13 costeiros clasificados para o Autonómico de taekwondo
O Club Taekwondo Arte e Movemento, participou este pasado sábado en Teo, na fase provincial de técnica e exhibición cadete. O equipo costeiro quedou 2, e logrou a clasificación para o Campionato Autonómico. Alí estarán os nosos 13 representantes.
Ademais, en tecnica, o clube acadou dous ouros, colleitados por Marcos Rodríguez (cadete masculino) e Zaira Dominguez (benxamín feminino); e dous bronces, por Ismael Senande (alevín masculino) e Carla Martínez (prebenxamín feminino).
Estes 4 quedan directamente clasificados, pero ademais lograron tamen pasar ao Autonómico os deportistas Laura Marcote, Álex López, Bistra Ivanova, Lois González, Francisco Rodríguez, Lucas Toba, Álvaro Lado, Noa Santos e Yago Lopez.
Por se foran poucos éxitos, o clube Arte e Movemento logrou o 3º posto na xeral de clubes, e o 3º posto feminino de clubes.
Vindeira proba
O campionato Galego en Idade escolar, celebrarase o sábado 4 de maio en Ourense.
Pero antes, este próximo sábado 27, celébrase a fase provincial de combate e exhibición infantil. Arte e Movemento presenta a 9 deportistas na modalidade de combate máis 16 en exhibición, con 2 equipos. Celebrarase en Betanzos.
Novas relacionadas
- 13 trofeos en Narón para preprarar a proba máis importante do ano para o baile costeiro.
- Arte e Movemento volve con 17 trofeos do Trofeo da Estrada.
- 7 bronces no campionato Galego de Promesas para o taekwondo costeiro e un ouro en judo.
- Cristian e Laura ascenden á primeira división do baile deportivo.
- O Baile costeiro asalta Valencia.
- Arte e Movemento volve con 6 medallas do Campionato de Baile de Fene.
- O Baile do Clube Arte e Movemento abre a tempada con 4 medallas.
- 9 medallas na Copa Xunta para o taekwondo costeiro.
- O baile de Arte e Movemento estreou 4 novas parellas en Marín.
- 4 horas de baile e deporte na Exhibición de Arte e Movemento de Cee.
Fonte
- Nota de prensa do Clube Arte e Movemento.