Xoves. 07.11.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Bo debut

1ª Autonómica: Bo debut
Bastante positiva foi esta primeira xornada da tempada 2013-2014 na 1ª Autonómica. Apenas unha derrota, a colleitada polo Camariñas no campo dun dos favoritos, empañou un bo debut. Estreaban categoría a Esteirana, que non podía comezar con mellor pé tras vences 2-0 ao Cordeiro; e o Baio, que merecía máis que un empate na casa ante o Agolada, vello coñecido que vén de ascender da man trala fase de ascenso. Ademais, o Malpica acadaba outro empate no campo doutro dos grandes, o Puebla.

Puebla - Malpica (2-2)

Puebla-Malpica-Foto-Wash Calvo
  • MALPICA: Pombo; Adrián, Martín Uruguaio (Manu Casal, min.75), David Castro, Alemán, Fernando Varela (Eloy, min.67), Juan oBello, Cheo, Óscar Suárez, Ismael e Martín Maradona (Abel, min.61).
  • Goles: 1-0, min.10; 1-1, min.15: Juan oBello; 1-2, min.45: Óscar Suárez; 2-2, min.75.
  • Expulsión: o malpicán Eloy.
Bo comezo do Malpica de Baña nun dos campos máis complicados da categoría. O cadro malpicán dominou a primeira metade, pero na segunda viuse algo superado. Foi en todo caso un partido moi igualado, que puido caer dos dous bandos a pesar de que as defensas estiveron máis finas que os ataques. O Puebla buscou o empate na segunda tras marchar aos vestiarios coa vantaxe visitante tralos goles de Juan oBello, que se estreaba coa camisola malpicá en partido oficial, e de Óscar Suárez, que servían para remontar o tanto inicial dos locais. Pero faltando 15 minutos o Puebla empataba, e era o Malpica o que máis buscou a vitoria no treito final. Non puideron os dianteiros malpicáns atopar porta e o marcador quedou en táboas.

Baio - Agolada (0-0)

  • BAIO: Anxo, Jose A. (Ramón), Mario, Yago, Eloy, Norber, Fachal (Rubio), Bieito, Martin MC, Christian (Canay) e Alberto.
  • Lesións: Christian.
Bo comezo do Baio na categoría. E iso que non podía contar co míster Félix e era o bo de Martín o que daba dende o banco as directrices. Estaban en boas mans en todo caso os baieses, que ademais de controlar bastante ben o partido, protestaron varias decisións arbitrais e estiveron preto do gol en varias ocasións. A mellor, un tiro ao pau de Canay na segunda que a piques estivo de supoñer o debut soñado na 1ª.

Villestro - Camariñas (3-1)

  • CAMARIÑAS: Jose Luís, Conguito, Rodri (Caamaño, min.46), Sergio, Fabián (Manuel, min.46), Moriño, Brais, Yuyo (Saviola, min.80), Mario Toja (Paco, min.60), Sule e Martín.
  • Goles: 0-1, min.20: Mario Toja; 1-1, min.30; 2-1, min.75; 3-1, min.85.
  • Lesións: Rodri, Mario Toja e Yuyo.
Bo partido do Camariñas no campo dun claro candidato a ascender, un Villestro que xa estivo aí arriba o ano pasado quedando 4º. E iso que empezou ben o Camariñas, que fixo unha gran primeira metade, e merecía marchar coa vantaxe do gol inicial de Mario Toja. Co 1-0 tivo un man a man que marrou Yuyo que puido ser importante, pero á media hora chegaría un empate que fixo dano. Na segunda foron mellores os locais. Un par de lesións mermaron o potencial dos de Berto que tivo que facer varios cambios e un par de erros defensivos no último treito do partido permitiron que o Villestro quedara cos puntos. "O equipo está ben", asegura Berto, que aínda contou con moitas baixas e que se manifestou ben contento coa primeira metade. "Xogando así non teremos problemas". Así, para o sábado ás 17:30 primeiro partido no Hermanas Patiño ante o Piloño.

Esteirana - Cordeiro (2-0)

  • ESTEIRANA: Manu, Roi, Dani Rama, Juan, Suizo, Varela (Uru, min.55), Eloy, Kike (Alex, min.60), Alberto (Andel, min.20), Simón (Pepe, min.65) e  Róber Pladur (Adelino, min.70).
  • Goles: 1-0, min.2: Kike, de penalti; 2-0, min.25: Kike.
  • Expulsión: o meta visitante no min.20.
  • Lesións: Alberto cun golpe nun xeonllo.
Non puido estrear mellor a 1ª o Xosé Luís Vara Oliveira. Gran ambiente coma sempre, con máis de 200 persoas nas bancadas, que xa vibraban ao primeiro minuto cando Kike encarrilaba o choque ao non desaproveitar un penalti. As cousas non se podían poñer mellor coa expulsión do meta visitante aos 20 minutos e o segundo tanto de Kike aos 25. Aí baixou o ritmo. A Esteirana de Javier Lodeiro, que segue contando con Isma Priegue como colaborador, baixou o pedal e controlou máis, e a segunda metade foi máis contemplativa, sempre sen perigo para a portería de Manu.

Bertamiráns B - Ponteceso (3-3)

  • PONTECESO: Guille, Rubén Freire, Dani Pallas, Moscoso, Javi Peón, Josito (Dani Cotelo, min.80), Mendieta, Martín Puente, Dieguito, Miki Pose (Toniño, min.70) e Nando (Javi Bermúdez, min.80).
  • Goles: 1-0, min.12; 1-1, min.45: Nando; 2-1, min.58; 2-2, min.70: Dieguito tras unha xogada a balón parado; 3-2, min.80: o carnotán Cacho; 3-3, min.85: Dieguito.
Partido moi disputado con alternativas como di o marcador, tralo que un punto sabe ben nun campo complicado coma o do filial do Bertamiráns. Os de Mato demostraron saber responder aos envites do cadro local. I é que comezaban marcando os santiagueses e moi importante foi o empate no desconto da primeira metade de Nando. Na segunda, máis do mesmo, moi igualado co Bertamiráns B colocándose por diante e Dieguito respondendo para poñer a igualada. Bo comezo pois do Ponteceso nesta campaña. Un Ponteceso que conta con moitas caras novas, e moita xuventude, como Dieguito, procedente do Cerqueda, ou Miki Pose, chegado do Dumbría xuvenil tras xogar no Cabana moitos anos, ambos moi novos. Ademais, contou coa novidade de Moscoso, que volve ao equipo tras un par de temporadas sen xogar por mor dunha lesións e aporta veteranía ao centro da zaga.

Crónicas da semana

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios