Un Restaurante carballés participará na campaña para que o #CocidoDay se convirta en trending topic


Conseguir que a palabra #CocidoDay sexa trending topic a nivel estatal. Esa é a proposta que se prantexa Galicia polo Día Internacional do Cocido (con web e todo). E como estas iniciativas gastro-tecnolóxicas nos prestan tanto, non queríamos esquecer a aposta.
Así, o 21 de marzo, restaurantes de toda Galicia (e mesmo varios do resto da península) colgarán o este cartel nas súas portas e animarán aos seus comensais a tuitear e tuitear co hastag #CocidoDay, ata que chegue, como o ano pasado.
E na Costa da Morte teremos representación. O Restaurante Río Sil, un dos poucos que se preocupa por ten incidencia nas redes sociais (e abofé que a ten), vai a invitar a un grupo de xente con repercusión grande a redes sociais galegas.
Pola súa parte, o mestre cociñeiro, Marcos, foi "seleccionando materia prima moi boa para para non darlle opción a falar mal aos 9 “influencers”". Falamos de Tania Carreira Rial, presidenta da Gran Orde Gastronómica da Costa da Morte e blogueira en costadamortegalicia.com, Belén Puñal, responsable do www.turismocarballo.com, Cristina Abelleira, da Axencia Comunicar, a xente de Deindo, Brais de Enxendra, Asuncion Fieira, Dani Cerqueiro e Manuel Pan de Abertal e Josuke, o gran culpable do éxito das Laconnetwork, que xa pasaron por Carballo.
Un Marcos que se amosa contento con estas iniciativas. De feito, “o ano pasado xa cos xornadas do Boi tivemos moita repercusión nas redes sociais. Ademais é algo que facemos un par de veces ao ano, con animais especiais para o evento. Por exemplo, o ano pasado tivemos un boi de máis de 2.000 kilos vivo, de 11 anos. Agora xa estamos pensando nas Xornadas do Boi de maio, e temos unha boa peza xa están en cámara, que teñen que botar 90 días en frío antes de ser consumidas”.
Loubamos pois a aposta do Río Sil pola gastro-tecnoloxía!
Novas relacionadas
- Degustando á Costa da Morte no Forum Gastronómic.
- Eu cociño con auga de mar da Costa da Morte.
- Slow Fish de Canadá e Alemania interésanse pola Costa da Morte.
- Bergantiños á vangarda tecnolóxica galega.
- Do mar costeiro á mesa madrileña.
- O Polbo de Lonxa, local e sustentable, chama ás portas da hostalería madrileña.
- Experiencias de venda online de marisco da Costa da Morte.
- Pódese vender marisco pola rede?.
- Este Nadal, sabes o que comes?.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).