Xoves. 28.03.2024
El tiempo

2ª Autonómica: Igualdade total e cambio de líder

2ª Autonómica: Igualdade total e cambio de líder
O Sofán deixouse o liderato en Lombáns ante o Carnota-Foto-Jorge Parri Crónica da 2ª patrocinada pola Estación de Servizo Bazarra

6 puntos separan só aos 8 primeiros clasficados da táboa desta 2ª que vía como cambia o liderato. Agora é a Esteirana a que ocupa o 1º posto da clasificación, tras vencer rotundamente no Cubaleiro, e aproveitarse da derrota do Sofán en Carnota. Un Carnota que se pon 4º, a tan só 3 do liderato, e a 1 do Cee, que sen facer un gran fútbol, está xa aí arriba.

Completan a apretada zona noble o Baio, que sufría para doblegar a un rudo Buño; o Zas, que está nun gran momento e superou a un irregular Castriz; o Volantes, que vencía pola mínima e con moitos apuros ao Mazaricos; e o Corme. Un Corme que segue tendo moitas baixas, e malia pasar un mal momento está a só 2 partidos do liderato.

Por abaixo, o Cabana, coa súa segunda vitoria consecutiva xa colle ao grupo da zona perigosa, con Outes, Corcubión, Mazaricos, Buño, Castriz e San Lorenzo, e o propio Muros, que queda a tan só 2 puntos do descenso, que marca o propio cadro cabanés. Pecha a táboa un Dumbría B que nota a melloría pero que aínda necesita máis gol.

Carnota - Sofán (3-0)

Carnota-Sofan-Foto- Jorge Parri
  • CARNOTA: Luis de la Peña, Manolo Chouza, Pedro, David Brea, Loló (Urko, min.80), Rodrigo, Pumuky, Nakata (Boni, min.77), Pablo Beiro (Miki, min.88), Jacobo, Bernardo (Tono da Caixa, min.51).
  • SOFÁN: Bugy, Ivan Rey, Diego (Marcos Pensado, min.75), Lista, Juanjo (Gustavo, min.80), Eloy Boedo (Jacobo, min.65), Michel, Eloy Cabeza, Edy (Santi, min.68), Pikas e Abel..
  • Goles: 1-0, min.25: Juanjo en propia meta nun balón colgado de Nakata; 2-0, min.75: Rodrigo cun trallazo pola escuadra; 3-0, min.90: Lista en propia meta tras un rebote.
  • Expulsións: os sofantistas Jacobo (min.76), e os delegado, Manuel Varela e entrenador, Pablo Mallón.

Sacou do liderato o Carnota a unha SD que non foi o que amosa a táboa polo menos durante o primeiro tempo. Os de Cambeiro, xa 4º, e como gran sorpresa da campaña, souberon maniatar o ataque sofanista e tivo media hota de control total. Jacobo Sande era de novo a referencia atacante dos locais, que cando non poden contar con Joselu ou Casti, tiran da polivalencia do ceense para buscar perigo por arriba.

Juanjo marcaba en propia meta, que permitía que os locais replegasen filas e xogasen como máis lle gusta. Antes do descanso reaccionaba o Sofán, pero Luís De la Peña, ex sofanista, desbaratou as boas ocasións de Edy e sobre todo, un remate de Abel case na liña de gol.

Comezaba a segunda metade cun Sofán a por todas, pedindo ademais un par de penaltis por mans e por un derribo de Pikas. Nin Abel nin Edu estiveron acertados e a calidade de Rodri sentenciou o partido ao empalmar unha contra por toda a escuadra de Buguy. A mala sorte cebouse cos visitantes, que sufrían 3 expulsións e o segundo gol en contra da tarde.

Carnota-Sofan- Foto- Jorge Parri

Cee - Dumbría B (2-1)

  • CEE: Parroto, Nico, Jorge, Rafa, Dani Freire, Fermín (Mario, min.67), Angeliño, Fer, Poyo (Chiru, min.87), Penedo (Rubén Yaya, min.75), Llanero (Fiuza, min.89).
  • DUMBRÍA B: Sergio, José (Fernando, min.85), Samuel, Carreira (Alex, min.79), Martin, Pedrosa, Riki (Pereira, min.58), Josiño, Cacho, Jesús (Toja, min.66), Rodri (Vicente, min.72).
  • Goles: 1-0, min.20: Angeliño tras un gran pase de Llanero.

Mal partido o vivido no San Pedro de Refoxos no que un solitario gol de Angeliño foi suficiente para doblegar a un Dumbría B,mellor defensivamente pero con carencias arriba. E iso que a presencia dos Cachou e Jesús fixo que os de Angel Canosa tiveran o empate preto, pero Parroto estivo moi ben.

Comezaba o partido co mando local, que tiña boas ocasións por medio de Poyo que mandaba altas un par de boas voleas. Angeliño aproveitaba un pase tremendo de Llanero e anotaba o que sería o gol da vitoria. Riki e Jesús fixeron que se lucira Parroto e Dani Freire avisaba de cabeza.

Na segunda parte o choque estivo máis aberto, con ocasións nun lado e noutro. As mellores, para Anegliño no bando local e para Cacho nos visitantes, que non puideron empatar.

San Lorenzo - Montelouro (4-1)

San Lorenzo-Montelouro-Foto- Edu Olveira
  • SAN LORENZO: Sergio, Quillo, Adrián (Canteiro, min.77), David, Anxo, Javi Pensado, Cachizo (Miguel Varela, min.75), Chucho (Peque, min.55), Eloy (Jorge Pichel, min.70), Fuentefría, Carlos.
  • MONTELOURO: Isma, Pedro de García, César, Chema, Pablo, Fernando, Edu, Denís, Raúl (Jose, min.80), Pepiño (Adrián, min.60), Geiko.
  • Goles: 0-1, min.10: Pepiño; 1-1, min.15: Carlos; 2-1, min.22: Chucho; 3-1, min.55: Carlos; 4-1, min.75: Carlos.

Aproveitou o San Lorenzo a mala racha do Montelouro e mellorou a súa situación. Os de Gueli foron superiores pero o choque non foi fácil. De feito Pepiño puña por diante aos visitantes, e os carballeses tiveron que remar. pero en apenas 10 minutos xa deran a volta ao marcador cos tantos de Carlos e Chucho.

Na segunda, o San Lorenzo aproveitou os espazos cedidos polos loureáns e a velocidade de Carlos foi determinante, anotándose un hattrick.

San Lorenzo-Montelouro-Foto- Edu Olveira

Castriz - Zas (1-3)

  • CASTRIZ: Adrián, Rubén, Pejo, Pepe, Álex, David Pose, Víctor, Martín (Javi, min.70), Sebas, Roberto, Luís.
  • ZAS: Elías, César, Óliver, Víctor, Pereiro, Peke, Lagoa, Rubio, Jaime (Pablo, min.38), Pastor (Mancebo, min.70), Pichín.
  • Goles: 0-1, min.50: Pastor a porta baleira; 1-1, min.52: Álex de cabeza; 1-2, min.75: Rubio; 1-3, min.85: Mancebo.

Gran partido do Zas ante este irregular Castriz, capaz do mellor e do non tan no. Os zaense controlaron a primeira metade, na que non houbo demasiadas ocasións. Os goles chegaban á volta dos vestiarios, con gol inicial de Pastor e empate por medio de Alex. Pero aí reaccionou mellor o Zas, que por medio de Rubio e Mancebo sentenciaban, á contra, o partido, cando mellor estaba o Castriz, que apretaba, e moito, con balóns aéreos, enviando mesmo un par de balóns ao pao.

Volantes - Mazaricos (1-0)

Volantes-Mazaricos-Foto- Gonzalo Sestayo
  • VOLANTES: Iago, Javier, Nimo, Juan, Javi de Baño, Varo, Mingos, Jaro (David, min.85), Pardelo (Benja, min.70), Seluco e Ivi.
  • MAZARICOS: Juan (Pejo, min.46), Martín (Chico, min.80), Matías, Tubi, Casais, Ramón, Ricardo, Marcos (José Ángel Xuv, min.70), José Ángel, Aldo, Molinos.
  • Gol: 1-0, min.5: Mingos.
  • Expulsión: o adestrador mazaricán.
Volantes-Mazaricos- Foto- Jorge Parri

Partido moi igualado, de moita loita, sen un dominador claro, no que ninguén daba 3 pases seguidos, e no que tanto Volantes como Mazaricos buscaban máis as xogadas individuais. Por bando local, Seluco foi o máis activo, pero só puido probar a Juan e a Pejo dende lonxe. O gol inicial de Mingos foi clave, nun balón colgado que empurrou o vento e ao que non chegou Juan.

Na segunda, o Mazaricos apretou algo máis e tivo ocasións para igualar, pero nin Aldo nin Molinos nin José Ángel estiveron acertados. Tamén mandou Matías ao pao para un Mazaricos que protestou a actuación arbitral, como un posible penalti por mans, e varias xogadas merecedoras de cartóns cortando contras dos locais. Así, os 3 puntos quedaron en Miraflores.

Volantes-Mazaricos-Foto- Sara Ramos

Buño - Baio (0-1)

  • BUÑO: Brais, Casáis, Ángel, Secundino, Diego (Gurita, min.70), Emilio, Jorge Calvete, Mauri, Dourado (Miguel, min.46), Gustavo (Juan, min.46), Víctor.
  • BAIO: Anxo, José Antonio (Rubio, min.36), Pablo (Eloy, min.78), Mario, Moncho, Norberto (Fredi, min.17), Iago, Chucho, MC, Alberto (Jorge, min.63), Martín.
  • Gol: 0-1, min.10: Martín tras un erro da defensa local.
  • Expulsión: o baiés Chucho (min.83).

De novo un gol do veterano Martín deixa que o Baio se manteña a tiro de pedra do grupo de arriba. O Buño non permitiu florituras e apretou todo o que puido e o empate estivo moi preto, sobre todo na segunda metade cunha acción de Gurita que tivo a mellor ocasión do partido. I é que non houbo moitas oportunidades de gol, e o Baio demostrou maior eficacia.

Outes - Corme (2-2)

  • OUTES: Peipo, Martín, Damián (Quin, min.62), Chúa (Lago, min.90), Borja, Saúl, Lass, Poke, Deivi, Iago Dosil (Elías, min.66), Pesco (Potro, min.75)
  • CORME: Susiño, Adolfo (Fran, min.70), Diego, Jesús, Pandi, Manu, Brais, Adrián Doldán (Brais Torrado, min.78), Juan Chans, Lucas, Juanma (Chino, min.85).
  • Goles: 1-0, min.5: Chúa; 1-1, min.25: Juan Chans; 2-1, min.30: Pesco, de penalti; 2-2, min.43: Juan Chans.
  • Expulsión: o cormelán Diego á media hora.
  • Lesión: Chúa nun ombreiro.

Bo partido no Conchido marcado pola expulsión de Diego á media hora. Un cadro cormelán que chegaba aínda con moitas baixas importantes, e que non puido superar a un moi bo e aguerrido Outes, que mesmo puxo contras as cordas aos azulóns. A primeira metade foi un continuo toma e daca. O Outes se metía por diante pero o Corme respostaba a base de orgullo. Juan Chans anulaba o tanto de Chúa emais o de Pesco de penalti, nunha xogada protestada polos viistantes que ademais acababa con Diego nos vestiarios. Asi e todo, o propio Juan Chans asinaba o importantísimo gol do empate antes do descanso.

Na segunda o partido baixou en intensidade. O Corme non podía e o Outes tampouco quería arriscar. Moito control do balón, algunha que outra bonita xogada trenzada pero pouco perigo nas áreas, para deixar un empate que non lle sirve nin a un por abaixo, nin ao outro por arriba.

E toca enviar un saúdo á familia do Outes, e desexarlle a Tomé unha pronta recuperación.

Corcubión - Esteirana (0-4)

  • CORCUBIÓN: Crisitian, Paulo (Miguel, min.70), Senra, Lema, Conguito (Balucho, min.45), Edu, Sebas, David, Alan (Johnny, min.45), Lourido, Mario.
  • ESTEIRANA: Simon, Dani Rama, Suizo, Chispi, Maceiras, Pepiño (Roi, min.77), Pichu (Abel, min.50), Pablo (José Varela, min.60), Alex (Eloy, min.70), Kike, Roberto Pladur.
  • Goles: 0-1, min.10: Roberto Pladur; 0-2, min.25: Maxi; 0-3, min.44: Kike; 0-4, min.65: Roberto Pladur.

Inplacable a Esteiranano Cubaleiro cunha vitoria que o aúpa ao liderato trala derrota do Sofán en Carnota. Os esteiráns comezaron moi forte e ao descanso, con algo de fortuna, se colocaban con 0-3, cun terceiro gol psicolóxico. Os cambios de Manolín fixeron efecto pero o equipo non puido poñer en demasiados apuros a meta de Simón.

Cabana - Muros (2-1)

  • CABANA: Añón, Mata, Marcos, Eloy, Ismael, Adan, Sandro, Fariña, Ruben Rama, Fernando, Berti. Tamén: Manolo Cruceiro, José, Pablo e Varela.
  • MUROS: Fabio, Manu, Paqui (Pedro, min.70), Teo, Javi, Dani, Juanito (Adrián, min.70), Gelo, David (Pulpo, min.70), Saul, Sexo.
  • Goles: 1-0, min.55: Berti; 1-1, min.70: Teo; 2-1, min.89: Diego Varela.

Un gol a falta de 1 minuto para o final, cando todo indicaba que quedaría en empate. O Cabana acada así a súa segunda vitoria consecutiva, e segunda da tempada, e colle ao grupo da zona baixa.

Foi un choque moi igualado, con moita brega, e pouco xogo combinativo. A primeira metade acabou sen goles. Berti adiantou aos locais ao comezo do segundo tempo pero Teo puña a igualdade que se vía no campo. Só foi no min.89 cando Diego Varela cazaba un balón alto para poñer o 2-1 definitivo.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos deportivos

Fonte

Comentarios