Venres. 29.03.2024
El tiempo

En marcha a 18ª edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

Paco de Tano certame Illas Sisargas 2023
Paco de Tano, Eduardo Parga e Noelia Freijeiro presentando as bases do certame
En marcha a 18ª edición do Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas

O XVIII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas da asociación cultural Caldeirón púxose en marcha coa presentación da cita nun acto que tivo lugar na mañá deste xoves no salón de Plenos do Concello de Malpica. O concurso literario, nacido no ano 2005, xa é unha tradición na convocatoria poética en lingua galega e segue atraendo cada ano un destacado número de participantes.

Eduardo Parga fixo una lembranza de Paco Souto, un dos artífices deste certame e lembrou que comezo cando el era concelleiro de Cultura. 
Pola súa banda, Paco de Tano lembrou, do mesmo xeito, a figura de Paco Souto, falecido en 2017, como un dos impulsores deste premio. "Entre o dous chegamos a facer esta editorial que a única editorial de poesía en toda Galicia. Unha editorial que naceu aquí en Malpica. Somos pequeniños pero ao mesmo tempo somos moi grandes culturalmente”. Tano finalizou apuntado que “temos un premio único en toda España”.

Comentarios