Domingo. 05.05.2024
El tiempo

1ª Autonómica: O Camariñas pega primeiro

1ª Autonómica: O Camariñas pega primeiro

2ª xornada desta nova 1ª Autonómica e o Camariña gaña o primeiro envite en forma de derbi. Os de Pepucho suman os seus primeiros puntos a costa dun Ponteceso que aínda non sumou tras un partido no que os conserveiros encarrilaron pronto.
Polo demais, dúas derrotas de Fisterra e Malpica. Os da vila do Cristo, en plenas Festas do Carme, estreaban categoría en Ara Solis e malia que o público respondeu o equipo tardou en meterse no encontro e un despiste propiciou o solitario gol visitante.
Igual sorte correu o Malpica en Piloño, e desta foi o colexiado o que

Camariñas - Ponteceso (4-1)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais Mouzo, Roi (Rodri, min.65), Julio (Sergio, min.75), Carlos (Manuel, min.60), Moriño (Paco, min.65), De la Sierra (Saviola, min.70), Brais, Martín, Juan oBello, Basti.
  • PONTECESO: Martín, Fabián (Eliseo, min.65), Jorge, Javi, Álex, Tucho, Josito (Bieito, min.46), Mendieta, Martín Puente (Alberto Recarey, min.46), Toniño, Canay (Bolón, min.70).
  • Goles: 1-0, min.10: Martín; 2-0, min.20: Brais; 3-0, min.50: Brais; 4-0, min.65: Basti; 4-1, min.93: Bieito.
  • Expulsión: Álex (min.23) do Ponteceso.

Primeiro derbi da campaña nesta nova 1ª Autonómica. E primeiro golpe do Camarriñas, que saíu moito máis enchufado e superou ao Ponteceso sobre todo nos primeiros intres de cada tempo. Aos 25 minutos o Ponteceso quedaba con 10 logo de que Martín e Brais xa puxeran por diante aos de Pepucho, o que deixaba moi tocados aos de Nacho.

Non puideron recuperarse os pontecesáns e na segunda o Camariñas seguíu sendo superior.

Fisterra - Estudiantil (0-1)

  • FISTERRA: Joselu, Piti, Robertín, Sergio Manín, Jose (Marco do Cabo, min.82), Eddy (Guardiola, min.74), Roco, Hugo (Tata, min.53), Roa (Mané, min.66), Aitor, Cote.
  • Gol: 0-1, min.60.

Estreábase o Fisterra en Ara Solis ante uns 250 afeccionados. Pero non podía sumar os primeiros puntos neste estreo na 1ª Autonómica. E iso que a SD foi mellor, pero a eficacia dos visitantes foi letal, ao que lle bastou unha xogada a cabalo entre o despiste local e a picardía visitante.

O partido non tivo demasiadas ocasións de gol. Aitor non puido chegar a un centro de Roa, e Mané, que revolucionou ao equipo na segunda, lanzou varios tiros que se estrellaron contra o poste.

Piloño - Malpica (3-1)

  • MALPICA: Suso, Charly (Martín Uruguaio, m.in46), Marcos Amado, Víctor, Marco (Ismael, min.75), Rancaño, Neucha, Alemán (Andrés, min.55), David Blanco, Mario Casal, (Tato, min.70), Adrián (Charro, min.46).
  • Goles: 1-0, min.37; 1-1, min.44: Víctor de cabeza a un córner de Rancaño; 2-1, min.75: en posible fóra de xogo; 3-1, min.92.
  • Expulsión: o porteiro malpican Suso no min.55.

Non tivo premio o bo partido do Malpica en Piloño. Os de Baña entregáronse pero tiveron de costas a sorte e a actuación arbitral para ver coma unha máis que dubidosa expulsión do meta Suso deixaba ao equipo con 10 co marcador igualado. I é que a primeira metade foi un cara a cara, adiantándose os locais pero un cabezazo de Víctor anulaba esa renda.

Aos 10 da segunda tiña lugar a xogada clave. Suso era expulsado por un derrubo a un dianteiro local e o xogador de campo Andrés tiña que situarse baixo paos ao teren porteiro suplente. Así e todo, Andrés realizou un partidazo na meta malpicá parando o penalti que propiciou a expulsión e facendo un par de boas paradas.

Pero quedaban aínda 35 longos minutos cun home menos que o Malpica non puido aguantar. Ademais, os locais contaron coa axuda arbitral e o segundo tanto puido ser en fóra de xogo. O terceiro xa chegou no tempo engadido, á contra, e co Malpica volcado.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios