Venres. 29.03.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Firmes arriba e igualdade xeralizada

2ª Autonómica: Firmes arriba e igualdade xeralizada

Non fallan Club do Mar, Camariñas e Fisterra. E iso que algún sufríu bastante para levar os 3 puntos, como o Camariñas ante un Baio moi forte que descende á 5ª praza. É superado por este Corme, que cos vimbios xustos e da casa, segue sorprendendo, e desta volta sufriu para gañar ao Corcubión demostrando unha vez máis a igualdade da categoría.
Por abaixo, importante vitoria do San Lorenzo para saír do pozo. Queda agora o Nantón en posto de descenso (co desaparecido Pindo) e o Mazaricos nunha 3ª praza que probablemente conleve arrastres vendo como está o Cee na 1ª. O Zas sube postos tamén coa vitoria na volta de Corredoira a San Andrés.

Fisterra - Mazaricos (2-0)

  • FISTERRA: Joselu, Manuel Cartamil, Gustavo (Piti, min.72), Nico, Pana, Eddy, Roco (Rivas, min.60), Guardiola (Santi, min.77), Dudo, Tata (Mané, min.68), Marco do Cabo (Roa, min.46)
  • MAZARICOS: Juan, Chico, Ramón, Matías, Tuco, Rodri, Brais (Oreiro, min.60), Aldo (Ferreiro, min.82), Cristian (José Ángel, min.72), Rafa, Kevin.
  • Goles: 1-0, min.20: Tata tras un córner; 2-0, min.65: Dudo á saída dun córner.
  • Lesión: Brais cuns problemas nun pé.

Segue firme o Fisterra malia non disputar un choque brillante ante un firme Mazaricos. Ao gol de Tata responderon os visitantes cunha clara de Aldo nun remate a unha falta e outra semellante de Kevin. Pero non afinaron e o partido marchou aos vestiarios co 1-0 no marcador.

Volvía marcar de córner o Fisterra e os mazaricáns protestaron un posible penalti que o colexiado sacou fóra. Pero non puideron apretar máis os visitantes e o Fisterra sumou outros 3 puntos para seguir apretando aos de arriba e sacar, desta volta algo de vantaxe ao Baio.

Club do Mar - Castriz (3-1)

  • CLUB DO MAR: Iago Dans, Chori, Repi, Rubén, Fran Borrazás, Juan Lareo, Johny (Luis Lareo, min.81), Jacobo, Bertín (Brais, min.70), Santi Silva (Isaac, min.84), Vituco.
  • CASTRIZ: Herrera, Alberto (Marcos, min.5), Toniño, Michi, Prego, Toño, Mauri, Johny (Sergio, min.60) Martín, Sebas e Iván.
  • Goles: 1-0, min.10: Vituco tras un rexeite a un tiro de Jacobo; 2-0, min.15: Vituco tras un córner de Repi; 2-1, min.40: Iván; 3-1, min.43: Bertín.

Non falla este Club do Mar que parece ir a máis cada semana. E iso que o Castriz non tirou a toalla en ningún momento, e ante os dous tantos iniciais de Vituco recurtou por medio de Iván. Pero cando mellor estaba o cadro xalleiro, Bertín puxo antes do descando de novo 3 tantos de diferencia que se presentaban dificilmente salvables para o segundo tempo. O Club do Mar non permitiu fisuras na segunda metade e controlou o tempo do partido.

Sofán - O Pindo (9-0)

  • SOFAN: Luís De la Peña, Iván Rey, Juanjo (Gustavo, min.65), Pensado (Jacobo, min.55), Miniño, Eloy Boedo, Suso Docampo (Alemán, min.55), David Pensado, Edu, Abel e Berti (Gurita, min.46).
  • O PINDO: Garrido, Casais, Jose, Manolito, Juan, Hipolito, Lolo, Julian, Carlos (Javi Conexo, min.60), Leis e Riolo.
  • Goles: 1-0, min.11: Garrido en propia meta; 2-0, min.20: David Pensado remata pola escuadra tras unha gran combinacion entre Iván e Abel. 3-0, min.24: Berti de media chilena a centro de Abel; 4-0, min.28: Abel; 5-0, min.35: Abel a centro chut de Berti; 6-0, min.55: Abel de cabezazo impecable a córner de Edu; 7-0, min.62: Abel de corner; 8-0, min.75: Gurita a pase de Abel; 9-0, min.80: Edu de penalti.

Borracheira de goles na tarde de onte no Carral nun choque que xa rematou aos 20 minutos tralos 2 primeiros goles que desmolarizaron completamente aos carnotáns, que non levantan cabeza e en canto se poñer por debaixo do marcador xa marchan do partido. Pola súa banda, o Sofán segue na boa liña de resultados, e xa leva 11 partidos sen coñecer a derrota.

Corme - Corcubión (2-1)

  • CORME: Susiño, Adolfo, Diego, Jesús, Pandi, Alejandro, Gonzalo, Juan (Juanma, min.87), Adrián Doldán, Lucas (Dani, min.80), Alejo (Abel, min.56).
  • CORCUBIÓN: Andrés, Jose Atalaya, Sergio Mani, Senra, Conguito, Sebas, Papi (Balucho, min.70), Camacho (Mario, min.60), Edu, Miguelón, Lourido.
  • Goles: 1-1, min.8: Juan cun tiro dende a frontal; 1-1, min.50: Papi; 2-1, min.75: Lucas de penalti sobre el mesmo.
  • Expulsión: Manín xa contra o final por protestar.
  • Lesión: Alejo cun problema no xeonllo, que en Corme agardan que non pase dunha escordadura; e Lucas cun pinchazo forte.

Un penalti ao remate, xa cando o partido marchaba dirixido ao empate, fixo que o Corcubión perdese un punto no Cairo. O Corme tivo máis o balón pero apenas dispuxo de ocasións claras. Tampouco o Corcubión chegou con demasiada claridade e só unha de Mario que se marchou por arriba e outra de Sebas puideron significar a igualada.

Foi pois outro partido que demostrou a pouca diferencia entre os equipos do fútbol da Costa, pois a igualdade foi a tónica predominante e só un penalti decantou un choque chamado ao empate.

Malpica - Nantón (3-2)

  • MALPICA: Suso; Charly, Víctor, Andrés, (Charro, min.63), Marco, Rancaño, Neucha, Cheo, Daniel, (Iago, min.46),Tato, Pablo, (Avelino, min.76).
  • NANTÓN: Ernesto; Lareo, Diego, Félix, Sito, Carlos Vidal, (Eloy, min.80), Fabio, Cristian, Luis, Manolo Cruceiro, Martín Suárez, (Iván, min.55).
  • Goles: 0-1, min.7: Luís dende 40 metros cun bote rápido. 1-1, min.12: Cheo a centro de Tato. 2-1, min.15: Pablo tras un córner. 2-2, min.47: Luís de formidable vaselina a pase de Cristian. 3-2, min.65: Sito en propia meta.
  • Expulsións: os locais Tato (min.53) e o adestrador David Baña (min.86).

Partido moi apretado no que o Malpica sufriu, e moito, para manter os 3 puntos, e só un gol en propia meta decantou o choque. Foi un partido moi disputado, bronco, con pouco xogo combinativo e moito parón. Manolo do Cruceiro e Luís fixeron moito dano á defensa local, pero os Neucha, Tato e Pablo tamén estiveron acertados.

As alternativas no marcador foron constantes ata que no ecuador do segundo tempo Sito facía un tanto en propia meta ao intentar despexar un balón, ao que o cadro cabanés non puido respostar.

Esteirana - San Lorenzo (1-2)

  • ESTEIRANA: Benancio (Benito, min.55), José Varela, Simón, Dani Rama, Chispi, Pichu, Isma, Alex, Uru (Adri, min.55), Cajulo, Adelino.
  • SAN LORENZO: Recarey, Santi, Adrián, Casillero, Anxo, Killo, Bolón, Cachizo, Eloy (Sergio, min.85), Fuentefría, Jorge.
  • Goles: 1-0, min.15: Cajulo dende a frontal; 1-1, min.30: Eloy tras unha xogada combativa; 1-2, min.65: Jorge nunha contra tras levar ao porteiro.

Pintaba mal para o San Lorenzo que se presentou en Esteiro con soamente 12 xogadores (8 baixas). A falta de cambios puido condicionar o resultado final porque nos ultimos 10’ os calambres e agotamento apareceron no equipo. O peso do partido foi do cadro local cun San Lorenzo ben armado, serio en defensa e aproveitando as súas armas. Fallaron os esteiráns con boas ocasións por medio de Cajulo, unha vez que el mesmo, en racha, puxera por diante aos seus. Eloy empataba para os de Chema Eirís á media hora tras unha boa xogada de equipo.

A Esteirana seguía chegando pero os deVerdillo mantiña a liña moi seria atrás. E non fallou, pois noutra das poucas chegadas dos bergantiñáns Jorge marcaba nunha contra tras regatear ao porteiro Benito. Somente non corners foi capaz a Esteirana de poñer en apuros a portería visitante nos últimos minutos, pero o marcador non se moveu..

Zas - Buño (2-1)

  • ZAS: Damián, Pereiro, Lagoa, Mancebo, Oliver, Juan, Ramón (Ismael, min.60), Rubio (Martín, min.87), Peque (Pastor, min.85), Jaime (Dani, min.75), Pablo Muíño.
  • BUÑO: Brais, Angel, Iago, David Secundino (Eloy, min.20), Brais, Jorge, Elías, Ismael, Mieguel Dourado (Emilio, min.75), Juan, Richard (Rubñén, min.46).
  • Goles: 1-0, min.2: Rubio; 2-0, min.23: Jaime; 2-1, min.40: Diego
  • Expulsión: o zaense Pablo Muíño e o central do Buño Ángel nunha xogada na que o local se marchaba só contra o porteiro, o central agarra e o zaense responde cunha agresión.
  • Lesión: David Secundino cun problema no nocello.

Simeone voltaba ao Calderón e o Atlético gañaba 4-0. E Manolo Corredoira voltaba a San Andrés e o Zas sumaba tamén os 3 puntos. Así de contentos se amosan os zaenses ante a chegada do adestrador coruñés, que volve a que foia súa casa durante moitos anos.

E non o tivo fácil o cadro zaense para quedar cos 3 puntos, ante un Buño que non deu o partido por perdido en ningún momento. Pronto se puxo 2-0 o Zas por medio de Rubio e Jaime. Pero uns desaxustes na parte central, crearon superioridade numérica visitante no centro do campo, e o Buño puxo en verdadeiros problemas aos locais e mesmo puideron empatar antes do descanso tralo gol de Diego, cun tiro ao longueiro de Juan, e un man a man de Richard. Parecía que o Buño podía remontar e se a primeira tivera 10 minutos máis seguro que empataban.

Pero o descanso sentou ben ao Zas, que saíu contemporizando e soubo para o partido, con veteranía. O Zas tomou de novo levaron o peso do partido con boas ocasións, ademais, sobre todo un par de Peque e Rubio que non definiron, ou unha de Jaime ao pao, e un gol anulado a Lagoa por fóra de xogo. Pero se acabou sufrindo o cadro local ante a insistencia do Buño por acadar un empate que nunca chegou.

Camariñas - Baio (1-0)

  • CAMARIÑAS: Pombo, Manuel (Ogando, min.75), Paco, Maikel, Carlos, David, Moriño, Brais (Diango, min.82), Javi (Nené, min.82), Juan oBello, Leo.
  • BAIO: Manuel, Matías, Mario, Iván, José Antonio, Eloy, Iago (Ramón, min.46), MC, Canai, Alberto (Martín, min.70), Javi Suárez.
  • Gol: 1-0, min.34: Leo tras un saque rápido de Pombo.

Moita xente no Hermanas Patiño para ver un dos partidos máis igualados da xornada. Enorme este Baio, que tratou cara a cara a este forte Camariñas, que segue imponente malica contar con tan só 14 xogadores, tivo máis ocasións. De feito, Juan oBello, David e Leo mandaron ao pao e Javi mandou ao longueiro, pero gañaron os porteiros. Pombo ademais estivo fenónemo, e foi clave na xogada chave do partido parando un man a man a MC e lanzando unha contra que rematou co único gol do partido.

Na segunda foi un partido con alternativas, no que o Camariñas tivo as melloras ocasións, pero o Baio mantíñase firme e serio, pero non puido empatar.

Dumbría B - Muros (3-3)

  • DUMBRÍA B: Anxo, José Manuel, Samuel, David Carreira, Miguel Poyo, Esteban, Toja (Pablo Lestón, min.75), Rodrigo, Yerai (Ivanete, min.70), Pereira (Alcaina, min.55), Alberto.
  • MUROS: Trozo, Marco Antonio, Teo, Mayuyo, Gael, Mingos (Casco, min.75), Iván Cerilla, Alberto, Sexo, Yanki (Javi Pelos, min.60), Aitor.
  • Goles: 0-1, min.40: Mayuyo de penalti; 1-1, min.48: Rodrigo; 1-2, min.55: Teo de cabeza; 1-3, min.70: Marco Antonio: 2-3, min.75: Rodrigo; 3-3, min.80: Alberto.

Partido bonito con alternativas, remontadas e un poudo de todo. Comezaba o Dumbría mellor e xa empataban pero o Muros púxose o mono de traballo e se adiantou. O Muros, que buscaba arriba balóns directos a Yanki, Aitor e Sexo, adiantouse cun penalto de Mayu, que xa leva 12 goles. Rodrigo empataba á volta do descanso para o Dumbría pero de contado o Muros se volvía adiantar cun tanto de Teo de cabeza e outro de Marco Antonio.

Intenaba xogar o Dumbría para remontar nos últimos 20 minutos, e foi quen de facelo con dous goles de Rodrigo e Alberto no treito final.

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

Comentarios