1ª Autonómica: A Esteirana adica á permancia aos seus capitáns


Menudo final de campaña nesta 1ª Autonómica. Deparounos moitas alegrías esta xornada 34, sobre todo polo sur. A Esteirana respondía e conseguía unha vitoria ante un rival directo, o Amio, que o deixa un ano máis en 1ª.
Unha despedida triunfal para os xogadores veteranos do club, unha vez que o equipo quedou eliminado da Copa, que este ano, por un e outro motivo, abandonan o fútbol, como é o caso do gran capi Dani Rama, o mellor xogador da costa do ano anterior Kike Paluca, e un José Varela sempre desde neno na Esteirana.
Sorte para todos eles e os agradecentos por estes anos e o legado deixado!
Mentres, a liga remataba para o Malpica, despois desta espectacular temporada, rematando 4º. E o facía cun empate ante o Ponteceso, que despide esta difícil temporada, de transición, con consumado descenso. Tamén remata co descenso o calvario camariñán, mentres o Baio facía unha temporada para recordar, nesta a súa estrea na categoría.
Agora, Baio e Ponteceso mediranse nos Oitavos da Copa, e o Malpica fará o propio ante o Fisterra. A Esteirana caía ante o Volantes mentres o Camariñas perdía co Buño.

Esteirana - Amio (2-1)

- ESTEIRANA: Manu, Codesido, Simón, Dani, Sui, Andel (Varela, min.70), Pabliño (Josiño, min.70), Serrano, Alex (Eloi, min.82), Kike e Rober Pladur (Adrián, min.75).
- Goles: 0-1, min.3: Gol do Amio tras tiro da frontal e tocar nun defensa local que; 1-1, min.15: Kike de penalti cometido sobre el mesmo; 2-1, min.78: Josiño define perfectamente nun man a man tras unha fantástica xogada persoal case dende o medio campo.
Partido cheo de emoción no Xosé Luîs Vara, con dous equipos ca auga ao pescozo e ateigados de tensión pola importancia destes tres puntos. Destacar que pese ao nerviosismo e a importancia do choque, foi un encpntro moi limpo, deportivo e cordial no terreo de xogo.
No estrictamente deportivo, as cousas poñíanse de costas para o clube local, con un gol tempraneiro do Amio que fixo tremer a afección de Esteiro. O certo foi que os visitantes entraron máis metidos no partiso e sorprenderon, despois disto viñéronse arriba os locais e lograron meterse no partido e trocar as tornas. Kike marcou de penalti, despois Rober e Álex gozaron de ocasións claras.
Na segunda metade continuou sendo un partido tenso e sen moito xogo, seguiu Esteirana dispoñendo das mellores ocasión cos dianteiros locais de protagonistas. Rompeu o partido Josiño con un bonito gol e desde aí ata ao final foi un sufrir constante.

Finalmente conseguiu o propósito a Esteirana e tocoulle a cara fea da xornada a un Amio moi deportivo. Grande presencia de siareiros dos dous equipos e magnífico o espectáculo na Salina, quedando contentos os locais.

Bertamiráns B - Baio (0-0)
- BAIO: Manuel, Jose, Norber, Mario, Eloy, Martin, Brais (Fachal, min.70), Bieito, Rubio (Christian, min.60), Alberto e MC.
- Expulsión: o capitán baiés Martín.
Rematou a temporada para este gran Baio, cun histórico 6º posto. Non puido superar a un Bertamiráns B que queda finalmente 5º, cun só punto máis que os de Félix. Os baieses fixeron un partido moi correcto ante o filial e tiveron a mellor ocasión nunha internada na área rival na que o colexiado non viu penalti.
Houbo poucas chegadas, poucas ocasións, e o equipo quedou con 10 pola expulsión do gran capitán e motor deste equipo cheo de mocidade, pero no que a súa veteranía é fiundamental. Un Martín co que todos, a pesar dos seus 36 anos, seguro que estará o ano que vén co equipo.
Ponteceso - Malpica (2-2)

- PONTECESO: Dani (Illote, min.57), Lorenzo, (Yousef, min.87), Diego, David Brenlla, Jorge, Mendieta, Josito, Dieguito, (Ismail, min.87), Nando, Alberto Recarey, (Dani Cotelo, min.87) e Martín Puente (Yago, min.78).

- MALPICA: Pombo, Mario Casal (Canario, min.64), Adrián, David Castro, Alemán, Andrés (David, min.68), Petís (Almeida, min.63), Fernando Varela, Juan oBello (Eloy, min.46), Eloy Cabeza e Óscar Suárez.
- Goles: 0-1, min.17: Eloy Cabeza de falta directa pola escuadra; 1-1, min.40: Alberto Recarey a pase de Nando que roubou un pase; 2-1, min.60: Alberto Recarey de penalti sobre Puente; 2-2, min.75: Óscar Suárez aproveita o rexeite de Illote a unha nova falta de Eloy Cabeza.
Partido entretenido pero falto de tensión o vivido no Pinguel. Notouse que non había nada de moita importancia no xogo. CDe feito, o Ponteceso contou con 6 xuvenís por 5 o Malpica, dando conta de que o partido serviu para dar minutos ás xentes da casa.
Así e todo, puxo máis traballo e gañas o Ponteceso, que quería despedir a amarga temporada cunha vitoria. Pero a eficacia do Malpica quedou patente.
Despídese o Ponteceso da categoría nesta mala temporada, que polo menos serve para confirmar a aposta do clube pola xente da casa. Mentres, o Malpica pecha un temporadón con só 5 derrotas, o cal non estivo nada mal. Agora a ver que pasa na Copa pois os dous equipos xa están en Oitavos.

Lamela - Camariñas (8-2)
- CAMARIÑAS: Pablo, Sergi, Juanciño, Martín, Ariel, Chicote, David Toja, Mario Toja, Javi, Sule e David de Muxía. Tamén xogaron: Santi e Ariel.
- Goles: Sule e David para os camariñáns.
Rematou por fin o periplo deste Camariñas, xa sen moitos dos tripulantes que zarparon co barco a comezo de temproada. De feito, menos mal que Berto puido contar cos xuvenís, e menos mal, e os 5 veteranos que deron a cara. Un Berto que xa nos anunciou que deixa o club, unha vez que ademais o equipo quedou fóra da Copa.
O partido, sen tensión, foi para esquecer. Ao descanso xa marchaba o partido 6-2, e puido ter rematado 10-7.
Máis información
- APP “Fútbol da Costa” para Android.
- APP “Fútbol da Costa” para iPhone.
- www.futboldacosta.com.
- www.copadacosta.com.
Crónicas da semana
- Preferente: O XSC ten pé e medio na 1ª Autonómica.
- Promoción 3ª: Os penaltis dan o pase ao Seaia fronte a un gran Ameixenda.
- Resultados e crónica dunha xornada de ascensos, descensos e finais do Fútbol da Costa.
Artigos relacionados
- Unha Liga da Costa por ti, Guille.
- Dous xogadores e unha xogadora costeiros á Selección Coruñesa sub-14.
- 4 campións con Biberón.
- Pablo Varela; O Corme bate nas portas do Paraíso.
- Os Biberones tamén teñen a súa I Copa da Costa.
- A febre deportivista espállase por Verdillo.
- Baio e Porteño celebraron os 50 anos da Liga da Costa.
- Xa chegaron os cromos da SD Fisterra.
- Lema Suárez: O 12 de abril, a data exacta dos 50 anos da Liga da Costa.
O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Colabora o blog do Malpica de Luís Porto.