1ª Autonómica: Rematou a agonía e pensando na Copa
Por fin rematou a agonía para o Cee nesta 1ª Autonómica. E tamén para un Ponteceso ao que tamén se lle fixo moi longa esta liga, que non trouxo demasiadas alegrías, pero que se pode considerar exitosa dada a permanencia acada con varias xornadas de antelación.
Así, os dous equipos poderán centrarse na Copa da Costa, e se ben o Cee ten o ase finiquitado para Cuartos, o Ponteceso terá que remar, e moito, o xoves contra o Santa Comba.
E se o Ponteceso xa prantexa un ano con cambios, sen Marco no banco e sen Mato na Presidencia, o Cee tres cuartos do mesmo, pois Llanero parece que non seguirá e o clube xa lle propuxo a José Carlos tomar o relevo do primeiro equipo.
Ponteceso - Estudiantil (2-2)
- PONTECESO: Diego (Norberto, min.80), Salva (Manu Urbieta, min.65), David, Pablo, Ramón, Mendieta (Borja, min.35), Tucho, Alberto Recarey (Joseph, min.60), Alex, Puente, Adrián (Toniño, min.65).
- Goles: 0-1, min.30: de falta; 1-1, min.44: Borja pola escuadra do pao longo dende a esquina da área; 1-2, min.55; 2-2, min.66: Toniño a saque de esquina de Puente nada máis saír.
Partido descafeinado, sen intensidade, mesmo con pouco xogo físico, que rematou cun empat xusto. Marco contou con moitos xuvenís para darlle rodaxe, e os habituais Borja, Puente e Alberto Recarey seguen respondendo a un nivelazo, e mesmo o novo marroquí Joseph recibiu un premio.
Imperator - Cee (1-1)
- CEE: Iván, Nico, Luis, Berto, Julio, Fermin, Poky (Uri, min.77), Fer (Parroto, min.88), Chiru, Diego, Víctor.
- Goles: 1-0, min.75: Rivas; 1-1, min.87: Víctor.
Partido con pouca intensidade que estivo manexado durante os primeiros minutos polo Imperator ao que lle anularon un gol por claro fóra de xogo. Á media hora de xogo pareceu espertar o Cee que gozou de claras ocasións nas botas de Fer, Chiru e Víctor.
Na segunda parte as ocasións eran para os dous lados, sendo a máis clara unha dobre de Diego dentro da área que pega na defensa desviando o balon. O gol Local chegaría tras un erro defensivo que aproveita Rivas para bater a Iván desde fóra do area. Xa co partido case acabado chegaría o gol ceense que cara a xustiza ao visto no campo. O Cee chegaba en cuadro, como o demostrou o feito de que o meta Parroto acabase no medio campo.
Por fin remata esta longa tempada-agonía para o Cee...
Máis información
Crónicas da semana
- Copa da Costa: Só sentencia o Cee o pase a Cuartos.
- Resultados da última e intensa fin de semana completa de #futboldacosta.
- Resultados da xornada copeira e xuvenil.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
- Un Mar de Paixón: Un gol en Santa Comba.
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
- Alberto Pose: Alberto Pose: Dous ascensos decididos e moito por decidir e reflexionar.
- Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora o UC Cee e Marco Varela.