántica, e D. Julio López Vázquez, xerente da Estación de Servizo Bazarra de Cee.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios