1ª Autonómica: Nova semana para esquecer antes do derbi
Non nos dá moitas alegrías este ano a 1ª Autonómica. Co Cee descendido e o Ponteceso en zona de risco, xa estamos desexando que remate a competición canto antes. Esta semana foi de novo demasiado longo para os ceenses que ben na fornada de xuvenís (ata 6 xogaron o domingo) a única fiestra á esperanza. Pola súa banda os pontecesáns dominaron máis de unha hora de xogo para acabar caendo e quedan con tan só 3 puntos sobre o Cariño, sempre pendentes dos posibles arrastres da Preferente.
A vindeira semana, cita clave no San Pedro de Refoxos onde o Cee recibe a un Ponteceso moi necesitado dos puntos.
Ponteceso- Carral (0-2)
- PONTECESO: Norberto, Fabián, David, Dani Pallas, Ramón,Carlos Mato (Alex, min.75), Pablo Vázquez, Mendieta (Manu Urbieta, min.60), Alberto Recare, Puente (Pitu, min.75), Toniño.
- Goles: 0-1, min.65: nun erro local; 0-2, min.95: con dous foras de xogo na mesma xogada.
- Expulsión: Pitu por dobre carton no 88 e Pablo Vázquez expulsado por dobre amarela no 91.
Encontro no que ata no minuto 65 o erro local condena aos pontecesáns que foron dominando ata ese momento. Con ocasións moi claras ademais como as de Toniño (3), Puente e David e que non logran materializar ningunha delas.
Chegouse o descanso co 0-0 e que ben podía ser a lo menos un 2-0 despois do visto no terreo de xogo, pois o equipo visitante en ningun momento inquedou o cadro local.
Na segunda metade un pouco do mesmo, o Carral non chegaba a meta defendida por Norberto e o Ponteceso seguía a levar o control do encontro. A clave da derrota chegaba no 65 nunha pérdida de balón ao frontal da área que deixaba só o dianteiro do Carral e que definía ante Norberto. A partire de aí o baixón sobre todo anímico e físico dos locais foi un querer e non poder. Coa expulsión de Pitu complicábase máis o encontro, e aínda así, a pesar de estar con un home menos, o Ponteceso poñía defensa de tres e adiantaba líneas. Pero nunha contra no minuto 95 e na que o Carral sae en fora de xogo e no pase a liña de gol para rematar este queta tamen en fora de xogo logran sentenciar o encontro xa co no tempo de desconto.
Derrota pois dolorosa para un Ponteceso que vén de facer un gran encontro e que máis ca un empate merecía a vitoria despois do visto no Pinguel.
As secuelas do encontro a parte dos puntos perdidos son dúas expulsións e que unha vez máis deixan o equipo de Marco en cadro para o que se presume un dos encontros máis importantes do que lle resta de tempada. Visitan a un Cee xa descendido, pero que de seguro quere rematala tempada da mellor maneira posible, e que os pontecesáns chegan coa necesidade de gañar para non meterse en problemas de cara o descenso.
Olímpico - Cee (5-1)
- CEE: Ivan, Nico, Luis, Julio (José Ramón, min.21), Jorge (Sergiño, min.87), Fermin, Fernando (Berto, min.76), Fiuza (Uri, min.46), Moncho (Carlos, min.61), Diego, Chiru.
- Goles: 1-0, min.3; 2-0 min.8; 3-0, min.70; 4-0, min.73; 4-1, min.79: Berto, 5-1 min.86.
Sen nada en xogo para os dous equipos viuse un partido moi aberto pero con supurioridade local. Con dous goles en cinco minutos, ambos a pase de Carlos, foi unha laxa moi forte para un Cee, ao que se lle esta facendo moi longo este final de liga. O Cee apenas inquedou a porteria visitante nestes primeiro 45 minutos.
Na segunda parte, máis do mesmo, con dominio do Olímpico que se viu compensado con dous novos goles. A primeira ocasión clara para os costeiros sería no minuto 75 cando Chiru coa espuela enviou o balón por riba do traveseiro.
O Cee espabilou nos últimos minutos gozando dalgunha ocasión nas botas de Chiru e Uri. Foi este último quen asistiu a Berto, que chegando desde atrás e recortando a un rival bate por abaixo a Manu. Berto volvía despois de estar toda a tempada en branco ao lesionarse en agosto e foi a mellor nova para os ceenses.
Máis información
Crónicas da semana
- Preferente: Toca sufrir a pesar dos bos resultados.
- Touripartido en Mazaricos.
- Resultados da xornada no #futboldacosta con novidades importantes.
Máis novas
- Alberto Pose: Unha por toda a familia futboleira da Serra de Outes.
- O fútbol na Costa da Morte, un mar de paixón.
- QPC MOTOR: Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
- A Esteirana Cadete abre o camiño para conquistar o título provincial de FS.
- O Distribuciones Barral sentencia unha nova Liga de Fútbol Sala de Cee.
- Entrevista de David Castro co internacional Santi Canedo.
- Xa temos cadro da Copa da Costa 2012.
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido coa vimiancesa Ana Mouzo.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora o Unión Club e Cee e Marco Varela.