Unha marea de actividades paralelas para facer máis grande o FIOT


Seguimos repasando todo o que dará de si o XXIII Festival Internacional de Teatro de Outono de Carballo (FIOT). Xa lle botamos un ollo aos clásicos, que serán protagonistas, coñecimos como vai ser a máxica noite do Fiotiño, descubrimos quen será o titiriteiro Xograr de Outono. E hoxe toca falar das Actividades Paralelas que fan máis grande este festival, a un día de que se poidan ir reservando as entradas, pois este xoves 25 ábrense as taquillas virtuais.
Falamos, por exemplo, do Concurso de Teatro Lido, da presentación dun libro, da idea do “Café con…”, da Escola do Espectador, o Zoom FIOT, o “Dalle un Bocado ao FIOT”, do Premio do Público, ou do Teatro de Rúa, unha das potencias da mostra, facendo chegar á xente as mellores propostas
Teatro de Rúa

As rúas e prazas de Carballo convertiranse en improvisados escenarios tomados polas compañía de teatro punteiras do País. Haberá dúas representacións, o domingo 12 de outubro ás 12:30 cunha de animación cos Vecociclopes; e o sábado 25 de outubro cos simpáticos malabares de Malabrelkers.
Rúa dos Contos

Fantástica a proposta de levar monólogos polos bares e tabernas da vila no marco da Mostra. Ata 14 actuacións, con 3 estreas na XVI Rúa dos Contos. A de Róber Bodegas, a dos #Os7magnifícosmáis1 e a de Antón Coucheiro. Pero ollo, que tamén teremos a David Amor Cándido Pazó, Quico Cadaval e Celso F. SanMartín, Isabel Risco, Mago Teto, os regueifeiros Beito Lobariñas e Josiño da Teixeira, Bacana,...
Concurso de Teatro Lido

Presentación dun libro

”Os Contos De Joselín”, de José Rodríguez Vicente, será presentado o xoves 9 de outubro ás 20:00h no Pazo da Cultura. Un libro cun gran peso de tradición oral e patrimonio inmaterial. A presentación estará a cargo da autora do estudo, Laura Tato,investigadora da Universidade da Coruña, e do editor, Ramón Pinheiro.
Zoom FIOT
Non poderemos ver os resultados ata o ano que vén, pero si que estará en marcha o seguimento fotográfico do FIOT 2014 realizado por varios fotógrafos convidados que achegarán o obxectivo fotográfico ao Festival.
Café con…
Un agradable espazo de comunicación tomando un café. A oportunidade de coñecer mellor, de tomar un café cos artistas, dase con esta idea, que se desenvolverá os días das representacións no Pazo da Cultura.
Escola do espectador
Teremos ata a posibilidade de aprender como se crea un espectáculo dende dentro. Este novo proxecto pretende formar aos espectadores naqueles aspectos técnicos e artísticos que permitan a comprensión, amplien a lectura e contribúa a formar unha opinión fundamentada, como un instrumento de aprendizaxe e disfrute cultural. O mestre será un dos críticos máis importantes de Galicia, Camilo Franco.
Dalle un Bocado ao FIOT

Durante o mes de outubro, un grupo de establecementos de hostalería de Carballo (restaurantes, cervexarías, viñotecas ou cafetarías) preparan os seus “bocados” especiais para o FIOT.
Todas as persoas que pidan e proben unha destas tapas, pinchos ou almorzos entran a formar parte dun sorteo de entradas para o FIOT, ademais dunha cea e aloxamento de balde nun establecemento de Carballo.
Máis información
- Programa Completo do FIOT 2014 [pdf].
- Cita a cita en www.axendacostadamorte.com.
Novas relacionadas
- Un Xograr moi titiriteiro.
- O Fiotiño, ou como soñar unha noite de teatro.
- O 23º FIOT revisa os clásicos coas mellores compañías de España.
- Mofa e Befa inaugurarán o FIOT máis Voluntario.
- 2014: Xa está en marcha o FIOT 2014.
- 2014: O FIOT adica a súa XXIII edición os grandes clásicos.
- 2013: Máis de 9.000 amantes do teatro disfrutaron da mellor edición da historia do FIOT.
- 2013: Un xograr de ouro para Pico.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- FIOT.
- Concello de Carballo.