Luns. 07.10.2024
El tiempo

2ª Autonómica e Copa: Unha Copa que manipula unha Liga aínda viva

2ª Autonómica e Copa: Unha Copa que manipula unha Liga aínda viva

Este treito final de competición está acabando coa paciencia de moitos equipos. A Copa está facendo mella en moitos equipos que teñen que xogar 2 e mesmo 3 partidos (os que dependen dos seus xuvenís para completar as convocatorias) cada fin de semana. Ademais, está desvirtuando a competición ligueira e xa hai que apunta que hai que parar e protestar, como fixeron o ano pasado os ferroláns.

Entrementres a Liga da Costa segue con cousa en xogo. Onte o Club do Mar certificou o título de campión da Liga da Costa. O Camariñas está máis preto do ascenso e só o Corme apreta por detrás trala derrota do Malpica en Muros. Ademais por abaixo, o Nantón aférrase á Liga da Costa cunha vitoria ante o Sofán que o mantén vivo, e que loitará co Zas ata a última xornada.

E sen tempo a descansar, volve a Copa, que xa comeza co groso de partidos mañá martes 1 de maio, e que podedes ver no Cadro da Copa da Costa 2012. Unha Copa que ten varios focos claros, como o Club do Mar - Dumbría, o Ponteceso-Fisterra ou o Santa Comba-Malpica. Unha Copa que en principio, ten o horario previsto para ás 18:00h, horario oficial, a pesar de que a Federación non confirme as horas.

San Lorenzo - Club do Mar (1-4)

  • SAN LORENZO: Recarey, Santi, Dubra, Quillo, Puñal (Fuentefría), Adrián (Antonio), Anxo, Cachizo (Javi), Eloy (Chucho), Jorge Pichel (Marcos), Bolón.
  • CLUB DO MAR: Iago, Chori (Pincho), Juan Lareo, Alex, Rubén, Jacobo, Jonnie, Chapu (Fran Borrazás), Bertín (Manu), Vituco (Diego), Santi Silva (Luís Lareo).
  • Goles: 0-1, min.8: Vituco á saída dun córner; 0-2, min.42: Santi Silva; 1-2, min.60: Fuentefría de penalti; 1-3, min.70: Vituco de penalti; 1-4, min.83: Vituco.
  • Xa é novo Campión da Liga da Costa o Club do Mar tras superar a un San Lorenzo que chegaba canso tralo esforzo da Copa do sábado. Adiantouse pronto o Club do Mar, que marcou antes do descanso o segundo tras un primeiro tempo igualado no que a pegada caionesa foi clave.

    Recurtou o San Lorenzo e tivo moitas opcións para empatar antes de que o Club do Mar, sentenciase tamén de penalti. Os xogadores percorreron as rúas da vila para celebrar o título.

    Nantón - Sofán (1-0)

    • NANTÓN: Ernesto, Lareo, Eloy, Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Martín (Pedro, min.75), Luís, Manolo (Bonano, min.80), Iván (Rubén, min.70).
    • SOFÁN: Carlos, Adrián, Diego, Juanjo, Gustavo, Eloy, Iván, Edu, Suso, Jacobo (Manuel Varela, min.70), Gurita.
    • Gol: 1-0, min.25: Manolo do Cruceiro.
    • Lesión: o porteiro Ernesto que xa está escaiolado no nocello e deixou ao equipo con 10.

    O Nantón demostrou máis intensidade por todo o que se xoga ante un Sofán máis pensando no partido de Copa do martes. Os cabaneses, buscando a Manolo e Luís, apretaron e marcaron pronto por medio de Manolo. E a partir de aí a gardala roupa, cunha defensa moi seria. Iso si, Ernesto tivo que esforzase fixo un par de boas paradas a tiros de falta locais. Á contra puideron sentenciar á contra pero un balón á madeira de Luís e un par de paradas de Carlos evitaron a sentencia.

    Zas - Fisterra (1-1)

    • ZAS: Elías, Pereiro, Mancebo, Quintáns, Oliver, Diego (César, min.80), Pablo (Pichín, min.70), Lagoa, Ismael (Amado, min.66), Jaime (Rony, min.80), Peque.
    • FISTERRA: Joselu, Munitis (Gustavo, min.46), Pana (Nico, min.60), Manuel Cartamil, Cote, Guardiola, Roco, Marco Docabo, Mané, Rivas (Tata, min.70), Dudo.
    • Goles: 1-0, min.34: Lagoa de cabeza; 1-1, min.71: Mané axudado pola defensa tras un centro chut.

    No partido en San Andrés entre dous equipos que se están xogando moito, cada un na súa Liga. E sen embargo, os fisterráns saíron ao campo sen tensión e completaron unha malísima primera metade.

    Aproveitou o Zas a baixa intensidade dos fisterráns e se adiantou e ademais puido ter marcado 3 goles por medio de Peque, pero marrou sendos mans a mans, con mesmo un balón ao pao e un boa parada de Joselu.
    Na segunda, o Fisterra saí máis metido no partido, e con algo máis de balón directo, chegou o gol do empate, nun centro de Mané que rebotou nun defensa e se colou na meta de Elías (o colexiado concedeu o gol ao dianteiro fisterrán). O partido rematou cunha media tangana que se solucionou mesmo sen tarxetas, algo pouco habitual.

    Muros - Malpica (4-1)

    • MUROS: Fabio, Alberto, Marco, Mayuyo, (Teo, min.89), Gael, Gelo, Adrián, (Kiko, min.67), Jesús, Aitor, (Javi, min.84), Óscar Maema, (Yanky, min.69), Sexo.
    • MALPICA: Suso, Avelino, Marcos Amado, Charly, Marco, Andrés, (Manu Pardo, min.62), Neucha, Rancaño, Pablo, (David Blanco, min.40), Tato, Charro.
    • Goles: 1-0, min.47: Adrián; 1-1, min.70: Tato; 2-1, min.75: Gelo; 3-1, min.85: Sexo; 4-1, min.91: Sexo.
    • Lesión: o malpicán Pablo cun golpe no nocello.

    Parou o Muros á maquinaria dun Malpica que viña espectacular. Foi un partido apretado, dominado polo Muros, sobre todo na segunda metade, pero que o Malpica tivo na súa man. Sobre todo tras empatar por medio de Tato, e cando mellor estaban os visitantes, chegou o tanto de Gelo que matou a un Malpica algo máis feble atrás do habitual.

    Mazaricos - Corme (0-2)

    • MAZARICOS: Juan, Casais, Tubi (Chico, min.46), Matías, Tuco (Ferreiro, min.70), Rodri (Molinos, min.46), Ramón, Esteban, Brais (Oreiro, min.46), Aldo, Sandelo (Estéfano, min.46).
    • CORME: Javi, Abel (Adolfo, min.58), Alejandro, Pandi, Lelo (Jesús, min.60), Diego (Martín, min.58), Juan, Brais, Iago, Lucas (Gonzalo, min.65), Alejo (Chino, min.70).
    • Goles: 0-1, min.17: Alejo tras un balón en profundidade; 0-2, min.25: Alejo dende o borde da área á cepa do poste.
    • Expulsión: Ramón (min.35)

    Partidazo do Corme na Picota, que demostrou un toque de balón espléndido cunha profundidade tremenda, controlando case o 80% da posesión e chegando con unha perigosidade tremenda. Os azulóns foron superiors en todo momento, ante un Mazaricos, algo canso pola Copa, que o intentaba á contra, pero sen acerto. Alejo foi letal machando con dous balóns ás costas da defensas.

    Corcubión - Baio (2-0)

    • CORCUBIÓN: Andrés, Jose Atalaya, Sancho, Senra, Paulo (Manu de Lira, min.46), Papi, Edu, Lema (Grabi, min.46), Mario, Lourido, Conguito.
    • BAIO: Guillermo, Maikel, Ramón, Fredi, Pablo, Eloy (Andrés, min.55), Fachal, Javi Suárez, Alberto (Lucas, min.46), Rubio, Valentín (Martín, min.65).
    • Goles: 1-0, min.55: Mario; 2-0, min.70: Mario.

    O Baio, máis pendentes da Copa, chegaba ao Corcubión sen demasiada tensión. E o Corcubión na primeira foi superior pero nin Lema nin Lourido estiveron acertados. Foi na segunda, cando mellor estaba o Baio, cando apareceu Mario, que había tempo que non marcaba, apareceu para facer os goles dos corcubioneses.

    Como boa nova, destacar que Sebas xa estaba na bancada, unha vez que lle deron a alta dende o Santa Teresa. Un Sebas que protagonizou un triste episodio de Mutuas e Hospitais, que deixou ás claras os problemas coa privatización dos servizos sanitarios no deporte afeccionado. E que aínda está por solventar.

    Dumbría B - Esteirana (0-2)

    • DUMBRÍA B: Anxo, José Carreira (José, min.70), Pablo Conde, David Carreira, José Manuel, Esteban, Riki, Tantán, Fernando, Israel (Ivanete, min.55), Rodrigo.
    • ESTEIRANA: Benancio (Matías, min.80), Roi, Simón (Abel, min.55), Maxi, Codesido, Iago, Suizo, Alex (Eloy, min.85), Ismael (Bruno, min.65), Adrián, Roberto Pladur.
    • Goles: 1-0, min.20: Roberto Pladur; 2-0, min.80: Roberto Pladur.
    • Lesión: Simón cunha escordadura de nocello.

    Dous equipos sen apuro, sen xogarse nada, enfrontábanse no Conco. E boa primeira parte dos esteiráns, que contou cun Roberto Pladur inspirado que solventou o partido.
    Na segunda fixo mella o cansanzo da Copa nos esteiráns, e Dumbría apretou con dous paos por medio de Tantán e Esteban, e unha ocasión de David Carreira de cabeza. Pero fallou a pólvora e non foron capaces de definir. Iso si, á contra facía dano a Esteirana que sentenciou no min.80 con outra boa xogada de Pladur.

    O Pindo - Buño (2-4)

    • O PINDO: Bicho, Juan Fis, Dani Freire, Diego Trillo, Pablo, Eloy, Carlos Leis, Lolo, Diego León, Riolo (Angel, min.20), Garrido.
    • BUÑO: Brais, Eloy (Brais, min.70), Diego, David, Óscar, Jorge, Emilio, Miguel Dourado, Ismael (Víctor, min.30), Elías, Richard (Dani, min.80).
    • Goles: 0-1, min.40: Miguel Dourado; 0-2, min.60: David; 1-2, min.55: Garrido de penalti; 1-3, min.75: Miguel Dourado; 2-3, min.80: Diego León; 2-4, min.82: Víctor.
    • Lesións: O carnotán Diego León e o local Ismael cun corte nos beizos.

    Partido sen tensión defensiva por ningún dos dous equipos que permitiu o disfrute de uns e outros, e como non dos afeccionados. Así e todo o Pindo chegaba con 12 xogadores (o meta Garrrido foi titular na dianteira e mesmo anotou de penalti) e desexando que remate a campaña. Foi un partido tolo, cun Buño que tivo dominado o balón, pero cun O Pindo, que recurtou doblemente e meteu o medo no corpo dun Buño que respondía a cada tanto local asinando outro gol practicamente na seguinte xogada. Con 2-3 O Pindo apretou pero Víctor asinou de contado o 2-4, protestado polos locais por posible fóra de xogo.

    Por certo e como anécdota, o árbitro Fdez. Liñares consignou en acta como resultado ao descanso 0-0 (cando era 0-1) e resultado final 2-3 (cando o resultado foi 2-4, omitindo o gol de MIguel Dourado). A pesar de todo, ambos equipos destacaron a boa actitude do colexiado.

    Castriz - Camariñas (0-0)

    • CASTRIZ: Herrera, Martín, Sergio Pose, Michi, Alberto, Mauri, Toño (Toniño, min.65), Jorge (Bruno, min.25), Jonnie (Sergio Gerpe, min.60), Pablo, Pepe.
    • CAMARIÑAS: Pombo, Carlos, Ogando (Diango, min.46), Maikel, Sergio, Roi (Moriño, min.46), Brais, Adrián (Yuyo, min.55), Javi, Juan oBello e David (Nené, min.90).
    • Lesión: Jorge cunha rotura de fibras.

    Partido nivelado, con moito respeto por ambos bandos, cun empate que permite ao Camariñas mirar de cara o ascenso, que pode certificar a vindeira semana. Comezou o Castriz mellor, pero as mellores ocasións foron para o camariñan David. Pero na segunda o dominio foi dos palilleiros.
    Puido levar o Castriz o partido no final, pero o colexiado non pitou un penalti por unhas supostas mans, e Pablo tivo unha boa ocasión pero mandou ao pao.



    Copa da Costa, volta da previa

    San Lorenzo - Mazaricos (3-2)

    • SAN LORENZO: Recarey, Santi, Dubra, Quillo, Puñal, Antonio, Fuentefría, Cachizo (Anxo), Chucho, Javi (Bolón), Marcos Bartolo (Jorge).
    • MAZARICOS: Pejo, Casais, Chicho, Tubi, Ramón, Iván (ván, min.55), Rodri, Esteban, Estéfano, Aldo, Brais.
    • Goles: 1-0, min.5: Javi tras un córner; 1-1, min.15: Tubi; 2-1, min.25: Fuentefría; 2-2, min.38: Aldo de falta; 3-2, min.43: Marcos Bartolo.

    Co 0-1 da ida, o San Lorenzo afrontaba o partido con vantaxe. E foi unha apretada a primeira metade, con alterancia no marcador co San Lorenzo, ben armado atrás, respondendo aos goles visitantes. Aldo metía o 2-2 que deixaba a eliminatoria aberta para a segunda, pero un gol de Marcos Bartolo antes do descanso deixaba practicamente sentenciaba a eliminatoria e a segunda metade apenas tivo intensidade nin interese.

    Baio - Esteirana (*)

    • ESTEIRANA: Benito, Dani Rama, Maxi, Chispi (Roi, min.46), Simón, Iago, Suizo, Alex, Ismael, Roberto, Adelino.
    • BAIO: Manuel, Matías, José Antonio, Iago, Ramón, Mario, Eloy, Alberto, Bieito, Martín (Fachal, min.85), Javi.
    • Goles: 0-1, min.10: Eloy; 1-1, min.85: Suizo de cabeza; 1-2, min.90+3: Alberto de falta.
    • Expulsións: Os esteiráns Isma (min.1), Simón, Maxi, Suizo, Adelino, e os baieses todos por doble cartón.

    Era a eliminatoria máis igualada da Previa, pero o colexiado encargouse de acabar con ela, e foi na prórroga cando o cadro esteirán acabou con 6 sore o campo tendo o colexiado que suspender o partido e permitir que o Baio pase a eliminatoria.

    I é que foi un partidazo, igualado e con tensión, se ben non houbo moitas ocasións e si moito medio campo. Eloy adiantaba aos locais pronto, pero a Esteirana intentouno ata que acadou o empate preto do final. O partido foi á prórroga e nada máis comezar marcaba Alberto de falta e a Esteirana volcábase contra o colexiado, que empezou sacar cartóns e quedou el só sobre o campo. O cadro esteirán vai presentar un escrito de reclamación pola arbitraxe mentres o Baio agarda ao Camariñas na sgeunte fase.

    Camariñas - Outes (3-1)

    • CAMARIÑAS: Pombo, Carlos (Nené, min.75), Roi, Diango, Alberto Ogando, Paco, Moriño, De la Sierra (Yuyo, min.20), Brais, David, Juan oBello.
    • OUTES: Víctor, Saúl, Rafa, Lago, Chúa, Lass, Arturo (Babu, min.46), Poke (Pitu, min.80), Damián (Martín, min.75), Deivi (Fernando, min.46), Elías.
    • Goles: 1-0, min.10: Juan oBello; 2-0, min.22: David; 2-1, min.52: Fernando de fermosa vaselina; 3-1, min.75: Yuyo.
    • Lesión: De la Sierra cunha escordura de nocello.

    Partido apretado en Camariñas entre un Camariñas que daba descanso a moitos tirulares para a Liga e un Outes que facía o propio ao non saber que o Muxía non se presentaría no Conchido.

    Comezou o Camariñas pegando a aos 20 minutos xa mandaban 2-0. Pero o Outes non se veu abaixo e recurtou na segunda por medio de Fernando. Meteu algo de medo no corpo cun par de boas ocasións, pero un erro no despexe de Víctor, petou no peito de Juan oBello e o balón quedou para que o xuvenil Yuyo sentenciase a eliminatoria.

    Montelouro - Fisterra (2-2)

    • MONTELOURO: Isma, Bolo, García (Fernando, min.46), Álvaro, José, Chema, Denís (Germán, min.60), Raúl (Jaro, min.46), Rico (Canelo, min.46), Pesco, Geico.
    • FISTERRA: Joselu, Munitis, Manuel Cartamil (Mané, min.65), Cote, Juanjo, Guardiola, Edu, Rivas (Marco, min.60), Insua, Dudo, Tata (Pana, min.46).
    • Goles: 0-1, min.6: Dudo; 0-2, min.17: Insua; 1-2, min.65: Geico; 2-2, min.75: Jaro dende o borde da área.
    • Lesión: Jaro con problemas musculares e deixou ao equipo con 10.

    Coa eliminatoria sentenciada co 4-0 ca ida, e cos dous equipos pensando nas súas ligas, celebrouse un partido sen historia. Primeira metade boa do Fisterra que xa sentenciou pronto a eliminatoria. Na segunda ambos equipos deixaron pasaro o partido e os locais tiveron tempo para empatar con dous bos tantos de Geico e Jaro. Un Jaro que remataba con problemas musculares que deixaron ao equipo con 10.

    Máis información

    Crónicas da semana

    Máis novas

    Fonte

Comentarios