Sábado. 05.10.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Mala xornada para todos

1ª Autonómica: Mala xornada para todos
Malpica-Noia-Foto-Wash-Calvo

3 derrotas e dous empates que non valen, nesta xornada 28 da 1ª Autonómica para os nosos equipos. As derrotas dos máis necesitados, Camariñas e Ponteceso, afunden case a ambos na táboa cando quedan 6 xornadas para o remate. E tendo en conta os arrastres e que poden ser 5 os equipos que descendan, a salvación polo de agora está nos 29 puntos, 6 por riba do Camariñas e 8 do Ponteceso.
Deste xeito, a que non se pode despistar é a Esteirana, que deixaba escapar 2 puntos onte ante un rival directo, o Sigüeiro, que deixa vivo, e queda con 33 puntos ao fío da navalla.

En Malpica, a pesar de que un empate ante o líder non é mal resultado, si que supón un paso atrás para o equipo de Baña nas súas aspiracións de acadar o 2º posto, praza que dá acceso á Prmoción. Quedan agora a 4 do Arzúa, co Villestro xa só un punto por debaixo.
Ademais, o Baio, na súa cómoda 6ª praza, non sumaba en Rianxo, ante un Unión que queda a só un punto dos baieses.

A Clínica Vértebra patrocina a 1ª Autonómica - Coñécenos a través do Facebook

Malpica - Noia (1-1)

11 do Malpica ante o Noia-Foto-Luis POrto
  • MALPICA: Pombo, David Castro, Manu Casal, Alemán, Mario Casal (Adrián, min.46), Andrés, Fernando Varela, Eloy Cabeza, Abel (Neucha, min.63), Cheo e Óscar Suárez.
  • Goles: 0-1, min.21; 1-1, min.23: Cheo aproveita un pase de Eloy Cabeza para marcar.
  • Expulsións: un xogador visitante (min.47) e o local Andrés (min.68).

Chegaba o intratable líder a Pedra Queimada e non se amilanou o cadro malpicán que buscou a vitoria en todo momento. Foi un choque de entrega e emoción ata o último suspiro, cun Malpica que tivo máis ocasións e máis dominio do balón que o rival.

Xa ao principio un remate de Alemán de cabeza avisaba antes de que Chenel fixera o propio para os noieses. Chegaban pronto os mellores minutos do Noia que marcaba pero o colexiado anulaba o tanto por fóra de xogo, e Pombo tiña que facer unha gran intervención xusto antes de que Jorge abrise o marcador aos 20 minutos. Pero responderon os locais e non pasaran dous minutos e Cheo, o máis activo na primeira metade, facía o empate. O propio Cheo, ao fío do descanso, tiña un par de boas ocasións, pero non acertou.

Na segunda o Noia non chegou á meta de Pombo, que tiña que vendarse a cabeza por un corte nunha cella. Pola contra, Manu Casal, Óscar SUárez, Fernando Varela, Eloy Cabeza... todos tiveron ocasións mesmo nos últimos instantes para romper unha igualada que acabou sendo definitiva.

Malpica-Noia-Foto-Wash-Calvo

Ponteceso - Flavia (1-2)

  • PONTECESO: Guille, Lorenzo, Josito (Youssef, min.75), Javi Peón, Diego, Dani Cotelo (Pablo, min.55), David Brenlla, Mendieta, Puente (Nando, min.68), Alberto Recarey e Dieguito.
  • Goles: 0-1, min.13: nunha contra tras un córner a favor do Ponteceso por potencia; 0-2, min.43: golazo de falta; 1-2, min.86: Alberto Recarey de penalti.
  • Lesións: Josito nas costas.

Comezou o Flavia facendo dano por arriba, aproveitando a súa superioridade física, pero o Ponteceso aguantaba como podía e os visitantes só facían dano en xogadas a balón parado e en balóns en longo. E pronto, dun córner a favor para os de Velo, un balón en longo e gol en contra.
Tres tiros dende fóra da área tivo o Ponteceso na primeira, de Brenlla, Dieguito e Puente, aos que respondeu o porteiro vistante, antes de que o colexiado sinalase unha falta rigorosa ao borde da área de Guille, que se encargou de convertir nun golazo un xogador padronés.

Empezaba a segunda con 0-2 pero o Ponteceso veuse arriba e foi moi superior. Alberto Recarey avisou e Dieguito mandou ao pau antes do gol de penalto do propio Recarey, pero só quedaban 5 minutos nos que á desesperada, o cadro local botouse arriba pero sen acerto.

"Pelexar ata o último día", iso é o que lle queda aos de Velo dada a mala situación na táboa, pero se ben a aposta do clube segue clara, como se pode comprobar coa aliñación de 3 xuvenís e mesmo o debut dun cadete, Pablo.

Arzúa - Camariñas (2-0)

  • CAMARIÑAS: Pablo, Sergio, Roi, Rodri, Manu, Pirucho, Moriño, Mario Toja, David, Toja, Martín e Brais.
  • Goles: 1-0, min.55; 2-0, min.60.

Non puido o Camariñas con todo un Arzúa, mantendo a 2ª praza. Comezaba mellor o cadro local, controlando o balón pero o equipo costeiro non permitía claras chegadas á área de Pablo.
Comezaba a segunda metade cunha gran ocasión de Sule ca portería baleira, e cando mellor estaba o equipo camariñán, na seguinte xogada, o Arzúa abría o marcador nunha xogada a balón parado. Sen tempo a reaccionar, unha nova xogada a balón parado metía o 2-0 que facía demasiado dano aos nosos, que deu a cara ata o final aguantando o control local pero sen deixarse levar.

Unión - Baio (4-1)

  • BAIO: Anxo, Fredi, Norber, Yago (Santi Díaz, min.46), Jose (Alberto II, min.78), Fachal (Canay, min.56), Brais, Rubio (Alberto I, min.40), Bieito, Christian e MC.
  • Goles: 1-0, min.5; 2-0, min.8; 3-0, min.14; 3-1, min.62: Santi Díaz; 4-1, min.73.

Non puido o Baio traer nada de volta de Rianxo. I é que saían os baieses fóra do partido, e en 15 minutos o marcador xa sinalaba un definitivo 3-0. A páxara inicial foi imposible de remontar pero o equipo así e todo deu o do de peito, e aguantou e mantivo o ritmo, dando minutos á xuventude como Fachal ou Santi Díaz, que mesmo respondía cun gol.

Esteirana - Sigüeiro (2-2)

Sigueiro e Esteirana no Xose Luis Vara-Foto-Conchy
  • ESTEIRANA: Rubén, Codesido, Serrano, Sui, Dani, Varela, Pabliño, Álex, Josiño (Adrián, min.82), Kike e Róber Pladur.
  • Goles: 1-0, min.52: Josiño de cabeza; 2-0, min.65: Róber Pladur define no man a man; 2-1, min.68; 2-2, min.85.

Un empate no Xosé Luís Vara que non deixa nada satisfeito á Esteirana, sobre todo despois do visto no terreo de xogo, onde os locais foron superiores en gran parte do encontro. Gozou a Esteirana de numerosas ocasións claras, mans a man, disparos altos, centros que se paseaban, un sinfín que non soubo materializar.

Na segunda, máis do mesmo e nunha destas, en fermosa xogada, Josiño culmina unha combinación precisa entre Álex e Róber que asiste. Volveu Álex a ter dous remates claros pero nada, e despois sí que lle acertou nunha asistencia a Rober que marcou tras regatear ao porteiro. Así obtiña Róber o seu premio.
Pouco despois Juanito marcaba un gol de bandeira que poñía aos visitantes no partido e ante unha Esteirana que se revolvía, contragolpeaban os do Sigueiro con perigo. Pouco a pouco, arrinconaban os locais ata empatar o partido. Na última xogada tiña a Esteirana a oportunidade da vitoria tras medio barullo, pero o remate non colleu porta.

Coma sempre, destacar a grande a asistencia de espectadores, os cales saíron satisfeitos co xogo do equipo, non así co resultado, xa que consideraban que o xusto sería a vitoria do seu equipo.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios