Domingo. 05.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Camariñas e Ponteceso asinan a súa sentencia

1ª Autonómica: Camariñas e Ponteceso asinan a súa sentencia
Ponteceso-Camarinas-Foto-David Castro

Empate no derbi de urxencia nesta xornada 30 da 1ª Autonómica. Empate que non lle serve nin a Ponteceso nin a Camariñas, que vén como a salvación queda cada día máis lonxe. Quedan 4 xornadas e a salvación, contando cos arratres da Preferente (Soneira case fixo e XSC aínda na loita), está agora mesmo con 30 puntos, 6 máis que os camariñáns e 8 que pontecesáns.
O que tampouco se pode despistar é a Esteirana, que segue deixando pasar ocasións para respirar tranquila. Onte caía ante o Agolada e queda con 33 puntos, só por riba desas posicións de arrastres.

Na outra Liga seguen Malpica e Baio. Os malpicáns tiraban de oficio, e de acerto do killer Óscar Suárez, para manter a pelexa co Arzúa pola 2ª praza, continuando a 2 puntos. Pola súa banda, o Baio segue facendo a súa espectacular temporada e volvía vencer en Lamela, facendo un favor aos esteiráns.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Ponteceso -Camariñas (1-1)

11 do Ponteceso ante o Camarinas-Foto-David Castro
  • PONTECESO: Xurxo, Javi Peón, Martín Puente, Josito, David Brenlla, Mendieta, Cholo (Nando, min.46), Alberto Recarey, Ivi (Pablo, min.85), Dieguito e Bolón.
11 do Camarinas en Ponteceso-Foto-David Castro
  • CAMARIÑAS: Pablo, Sergio, Fabián, Roi, David (Javi, min.76), Mario Toja, David Toja (Conguito, min.85), Soule, Moriño, Brais e Martín.
  • Goles: 0-1, min.39: Pase ao hueco que aproveita Brais para facer a vaselina sobre Xurxo. 1-1, min.57: Nando define no man a man con Pablo.
  • Árbitro: Javier Pichel Castro asistido por Diego Sánchez Rojo e Daniel Fraga Viñuelas, expulsou con cartón vermello directo a Roi no minuto 75 por unha agresión sobre Bolón.
  • Derbi de urxencia o que se viviu na tarde do sábado no municipal do Pinguel. Comezou dominando o equipo de David Velo a un Camariñas que saíu ao terreo de xogo coas ideas pouco claras. Avisaría Dieguito das intencións dos locais aos catro minutos cun lanzamento lonxano que se vai fóra. Logo desto, o conxunto branco seguiría dominando e chegaría a ocasión de Ivi tras un gran pase de Mendi, pero cando xa se cantaba o gol no Pinguel, o longueiro evitaríao tras a sutil vaselina do xogador carballés do Ponteceso. A media hora de partido, Mendieta saca un gran disparo dende o medio do campo que soprende a Pablo pero de novo o longueiro sería protagonista ao rexeitar o lanzamento do pontecesán. E cando peor o estaba pasando o conxunto que dirixe Berto, Martín sería obxecto de penalti tras ser zancadilleado por Puente. Mario Toja sería o encargado de tirar a pena máxima pero o seu disparo toparíase co pau esquerdo da portería defendida polo xuvenil Xurxo. Pero dous minutos despois, adiantaríase o equipo azul por medio dun gol de Brais tras bater ao porteiro pontecesán cunha vaselina. Antes do descanso, Dieguito tería o empate nos seus pés pero tras sortear a saída de Pablo envía o esférico arriba. Os camariñáns tamén terían dúas ocasións de gol antes de finalizar a primeira metade, pero primeiro Brais cabecea arriba tras unha xogada combinativa e logo Martín finaliza unha transición rápida cun disparo cruzado que se vai a rentes do pau.

    Á volta do tempo de lecer, o partido non tería claras ocasións ata o empate do Ponteceso. Nando define no man a man con Pablo tras librarse da súa marca. Minutos despois, o propio Nando tería o segundo tras un centro de Alberto Recarey que toca Dieguito e o dianteiro pontecesán envía fóra por pouco. Respostaría o Camariñas por medio de David cun potente lanzamento que acaba no lateral da portería. De aquí o final ningún dos dous equipos crearía perigo sobre as porterías defendidas por Xurxo e Pablo. O colexiado Javier Pichel expulsaría con cartón vermello a Roi logo de que lle propinase un cabezazo a Bolón.

    Empate final que non contentou a ningún dos equipos e que os deixa con pé e medio na Liga da Costa.

    Ponteceso-Camarinas-Foto-David Castro

    Lamela - Baio (0-2)

    • BAIO: Manuel, Jose, Yago (Chema, min.63), Mario (Fredi, min.89), Eloy, Fachal (Santi Díaz, min.60), Brais, Bieito, Martín, Alberto (Rubio, min.85) e MC.
    • Goles: 0-1, min.73: Alberto de penalti ao panenka; 0-2, min.80: MC dende 30 metros de vaselina.

    Impresionante este Baio que está facendo un temporadón espectacular, nun éxito baseado na xente da casa. O cadro baiés aguantou e mediu as súas forzas na primeira metade, para marchar ao descanso co 0-0 inicial. Pero veu as cousas claras Félix e foi polo partido na segunda, metendo a Santi Díaz. E non fallaron os seus, que foron superiores na segunda metade e asinaron dous goles de alto nivel. O primeiro, de Alberto de penalti ao panenka. E o segunod, a 10 para o final, de MC dende 30 metros por riba do porteiro.

    Malpica - Amio (2-1)

    11 do Malpica ante o Amio-Foto-Luis POrto
    • MALPICA: ombo; Adrián, Manu Casal (Mario Casal, min.14), David Castro, Alemán (M. Maradona, min.65), Andrés, Eloy Cabeza, Cheo, Abel (Fernando Varela, min.51), Juan Carlos, Óscar Suárez (Jorge, min.94).
    • Goles: 0-1, min.40; 1-1, min.70: Óscar Suárez de acrobático remate; 2-1, min.78: Óscar Suárez remata un centro de Cheo.
    • Lesión: Manu Casal cun forte golpe.
    • Expulsión: un xogador visitante no min.70.
    Gelo e Andres capis do Amio e Malpica -Foto-Luis Porto

    O partido tivo duas fases moi distintas. Na primeira o Malpica xogou, se cadra, os peores 45 minutos da tempada e o Amio adiantouse no marcador xogando moi ben ao fútbol. Despois do descanso David Baña empezou a mover banquillo. O Malpica empezou a querer gañar o partido, o Amio atrincherouse atrás e sufriu a expulsión do dianteiro que máis en apretos poñía a defensa malpicán. Ao final apareceu o de sempre, o cazagoles Óscar Suárez, e meteu os dous goles que facían a remontada (o segundo unha obra de arte nunha contra de libro). Costou pero o Malpica quedou cos 3 puntos e segue coas opcións intactas de meterse na promoción.

    Malpica-Amio-Foto-Wash-Calvo Malpica-Amio-Foto-Wash-Calvo

    Esteirana - Agolada (0-2)

    • ESTEIRANA: Manu, Codesido, Serrano, Sui (Eloi, min.83), Dani Rama, Varela, Andel (Pabliño, min.70), Álex, Josiño, Kike (Simón, min.66) e Róber Pladur.
    • Goles: 0-1, min.68: Gol de córner; 0-2, min.74: Definición precisa tras plantarse só diante do porteiro.

    A Esteirana vai deixando fuxir oportunidades e pouco a pouco percibe o perigo da zona baixa. Ante un partido que lle podía dar tranquilidade non soubo imporse e acabou cedendo ante un Agolada con moito oficio e que non se descompuxo en todo o partido.

    Comezou con ritmo e profundidade a Esteirana, gozando de ocasións de gol e achegándose a área rival. De saída, os de Esteiro, máis metidos no partido, dominaban o encontro e apretaban mentres os visitantes abusaban do poderío do seu dianteiro centro, referencia en ataque e a onde se dirixían a meirande parte dos balóns. Co paso do tempo foise diluíndo a Esteirana, ata que despois do descanso volveu a dar o derradeiro arreón con dúas boas ocasiòns de Álex e Josiño. Pasado o ecuador da segunda, marcou o Agolada de córner, gol definitivo para o partido, que deixou KO a uns locais que non se deron sobreposto. Outro gol dos visitantes puso o marcador final.

    Así terminou o partido que tivo unha boa presencia de afeccionados.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Artigos relacionados

    O Album de cromos do #FutboldaCosta

    Fonte

Comentarios