2ª Autonómica: 7 en cabeza
Igualadísima está a cousa na 2ª Autonómica - ES Bazarra, tras esta xornada 4. Ata 7 equipos suman 9 puntos, con outros 3 por detrás con 7.
Desta xornada cómpre destacar a vitoria do Buño en Cee, confirmando o bo inicio de temporada dos de Chema Rivadulla e iso que o Cee viña de gañar os tres primeiros partidos. Ademais, o derbi camariñán deparou un partidazo auténtico do Fútbol da Costa, deixando os puntos na Grixa. Partidazo, tenso e emocionante tamén foi o de Verdillo, onde o equipo local puido manter os puntos ante un bo Ponteceso.
Polo demais, destacar que quedan Carnota, Camelle (ambos con moitas baixas aínda) e Montelouro (acomodándose á categoría) sen puntuar.
Cee - Buño (1-3)
- CEE: Parroto, Fiuza (José Ramón, min.62), Tebo (Andrés, min.80), Jacobo, Jorge, Piquero, Hidalgo, Penedo, Leo, Bruno e Josiño (Sergio, min.66).
- BUÑO: Toni (Víctor, min.80), Diego, Ángel, Casais (Miguel Dourado, min.57), Fran Borrazás, Matías, Jorge Calvete (Brais, min.76), Dani Calvete (Elías, min.78), Uru (Víctor, min.80), Charro, Adrián e Gurita (Víctor, min.50).
- Goles: 0-1, min.12: Bruno cun golazo a pase de Jorge; 1-1, min.15: Matías; 1-2, min.41: Uru; 1-3, min.85: Elías.
Confirma o Buño o bo comezo de temporada vencendo nada menos que no San Paio de Refoxos ante un Cee que fixo un mal partido, con moitas imprecisións no pase. E iso que comezaron gañando os de Rafa con golazo de Bruno tras un roubo e un bo pase de Jorge. Pero durou pouco a alegría e aos 3 minutos empataba xa o cadro malpicán nunha dunha falta tras pérdida de balón na que non estuvo moi acertado o porteiro ceense.
Collía o mando do partido o Buño, e uns minutos despois nunha contra na que Jacobo mide mal salva Parroto o 1-2 cunha gran parada. A partir de aí e hasta o descanso o Buño tiña o balón pero o Cee tivo 3 boas ocasións: Leo só contra o porteiro despois dun gran pase de Penedo e Piquero en dúas ocasións, remate de cabeza de córner na que o porteiro fai unha gran parada e outro remate de corner co pe que sae fóra por pouco.
E no min 41 un mal pase de Tebo e o Buño fai o 1-2 nunha contra.
Na segunda parte mellorou o Cee un pouco e controlou o balón. Leo mandou unha falta ao apu no ecuador, pero non acabou de empatar o cadro ceense e nunha contra o Buño sentenciaba a falta de 5 minutos.
Zas - Montelouro (2-1)
- ZAS: Anxo, Fabián, Pereiro, Josito, Oli, Canedo, Abel, Pablo, David (Manu, min.18), Rubio e Dani (Álvaro, min.88).
- MONTELOURO: Isma, César, Pedro, Pablo, Abel, Teo, Geico, Gelo, Dani, Riki e Pexi (David, min.46).
- Goles: 1-0, min.43: Rubio a pase de Dani; 2-0, min.45: Dani a pase de Abel; 2-1, min.47: Pablo tras unha falta lateral.
- Expulsións: os loureáns Riki e Raúl por protestar xa no desconto.
Partido tremendamente igualado no que os puntos quedaron en Zas se ben o Montelouro puido merecer algo máis. Iván Cancela tiña que tirar de 6 xuvenís por mor das baixas, pero estes responderon con xabatos.
Na primeira parte, un Montelouro ben prantado e replegado aguantaba sen fisuras o control do Zas, con só dúas ocasións de Rubio e Dani nas que se lucíu o porteiro visitante Isma. Dous regalos ao fío do descanso matou ao cadro de Jurjo.
Na segunda o Louro recurtou rápido e o partido volviuse feo e con moitas interrupcións e sin xogadas claras. O Zas meteuse a defender o resultado e o Montelouro colgando balóns buscou o empate. O árbitro, moi protestado polas dúas afeccións, tomaba decisións erróneas, de feito os loureáns protestaron un gol que en principio parecía que o colexiado daba por válido pero que rectificaba no momento e sinalaba balón para os zaenses.
A polémica do partido chegaba tras unha falta, na que tras uns empurróns os xogadores dos dous equipos enzarzáronse nunha pequena liorta. O peor foi o colexiado, que perdeu 8 minutos e non conseguiu cortar o problema.
Cabana - Castriz (0-5)
- CABANA: Añón (Víctor), Eloy (Berti), Pepe, Dani Mato (Manolo do Cruceiro), Charly, Laik (Diego), Manu Guillamet, Miki, Iván Mato (Raúl), Fariña e Fernando.
- CASTRIZ: Pablo, Martín, Cilindro, Álex, Dani Martínez, Martín Uru, Víctor, Bruno (David, min.65), Chinda, Joni (Moli, min.55) e Bolón (Sergio, min.70).
- Goles: 0-1, min.22: Bruno; 0-2, min.32: Bruno; 0-3, min.55: Chinda; 0-4, min.65: Bolón; 0-5, min.80: Chinda.
- Lesión: Fariña deixaba con 10 aos seus dende o minuto 65.
Equivocouse no prantexamento Raúl Periscal, que asume a culpa do abultado resultado colleitado nas Redondas.
O caso é que na primeira metade xa se metía 0-2 o Castriz tras 45 minutos igualados, nos que o Castriz estivo máis acertado. Tocaba arriscar na segunda e á contra o Castriz de Esteban Blanco sentenciaba, xogando como lle gusta, con contras letais cun Chinda protagonista, cun Bolón que se estreou como goleador coa camisola rossonera.
Seaia - Carnota (2-0)
- SEAIA: Jesús, Avelino (Lesi, min.70), Adrián, Vistas, Alberto, Eme (Zala, min.80), Miguel, Adra (Richard, min.60), Camilo, Nando (Damián, min.60) e Felipe.
- CARNOTA: Luís De la Peña, Ferreiro, Tono da Caixa, Nico, Pedro, Pumuky, Raúl, Nakata, Adrián, Andrés Fandiño e Manuel Luís.
- Goles: 1-0, min.25: Eme de falta directa; 2-0, min.75: Miguel tras unha boa combinación con Felipe.
- Expulsión: o carnotán Nakata no min.85.
Segue sen puntuar o Carnota, aínda con moitas baixas os de Cambeiro, mentres este debutante Seaia xa suma 7 puntos. Comezou o partido cun Seaia máis enriba e un Carnota que facía algo de dano en xogadas a balón parado. Pero un golazo de Eme de falta directa metía aos locais por diante.
Non arriscou nada o cadro local na segunda, aguantando o marcador e marcando os tempos ante un Carnota ao que lle falta pólvora arriba. E nunha contra, nunha boa combinación, os malpicáns sentenciaban a 15 para o final.
Porteño - Camariñas (2-1)
- PORTEÑO: Bonano, Pejo, Curra (Manu, min.70), Maikol, Caamaño, Doyle, Yago, Cristian, Óscar, Anxo (Cachi, min.55) e Marcos (Wii, min.65).
- CAMARIÑAS: Pablo, Pereira, Piti, Yago Sestayo (Saviola, min.80), Martín, Moriño, Mario Toja, David Muxía (Nico, min.75), Javi (Sergi, min.35), Yuyo e Ismael.
- Goles: 1-0, min.14: Pejo; 2-0, min.33: Cristian de penalti; 2-1, min.48: David Muxía de penalti.
- Expulsión: 3 expulsión, os locais Wii (min.80) e Pejo (min.87) e o visitante Martín (min.30) por un codazo.
Auténtico partido de derbi na Grixa, moi intenso, moi disputado, con expulsións, polémica e expulsións, e como non, un gran ambiente nas bancadas. Todos os ingredientes para un auténtico choque da Liga da Costa. Ademais, volvían Gerpe e Javi Baña á Ponte no banco visitante, e esas cousas sempre son intensas,
O cadro da Ponte xogou mellor na primeira metade na que se marchou cun 2-0 a favor ante un Camariñas desaparecido, que ademais quedaba cun home menos pola merecida expulsión de Martín á media hora de xogo.
Pero reaccionou o equiop camariñán na segunda. Recurtou rápido David Muxía e foi polo empate. A mellor ocasión, un chutazo de falta de Mario Toja que repeliu o pau, que puido cambiar o sino do partido, se ben o cadro local foi xusto merecedor da vitoria.
Camelle - Mazaricos (0-2)
- CAMELLE: Dido, Sicario, Snacky (Tonsón, min.60), Peseta, Valiña, Mario, Macho, Adrián da Barca (Felipe de Laxe, min.46), Alberto Malpica, Adrián de Felisiano e Tedín.
- MAZARICOS: Pejo, Miguel, Esteban (José Manuel, min.80), Matías, Ricardo, José Ángel, Pereiro, Estéfano (Tuco, min.70), David (Martín, min.85), Chenel e Molinos (Chico, min.75).
- Goles: 0-1, min.65: Pereiro tras un córner; 0-2, min.80: Ricardo remata de cabeza un centro de Pereiro.
Segue o Varu tendo que inventarse porteiros no Camelle. Desta volta tocoulle a Carlos de Dido meterse baixo paus, e sen referentes arriba, algo perdidos co balón. Menos mal que a directiva camellá xa ten preparada novas incorporacións nas vindeiras semanas tanto na portería como na dianteira.
O Mazaricos de Néstor, ao seu, foi mellor e aproveitou mellor as oportunidades, adaptándose moi ben ao terreo de xogo do Rodeiro. Na primeira, algo máis igualada, os amarelos botaron 3 balóns aos paus, e un tiro de Matías que pasou por diante da meta sen atopar quen o empurrara.
Na segunda, co Mazaricos moi serio atrás, chegaron os goles, ambos por arriba, que sentenciaron o partido.
San Lorenzo - Ponteceso (2-1)
- SAN LORENZO: Diego, Javi Puñal, Adrián, Rubén, Rudi Cotelo (Pablo Novo, min.60), Alex Figueiras (Javi Pensado, min.75), Alex Taibo (Cachizo, min.20), Schuster, Carlitos, Parafita e Juni (Joaquín, min.46).
- PONTECESO: Brais, Fabián, Javi Peón, Lorenzo (Manuel, min.70), Diego Collazo (Pablo, min.70 ), Pablo Márquez, Dani Cotelo, Mendieta, Recarey, Juanma, Dieguito (Eloy, min.15) (Valle, min.70).
- Goles: 1-0, min.35: Schuster; 2-0, min.50: Joaquín; 2-1, min.75: en propia de Cachizo.
- Lesión: o visitante Dieguito e os locais Alex Taibo e Rudi.
- Expulsións: O pontecesán Dani Cotelo e o local Juni no min70.
Partidazo de auténtico fútbol da Costa o xogado no campo das Pedreiras en Verdillo, diante de 200 espectadores. Empezou o partido enchufadisimo o San Lorenzo asfixiando o Ponteceso e á media hora marcou o primeiro gol do partido nun córner e nunha saída en falso de Brais.
A partir do gol o San Lorenzo metiu máis ritmo ao partido con algunha oportunidade máis pero sen logro algún.
Xa na segunda parte empezou forte outra vez o San Lorenzo e aos 5 minutos volvía a marcar outro gol nun fallo da defensa do Ponteceso. Púñase rabudo o partido e un xogador por bando acababan na caseta. Os últimos 30 minutos foron do Ponteceso con contras polas bandas por Manuel e Valle, conseguindo o gol nun rexeite de cabeza en propia porta dun defensa do San Lorenzo. Seguiu metendo balóns arriba pero sin exito, rematando o partido con vitoria de 2 a 1 para os de Verdillo.
Fisterra - Baíñas (1-1)
- FISTERRA: Norberto, Dani, Borja Munitis, Julito, Santi, Robertín, Pablo Lestón, Yeray (Piti, min.84), Guardiola e Naranjo (Aitor, min.60).
- BAÍÑAS: David, Héctor, Mario (Iván, min.62), Martín, Rodri (Capoe, min.12), Luís, Esteban, Jaime, Eloy, Tasky e Javi Suárez.
- Goles: 1-0, min.3: Yeray; 1-1, min.37: Javi Suárez.
- Expulsión: o visitante Iván no min.77.
Na primeira metade comezou dominando con claridade o equipo local, un Fisterra de Nacho que vai collendo o ritmo . E ese dominio fixose notar pronto, no minuto 3 os locais adiantábanse por mediacion de Yerai. O Baíñas, ó encaixar un gol tan tempraneiro, viuse abaixo e o Fisterra segiu dominando. Pero no minuto 37 un balon enviado polo meta visitante David, o cal, era peinado por Taski caería nas botas do dianteiro Javi Suárez que tras lograr bater a Norberto faría o 1-1 co que se chegaría ao descanso.
Na segunda metade o C.D.Baiñas entraba máis enchufado e creaba ocasións de perigo e intentaba facerse dono do balón. Pero no minuto 77 os de Mario quedarianse con un home menos por unha expulsión de Iván por dobre amarela. Aínda cun home menos apretaban intentando facer o segundo. Ese gol chegaria no minuto 84 obra de Taski pero o colexiado anulariao nun fora de xogo que os vimiancese entenderon que non existía. O Fisterra apretou nos ultimos 5 minutos en busca do gol da vitoria pero non logrou bater o meta visitante.
Volantes - Outes (0-3)
- VOLANTES: Marcos, Juan, Nimo, Mayuyo, Miguel, Ivi, Edu (Javi), Brais (Pardelo), Moja (Fran), Suso (Brea) e Piti.
- OUTES: Gato, Chúa, Róber, Borja (Rafa), Saúl (Iago), Oki, Martín, David (Chía), Manu (Babbu), Yago (Niño) e Poke.
- Goles: 0-1, min.62: David de penalti; 0-2, min.72: Niño; 0-3, min.80: Chúa.
- Expulsión: o local Miguel (min.62).
Derbi sureño que leva o Outes ante un Volantes que o intentou pero non conseguiu que o pichichi da Liga da Costa ampliase a súa marca. Foi clave a xogada do penalti e expulsión de Miguel aos 20 minutos da segunda metade. Tras unha primeira metade tremendamente disputada, algo sosa iso si, e sen ocasións, con moito barullo e xogo no medio campo, o Outes se colocaba por diante cun penalti que lle custaba a expulsión a Miguel.
Unha acción que marcou o choque pois os laranxas desapareceron do partido e o Outes só tivo que poñer a puntiña.
Crónicas da Liga da Costa
- X.3: 2ª Autonómica: Cee e Volantes quedan sós.
- X.2: Xornada de estreas.
- X.1: Roda o Balón na 2ª Autonómica da Costa.
Máis información
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Altas e Baixas do #FútboldaCosta 2014/2015.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: O Baio ponse líder e o Soneira gaña o primeiro derbi urxente.
- Preferente: Sumando.
- Resultados e análise da primeira xornada de outono.
Novas relacionadas
- Lista dos pichichis da Costa.
- Redacción de QPC ([email protected]).