Xoves. 25.04.2024
El tiempo

1ª Autonómica: Un derbi de empate

1ª Autonómica: Un derbi de empate

O partido da semana no #futboldacosta era o derbi entre Fisterra e Ponteceso. E se ben non foi un partidazo, non defraudou. A intensidade e a igualdade foron protagonistas, e deixou un xusto empate que deixa aos dous equipos sen acabar de despegar.

Polo demais, doble derrota. Xusta a do Malpica na casa ante o Pobra. E non tan xusta a do Camariñas en Lamela, onde os palilleiro sufriron unha arbitraxe moi discutida.

Fisterra - Ponteceso (1-1)

Fisterra-Ponteceso-Toninho e Sergio Manin-Foto- Jorge Parri
  • FISTERRA: Joselu, Munitis, Sergio Manín, Manuel Cartamil (Marco, min.55), Robertín (Roberto, min.70), Eddy, Roco, Cote, Hugo (Guardiola, min.75), Aitor, Roa (Tata, min.65).
  • PONTECESO: Norberto, Rubén, Nando, Javi Peón, Dani Pallas, Mendieta, Tucho, Canai (Urbieta, min.85), Martín Puente (Bolón, min.70), Alberto Recarey, Toniño.
  • Goles: 0-1, min.25: Toniño de penalti; 1-1, min.70: Aitor.
  • Expulsións: os fisterráns Eddy no min.50 e o míster Juan Jesús no min.65 por dicirlle ao liña "tranquilo". Un colexiado moi tarxeteiro.

Empate xusto o acadado polo Fisterra e o Ponteceso no derbi da 1ª disputado en Ara Solis. Foi un partido bronco, sen demasiado xogo nin ocasións. A primeira metade estivo lixeiramente máis controlada polo Ponteceso ante un Fisterra desdibuxado. Un penalti absurdo nunha esquina da área daba a vantaxe aos pontecesáns no ecuador da primeira.

Na segunda saía máis enchufado o Fisterra, e iso que sufría a expulsión de Eddy aos 5 minutos. Xogaron mellor que con 10 que con 11 os de Juan Jesús, que saían co balón pero os de Nacho estaban moi bern armados atrás.

Empatou Aitor, moi activo todo o encontro, e os fisterráns protestaron un posible penalti nos últimos compases. Así e todo, o empate foi recoñecido como xusto por ambas partes,

Fisterra-Ponteceso-Foto- Jorge Parri

Lamela - Camariñas (4-2)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Brais, Manuel, Julio (Nico, min.75), Carlos (Basti,min55), Moriño, De la Sierra, Saviola (Sergio, min.30), Brais, Martín, Juan oBello.
  • Goles: 0-1, min.6: De la Sierra; 1-1, min.14; 2-1, min.20: 2-2, min.35: Martín; 3-2, min.55; 4-2, min.88.
  • Expulsión: Pombo no min.87

Roubo en Lamela, segundo denuncian os camariñáns. Os de Pepucho tiñan o partido controlado, con algún erro en defensa pero con solvencia. E sen embargi acabaron desquiciados pola actuación arbitral, que os deixou con 9 amonestados, 8 por protestar, e un expulsado, o meta Pombo cando o partido xa estaba no treito final.

Adiantouse o Camariñas por medio de De la Sierra, pero a primeira metade foi un toma e daca que acababa en táboas co empate colleitado por Martín a falta de 10 minutos. Pronto se puña o Lamela por diante tras un gol anulado a Martín po suposto fóra de xogo, e o Camariñas subiu filas e foi polo empate e tivo contra as cordas moitos minutos aos locais.
Tiveron boas ocasións para empatar, e de feito o colexiado anukou un novo tanto a Brais por fóra de xogo. Cando aínda tiña osíxeno o Camariñas o colexiado exoulsou a Pombo, e na mesma falta, con Basti de porteiro, o Lamela sentenciaba.

Malpica - Puebla (0-3)

Malpica-Puebla-Foto-Wash-Calvo
  • MALPICA: Suso; Adrián, Mario Casal, (Marco, min.82), Marcos Amado, (Martín Uruguaio, min.24), Alemán, (Víctor, min.40), Rancaño, Neucha, Cheo, Charro, Tato, Ismael, (David Blanco, min.46).
  • Goles: 0-1, min.5; 0-2, min.12; 0-3, min.70.
  • Expulsión: un xogador visitante no min.40.

Merecida derrota do Malpica na casa tras un novo comezo dubitativo que permitiu que os locais se puxeran con clara vantaxe. Non pasaban 15 minutos e os da Pobra xa estaban con 0-2. Aínda foron moitos minutos de control visitante no que a velocidade dos puntas facía moito dano na defensa local.

E nin xogando contra 10 durante máis de medio partido, nin cun penalti a favor, os malpicáns conseguiron recurtar distancias e só as internadas de Cheo crearon algo de perigo.

Malpica-Puebla- Foto-Wash Calvo

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios