1ª Autonómica: Menudo doble derbi

Apaixoante esta 15ª xornada da 1ª Autonómica - Clínica Vértebra. Con dous derbis comarcais de auténtico infarto, que demostran a calidade desta categoría. O Soneira freou ao Baio nun partido tremendamente igualado. Mentres o Malpica venceu en Esteiro e afunde un pouco máis a un cadro esteirán que, de manter esta liña con Pedrosa, vai subir enteiros.

Polo demais, o Sofán segue ao seu na casa. Onte sufría para superar ao Sigüeiro pero aproveita o tropezo baiés para ampliar a renda cos perseguidores. E ben polo Corme, que se afianzan na zona alta da clasificación e segue ollando cara arriba.


Cordeiro - Corme (0-1)

  • CORME: Suso, Pandi, Dani Cousillas, Alejandro, Adrián Doldán (Juan Chans, min.77), Brais, Sergio, Jose (Adolfo, min.46), Lucas, Alejo e Toniño (Brais Torrado, min.70).
  • Gol: 0-1, min.24: Lucas marca un golazo.

Terceira vitoria consecutiva dun Corme que parece enderezar de novo o rumbo da goleta azulona. Os de Lentejo visitaban o campo do Cordeiro e tivo que ser Suso o heroe do partido coas súas paradas. Non só parou un penalti no minuto 89 senón que ademais fixo un paradón pouco antes que ía á cruceta e outro a “bocajarro” que valeron 3 puntos.

Iso si, o Corme fixo un bo partido, serio, cunha boa defensa atrás na que Dani Cousillas estivo sobresaliente, e con moitas ocasións arriba. pero non estiveron finos os Lejo e Toniño, e tivo que ser Lucas, cun golazo, o que abrise o marcador.


Esteirana - Malpica (0-2)

  • ESTEIRANA: Pabio; Codesido, Simón, Serrano, Chispi, Uru (Adrián Louro, min.78), Álex, Andel, Roberto Pladur, Quique e Saúl (Pablo, min.41).
  • MALPICA: Abraham; Adrián, Kevin (M. Maradona, min.35), Diego, Pablo Díaz, Baba, Fernando Varela, Joel Pereiro, Cheo (Petís, min.85), Cololo (Rodrigo, min.87) e Diego Alonso.
  • Goles: 0-1, min.62: Cheo de tiro cruzado tras un saque de banda que peitea Cololo; 0-2, min.85: Cololo rouba un balón en tres cuartos de campo e supera por riba ao descolocado porteiro local.
  • Expulsións: os locais Quique (min.80) e Simón.
  • Lesións: Saúl tras un golpe e Kevin con problemas musculares.

Partidazo no Xosé Luís Vara, ante máis de 200 siareiros, que quixeron acompañar aos seus neste derbi costeiro norte-sur. Foi un partido tremendamente competido polos dous conxuntos. Ainda que o Malpica gañou por dous goles de diferenza o partido, se houbese acabado empatado a goles non causaría sorpresa a ningúen.

No bando local, Pedrosa sentou de novo no banco, despois dunha semana convulsa na que pedía o compromiso de todo o equipo. Pero a sorte non estivo co cadro blaugrana. En fronte tivo a un Malpica tremendamente serio, que defendiu moi ben e contou cun Cheo que está en estado de gracia e lle dá un plus en ataque fundamental, buscando a banda de fondo de córner para dar asistencias e marcando o 0-1 cun chut perfecto.

A Esteirana, co marcador a ceros e despois co 0-1 apretou con homes de tremenda calidade en ataque. Álex e Roberto Pladur eran os máis incisivos. Pero un erro defensivo permitiu a Cololo controlar e marcar desde lonxe e, a partires de aí o equipo de Esteiro, con un home menos, xa non foi quen de lograr algo positivo.


Sofán - Sigüeiro (2-1)

  • SOFÁN: Bugy, Sito, Marcos Pensado, Félix Garrote, Rubén (Diego Maneiro 84), Martin (Eloy Boedo 68), Míchel, Iván Rojo (Leilán 50), Luís, Bertín (Brais 57) e Raúl.
  • Goles: 0-1, min.47: de penalti; 1-1, min.73: Raúl de penalti por mans; 2-1, min.89: Leilán aproveita un rexeite do meta a un man a man de Brais.

Crónicas da 1ª

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Colabora Isma, Oscar Basalo, Fin Lema, Luís Porto, CD Baio e SD Sofán.