1ª Autonómica: A semana sen sentido
- Os nove goles do Malpica en Tordoia case eclipsan o espectacular derbi compretado e gañado polo Baio en Vimianzo.
Non se lle dan ben definitivamente os derbis a un Soneira que perder o ritmo, goleador e de puntos, de ata hai un mes. Desta volta levou o Baio os puntos do Municipal vimiancés, pero o Soneira mantén o liderado. Sumaron Outes e Sofán sendas e boas vitorias, mentres que o Corme sufriu para manter un punto no Cairo despois, iso si, de facer un bo partido.
Tordoia 9-0 Malpica
11 do Malpica que levou 9 en Tordoia-Foto-Luis Porto- Campo: Gorgullos.
- Tordoia: Santi; Dubra, (Juanjo m.52), Casti, Chino, Liñares, Toño, Zalo, (Dani m.59), Andrade, (Nico m.62), Veiga, Denís, Pombo, (Maki m.56).
- Malpica: Asier; Casais, Kike, Óscar Moscoso, Uruguaio, Dímaga, Vitalie, (Víctor m.46), Adra, (Carlos Mallo m.35) Charro, M. Mara, Juny, (Sergio m.46), (Ángel m.68).
- Árbitro: Casal Barreiro (Santiago). Expulsou a Asier, do Malpica (m.68).
- Goles: 1-0 m.3 Veiga; 2-0 m.13 Denis; 3-0 m.20 Veiga; 4-0 m.45 Veiga; 5-0 m.61 Veiga; 6-0 m.71 Maki; 7-0 m.79 Veiga; 8-0 m.83 Maki; 9-0 m.90 Maki.
Goleada histórica... desgraciadamente
Un repaso dos que se gardan nos libros levou o Malpica en Tordoia, ante un rival que só gañara dous partidos ata o de agora, e que marcou máis goles nun día que no resto da liga. Non fixo nada, absolutamente, o cadro de Chema en toda a tarde.
Carcacía 0-2 Outes
- Campo: Mirarríos.
- Carcacía: Fabeiro, Roberto, Marcos (Manteiga m.53), Pablo, Cándido, Juan, Jorge (Iván m.63) Guille, Pablo, Kike (Isma m.63) e Rodri (Waldir m.54).
- Outes: David, Borja, Pose, Maroñas, Dani Corniños, Samu, David, Martín, Elías, Iago Dosil (Samu m.70) e Mario (Babu m.81).
- Árbitro: Villaverde Mogo (Lalín). Expulso a Pablo, do Carcacía, no minuto 85.
- Goles: 0-1 m.20 Elías tras unha boa xogada de Jura; 0-2 m.42 David, de penalti.
Segue a festa outiense
Case un centenar de seareiros outienses achegáronse a Caracacía, na provincia de Pontevedra, para ver outra vitoria dos seus. Durisimos os locais, cos codazos e as entradas, pero os de Roque venceron con fútbol, como na xogada do primeiro gol, na que Jura encabeza unha carreira con pase atrás e execución perfecta de Elías. Pouco antes do descanso, David case sentenciaría cun penalti por claro derribo sobre Pose. Non sufriu o Outes (algo si en canto ao xogo duro…) na recta final.
E iso que non saíu ben o cadro visitante sen descatarse que era un rival e un campo moi complicado, pero atoparse con ese gol inicial de Elías abriu o camiño.
Soneira 0-1 Baio
Soneira e Baio no Municipal-Foto-Oscar- Campo: Municipal de Vimianzo.
- Soneira: Anxo, Brais Mouzo, Fran de Urroa (Martín m.52), Alberto, Aarón Fernández, Mario, De la Sierra, Figueroa, Basti, Javi e Vía.
- Baio: Pablo, Yago, Porto, Mario, Luís Alvite, Norberto, Peke, Moreno, Martín (Ramón, m.87), Luís (Fran, m.72) e Rubio (Luís Eiroa, m.52).
- Árbitro: Gil Soriano, Álvaro (A Coruña). Expulsou a Luis Alvite do Baio (m.89). Amonestou a Mario, Basti, De la Sierra e Anxo do Soneira; Iván, Martín, Ramón, Mario e Pablo do Baio.
- Gol: 0-1 m.65 Norberto.
Con final de infarto
Levou os puntos o Baio do Municipal de Vimianzo e iso que De la Sierra fallou un penalti no minuto 94 que puido ter significado o xusto empate, tras un partido no que o cadro local dominou máis o control do balón, pero o Baio, sabendo a que xogada ao máis puro estivo deste Depor de Víctos Sánmchez del Amo, soubo tamén facer unha boa lectura do partido.
Foi un bonito derbi comarcal, con máis de 200 persoas a peasr de coincidir cos equipos da televisión. E o Soneira fixo gala do seu liderado (aínda mantén 1 punto sobre o Unión e 2 sobre o Cordeiro), mandando no partido ante un Baio moi serio e moi ben situado, sabendo moi ben a que xogaba despois dunha semana de intenso traballo que se viu no campo.
Apretaba de inicio o equipo de Manolito e Pablo respostaba a un tiro inicial de Cristian Figueroa, e a un cabezazo de Aarón, e era o pau o que repelía un remate de Brais. Pasados os 10 minutos de acoso inicial, o Baio conseguía calmar o partido, e non sufrir tanto ata que Javi, nunha xogada con Vía, mandaba de novo ao longueiro.
Reaccionou o Baio tralo descanso e tiña un par de accións de ataques claras que salva Anxo, pero Aarón e Figueroa volvía poñer o "ui" nas bancadas. Eran máis minutos de dominio soneirán, pero o Baio xa non permitía tanto achegamento e ademais comezaba a saír á contra con perigo. E nunha desas Norrberto faría o 0-1 que metía aos de Pastoriza por diante.
Volvía o Soneira á carga pero Pablo e a defensa baiesa non tiveron fisuras. Bueno, unha si, xa no desconto, un penalti a Vía que daba a posibilidade a De la Sierra de asinar o empate dende os 11 metros. Pero De la Sierra mandouno fóra…
Sofán 2-1 Lesede
11 do Sofan ante o Lesende-Foto-SD- Campo: O Carral.
- Sofán: David Insua, Iván Rey, Javi Souto, Rubén, Félix, Felipe, Pablo Martínez, Franchu, Javi Doldán (Xuco, m.60)(Alex Pri, m.67), Raúl (Martín, m.85) e Luís (Insu, m.72).
- Lesende: Veni, Jorge, Carlos, Teo, Liñares, Sande, Sueiro, Brais (Queiro, m.72), Oliver, Borja e César (Fran, m.68).
- Árbitro: Nuñez Fiuza, que amonestou a Doldán, David e Javi Souto por parte local, e a Liñares e Cesar por parte visitante.
- Goles: 1-0, m.12: Raúl; 1-1, m.50: Jorge; 2-1, m.54: Raúl.
O Carral volveu ser un fortín
Correoso presentouse o Lesende no Carral, pero o Sofán fixo un gran partido e tiña que ter sentenciado antes, como un penalti no primeiro tempo que mandou Raúl ao longueiro despois de que o colexiado lle obrigase a repetir, ou as ocasións falladas no comezo da segunda metade, entre elas dous paus de Iván Rey.
E iso que foi un partido de poder a poder, con moita entrega e intensidade. A Sd anotou pronto tras un bo primeiro cuarto de hora. A partir de aí, e a base de balóns parados, o Lesende sembrou inquietude na área sofanista, pero a ocasión mais clara foi de Luís, que se plantou só diante do meta visitante pero enviou o balón fora.
Á saida dos vestiarios a Sd foi un ciclón. Xogou un cuarto de hora de gran fútbol. En 15 minutos xenerou 5 clarísimas ocasións de gol, con dous paos e duas mais de Raul que incomprensiblemente non entraron. Pero nun corner empatou o Lesende. Pouco despois foi o pichichi Raúl o que voltou as cousas ó seu sitio. Os últimos minutos foron de acoso visitante, que tivo unha boa ocasión nun remate de cabeza de Carlos, e a do pao de Oliver acabando o encontró. A Sd buscou as contras e tivo as suas opcións, sobre todo un remate de cabeza de Raul a centro de Insua que lambiu o pao. Ó final ledicia na parroquia local co triunfo e o bo xogo dos de Josito.
Corme 2-2 Piloño
Corme-Piloño-Foto-Fin Lema- Campo: O Cairo.
- Corme: Suso, Dani, Alejandro, Joshua, Adolfo; Jose (Miguel Torrado, m.55), Brais, Sergio, Diego (Eloy, m.60), Toniño e Lucas.
- Goles: 0-1, m.49; 0-2, m.53; 1-2, m.88: Lucas anota un golazo; 2-2, m.92: Lucas de penalti sobre Toniño.
Salvando un punto
Extraño partido no Cairo no que o Corme tivo q Lucas marca de penalti o empate-Foto-Fin Lemaue salvar un punto in extremis, nun partido que mereceu máis. Non foi o seu mellor choque, nun día con moitas baixas, pero os de Miguel Torrado foron superiores a o Piloño. Tivo varias o cadro cormelán na primeira metade pero non estiveron acertados. Foron 10 minutos á saída do descanso os que case sentencian aos azulóns. Dous tantos seguidos dos visitantes puñan o partido costa arriba. Pero non decaeu o Corme e seguiu pelexando ata o final. Foi Lucas o que salvou os puntos, cun golazo ca case no minuto 90, e materializando un penalti cometido sobre Toniño xa no tempo de desconto.
Crónicas da 1ª Autonómica
- X.1: O Soneira colócase líder pero a Costa mereceu máis.
- X.2: Un Soneira imperial.
- X.3: Recital dos sonei-boys.
- X.4: Unha dupla que vale un liderato.
- X.5: 6 minutos de acerto.
- X.6: Así tamén vale.
- X.7: Sequía entre baños.
- X.8: Intratable Soneira nunha negra xornada costeira.
- X.9: Que bonitos son os derbis costeiros.
- X.10: O Cunchido, pesadelo do líder.
- X.11: E o Outes tomou o Carral.
- X.12: Os derbis son cousa do Outes:
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- “Estoulle sendo infiel ao fútbol… cos meus fillos”.
- O Fútbol Base volve a Pedra Queimada.
- Remata o Curso de Monitor de Fútbol Base de Santa Comba e convócase un novo para Muros.
- Grandes nomes na lista de Pichichis das Ligas da Costa.
- TNT Yanki.
Máis información
- Xa temos o cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Guillermo Parga ([email protected]).