Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Resultados dunha fin de semana intensa de #futboldacosta

Resultados dunha fin de semana intensa de #futboldacosta
Xornada completa de #futboldacosta con moitas novidades ademais. E tan completa, pois a Copa xa está en marcha, e terá este martes de maio, festivo, xornada completa dos Dezaseisavos. Xa podedes ver os Cadros da Copa da Costa dende www.futboldacosta.com. Antes de ir coa crónica da xornada futbolística, lembramos que a fin de semana tamén tivo un ollo posto no Balonmán, onde o Ifecgas Pereira, cadro xuvenil do Balonmán Xiria, proclamouse campión do sector do Campionato de España celebrado en Carballo e xa é un dos 8 mellores equipos de toda España. E comezamos o repaso futboleiro por Dumbría, onde o cadro de Canosa superaba ao Xallas por 1-0, resultado que lle permite respirar máis tranquilos aos dumbrieses. Ademais o Santa Comba, xa sen motivación, non pasaba do empate ante o Santiago, mentres que o Soneira caía en Chantada e non se pode despitar nadiña. En , o Cee segue desexando que remate a campaña mentres que o Ponteceso sumaba unha importante vitoria ante o Noia, 4º, e respira máis tranquilo. Na Liga da Costa, o Club do Mar xa pode cantar o alirón e celebrar o título de Campión da Liga da Costa tras vencer a un San Lorenzo cansado da Copa. Por detrás segue o Camariñas, e a loita pola 3ª praza segue intensa. Hoxe o Corme sobe enteiros tras vencer e Mazaricos (6ª vitoria consecutiva) e a derrota do Malpica en Muros e o empate do Fisterra en Zas. Por detrás o Baio, que tamén acusou a Copa, deixa pasar ao Muros tras caer en Corcubión. Por abaixo, o Nantón aférrase á Liga da Costa e vencía ao sábado ao Sofán, e queda a 2 puntos do Zas. En 3ª, o Carnota e o Outes xa poden celebrar o ascenso á Liga da Costa tras superar con claridade ao Soneira B e ao Muxía. O partido da xornada deixa tocado ao Coristanco, que caía ante o Montelouro e queda fóra dos 6 primeiros postos e cun partido máis que Volantes, Cerqueda e o propio cadro loureán. Ollo ao Porteño, que vencía ao Cabana e mantén opcións. Instensa xornada a Copeira do sábado (unha copa que por certo está dando moitos problemas aos equipos da zona, con doble partido (e triple para moitos xuvenís) cada fin de semana). Destacar a movida en Baio, onde a arbitraxe acabou co partido, e coa Esteirana, que veía como lle expulsaban a 5 homes na prórroga rematando así o partido e a eliminatoria. Intensa segue a Liguilla Xuvenil a falta de dúas xornadas. Os 4 de arriba venceron e parece que todo quedará para a última xornada. En Copa, xa hai semifinalistas. Tamén a xornada tivo interese en categoría Infantil, onde o Dumbría proclamouse campión a falta de 2 xornadas, seguindo a estela do cadro cadete. Ademais, rematou a Liga de Veteranos, co Castriz campión da 1ª, Vimianzo e Buño descendidos, e cos ascensos de Soneira e Coristanco, como xa estaba cantado. Uns Veteranos que xa pensan na Copa, e xa podedes ver os cruces nos Cadros da Copa da Costa.

Preferente, xornada 34

Dumbría 1-0 Xallas
Santa Comba 1-1 S.de Compostela
Chantada 3-2 Soneira

1ª Autonómica, xornada 32

Ponteceso 3-2 Noia
Flavia 2-0 Cee

2ª Autonómica, xornada 32

Nantón 1-0 Sofán
Dumbría B 0-2 Esteirana
Zas 1-1 Fisterra
Muros 4-1 Malpica
San Lorenzo 1-4 Club do Mar
Mazaricos 0-2 Corme
Corcubión 2-0 Baio
O Pindo 2-4 Buño
Castriz 0-0 Camariñas

2ª Autonómica, xornada 36

Indep. Carballo 3-4 Lira
Alcaián 8-1 Xaviña
Fisterra B 0-3 Camelle
Soneira B 0-7 Carnota
Cerqueda 5-1 Laxe
Porteño 3-2 Cabana
Outes 3-0 Muxía
Corcoesto 2-2 Atl. Pereiriña
Montelouro 3-2 Coristanco

Copa da Costa, volta da previa

0-1 Mazaricos - San Lorenzo 2-3
1-1 Esteirana - Baio* 1-2
1-2 Outes - Camariñas 1-3
4-0 Fisterra - Montelouro 2-2
  • * Baio clasificado tras quedar a Esteirana con 6 sobre o campo na prórroga.
Desaseisavos

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, xornada 12

Camariñas 5-9 Dumbría B
Baio 5-0 Soneira
Cee 2-0 Santa Comba
Corcubión 2-5 Malpica

Copa da Costa Xuvenil, Volta dos Cuartos

4-0 Mazaricos - Fisterra 2-2
1-2 Dumbría A - Cabana 2-2
0-3 Coristanco - Ponteceso 0-3
0-1 Corme - Zas 1-8

2ª Cadete, xornada 32

Zas 1-5 Ponteceso
Camariñas 3-2 Fisterra
Outes 6-3 Esteirana
Muros 1-0 Dumbría
Soneira 0-1 Baio
Malpica 2-2 Muxía
Cabana 14-0 Porteño
Cee 7-1 Coristanco

2ª Infantil, xornada 32

Dumbría 9-1 Fisterra
As Baleas - Coristanco
Baio 0-13 Cabana
Os Miudos 1-6 Ponteceso
Muxía 6-2 Outes
Corme 01/05 - 11:30 Esteirana
Cee 03/05 E.M.F. Vimianzo

Ligas de Veteranos, xornada 30

1ª División

Bértoa 1-2 San Román
Zas 3-0 Buño
Ponteceso 3-0 Nantón
San Lorenzo 2-3 Cabana
Corcubión 4-3 Xv. Bergantiños
Bergantiños 2-7 Vimianzo
Baio 0-1 Castriz

2ª División

Camelle 1-3 Muros
Soneira 5-0 Agualada
Cerqueda 1-1 Sofán
Club do Mar 3-3 Leiloio
Coristanco 5-1 Malpica
Porteño - Corme
Corcoesto 7-2 Dep. Carballo

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios