Mércores. 30.11.2022
El tiempo

2ª Autonómica: O Camariñas suma un set

2ª Autonómica: O Camariñas suma un set

O 6-0 do Camariñas ao Dumbría B deixa claro que os de Manolín este curso van moi en serio. Os de Ferrío non estiveron pfinos e a potencia dos de Manolín sacounos do campo. Con esta vitoria o Camariñas ponse de líder aproveitando o empate do Club do Mar ante un Malpica que sacou un importante punto de Paiosaco.
É agora o Muros o 3º clasificado, pasando ao Dumbría B. Os de Sil chegan sen demasiados alardes pero cun paso máis firme que outros anos nos que deslumbraba tanto polo seu fútbol como pola súa irregularidade.

Por abaixo houbo compromisos importantes. O Pindo segue sen sumar, e o Corcubión sufría unha dura derrota ante un San Lorenzo que lle saca 4 puntos. O Nantón non sacaba na positivo do partido ante o Buño, mentres que o Mazaricos aproveitou que o Castriz, na casa, non é mesmo.

Baio - Zas (2-3)

  • Baio: Manuel, Iván (Iago, min.80), José Antonio, Matías, Fermín, Eloy, Pirucho (Mario, min.60), Martín, MC, Javi Suárez, Canai.
  • Zas: Elías, Pereiro, Lagoa, Mancebo, Óliver, Peke, Pablo (Dani, min.80), Jaime, (Martín, min.65) Juan, Pichín (Roly, min.70), Víctor (Rafa, min.85)
  • Goles: 0-1, min.5: Juan; 0-2, min.20: Lagoa; 0-3, min.35: Jaime; 1-3, min.48: Javi Suárez, de penalti; 2-3, min.65: MC.
  • Expulsións: os xogadores baieses José Antonio (min.15) e MC (min.75); e o zaense Pereiro (min.55).

Partido máis que estrano o vivido no derbi zaense. Empezou o Baio moi confiado e de contado os visitantes endosaban un 0-3 que descolocaba aos baieses. Xa con 10 dende o minuto 15, o Baio non entregou o partido e saíu na segunda metade arrollando aos de Zas. Javi Suárez, ex do Zas, recurtaba de penalti nada máis voltar dos vestiarios. E MC facía presaxiar a remontada co 2-3. Pero a súa expulsión foi demasiado para o Baio, que con 9 seguiuno intentando asinar o empate, pero sen sorte.

Camariñas - Dumbría B (6-0)

  • Camariñas: Pombo (Pablo, min.75), Carlos, Breo, Maikel, Ogando (Nico, min.65), De la Sierra (Paco, min.65), Moriño (Doyle, min.75), Brais, Javi (Adrián Negro, min.60), Juan oBello, Leo.
  • Dumbría B: Sergio, Samuel, Sergio Cives, David Carreira, Ramiro, Riki (Ivanete, min.60), Fernando, Esteban de Baíñas, José Manuel, Pablo Lestón (Álex, min.70), Alberto.
  • Goles: 1-0, min.16: Leo; 2-0, min.28: Javi; 3-0, min.33: Javi; 4-0, min.48: Leo; 5-0, min.53: Javi; 6-0, min.70: Brais.

Partido tonto do Dumbría B, e ante o Camariñas non se pode un permitir estes luxos. Xa aos 15 minuntos Leo adiantaba aos locais e no minuto 35 o partido estaba sentenciado con dous tantos máis de Javi. Brais, no extremo dereito, foi clave e fixo moito dano aos dumbrieses.
A segunda metade foi un trámite nos que os dumbrieses non souberon reaccionar ante a avalancha camariñá.

Club do Mar - Malpica (1-1)

  • Club do Mar: Iago Dans, Rubén (Fran Borrazás, min.70), Álex, Repi, Corral (Carlos, min.85), Juan Lareo, Jacobo, Santi Silva, Manuel (José Lareo, min.80, Vituco, Bertín.
  • Malpica: Suso; Cheo, Charly, Víctor, Iago, Alfredo (Casais, min.75), Neucha, (Eme, min.88), Daniel (Charro, min. 62), Pablo (Marco, min.91), Andrés, Nando.
  • Goles: 1-0, min.20: Vituco de cabeza a unha falta lateral botada por Repi; 1-1, min.30: Pablo, de penalti.

Gran partido entre dous aspirantes ao título, con moita entrega, polémica, goles... un pouco de todo. Foi o cadro caionés quen levou o peso do choque, e quen tivo as mellores ocasións de gol, pero o Malpica, moi seguro atrás, non se amilanou en ningún momento.

Vituco puña por diante aos locais cun fermoso cabezazo, pero 10 minutos despois unha man de Pablo Corral supuña un penalti que non perdoaba Pablo, e iso que os locais protestaron que a xogada viña precedida dun fóra de xogo.

A segunda metade continuo co mesmo guión: O Club do Mar máis arriba e o Malpica aguantando as embestidas, pero sen conseguir batir a Suso.

Sofán - Esteirana (3-1)

  • Sofán: Luis de la Peña, Juanjo, Adrián, Miniño, Juan, Pensado (Diego, min.88), Jacobo (Manuel Varela, min.70), Suso Docampo, Berti (Pikas, min.65), Iván (Edu, min.60), Abel.
  • Esteirana: Ramón, José Varela, Maxi, Dani Rama, Chispi, Picholeiro, Andel (Álex, min.46), Simón, Uru, Iago (Adrián, min.46), Adelino.
  • Goles: 1-0, min.30: Abel a centro de Iván; 1-1, min.43: Simón de fermosa falta directa; 2-1, min.45: Miniño; 3-1, min.65: Berti.

Parece que o Sofán segue a liña ascendente e así o demostrou ante unha Esteirana que chegaba tras un fantástico comezo de tempada sobre todo fóra da casa. Pero onte non estaba a mellor Esteirana e o Sofán avisa de que vai ir cara arriba.

A recuperación de Abel na dianteira é fundamental para os sofanistas, e onte o demostrou marcando o primeiro tanto. Pero Simón empataba ao fío do descanso, unha alegría que apenas duraba uns segundos pois xusto no 45, antes do pitido para ir aos vestiarios, Miniño marcaba de cabeza nun saque de esquina, no gol clave do partido. A Esteirana intentouna no segundo, pero en fronte estaba un serio Sofán que non tivo nin unha soa fisura e sentenciou o choque por medio de Bertín.

Corcubión - San Lorenzo (1-2)

  • Corcubión: Cristian, Balucho (Papi min 40), Jose Maria, Conguito, Jose, Sergio, Alán, Edu (Paulo min 88), Alberto (Sebas min 45), Mario, Lourido
  • San Lorenzo: Recarey, Dubra (Chucho, min.80), Anxo, Canteiro, Adrián, Cachizo, Fuentefría, Chechu, Javi Pensado (Eloy, min.74), Miguel Varela, Bartolo.
  • Goles: 0-1, min.15: Bartolo; 1-1, min.65: Mario; 1-2, min.85: Cachizo.

Bo resultado do San Lorenzo que na primeira metado supo controlar o medio campo cun bo futbol ante un rival directo e malo para o Corcubión que aínda non sabe o que e gañar nesta volta á Segunda Autonómica tralo ascenso.

Encontro importante entre dous dos equipos na zona baixa, que rematou cunha vitoria in extremis dos de Chema Eirís que deixan aos de Manín en situación moi perigosa. Os corcubioneses xogaron como nunca e perderon coma sempre, e deixaron escapar vivos aos de Verdillo. Comezaba mellor o Corcubión pero Bartolo facía o 0-1 aos 15 minutos con algo de sorte tras un tiro que rozou en Sergio Manín e colouse na meta de Cristian. Foi se cadra máis arriba o cadro local, pero non foi quen de empatar ata o min.65 por medio de Mario.

Cando ambos conxuntos case que se conformaban co empate, Cachizo asinaba o 1-2, vital para os visitantes. E xa co tempo cumplido, Senra, facendo a de Alexanco subía e marraba un balón coa portería baleira.

Corme - Fisterra (1-2)

  • Corme: Susiño, Adolfo, Alejandro, Jesús, Abel, Diego (Gonzalo, min.60), Martín, Adrián Doldán, Iago, Lucas, Alejo.
  • Fisterra: David Perlón, Juan de Elvira, Roberto, Nico, Santi (Cote, min.55), Piti, Tata (Munitis, min.70), Roco, Dudo (Bruno, min.85), Mané (Rivas, min.65), Marco do Cabo (Guardiola, min.75).
  • Goles: 1-0, min.30: Alejo; 1-1, min.50: Marco do Cabo; 1-2, min.65: Juan de Elvira.

Conseguiu o Fisterra, con moitas baixas, vencer no Cairo. E iso que o Corme, en bo estado de forma nas últimas semanas, comezaba mandando e mesmo adiantándose no marcador por medio de Alejo.

Pero un Fisterra máis aguerrido e empregado foise arriba. Saíron a por todas os de Juan Jesús á volta do descanso e de contado Marco do Cabo facía o empate ao aproveitar un balón que quedou solto no borde da área. Non pasaron 15 minutos para que Juan de Elvira aproveitara con picardía un rexeite para facer o 1-2. Aí reaccionou o Corme, pero non lle foi suficiente para empatar, completando unha mala semana para a familia cormelá que caeron en case todas as categorías.

O Pindo - Muros (0-3)

  • O Pindo: Diego Garrido, Juan de Fisterra, Álex, Herminio, Manolito (Hipólito, min.80), Eloy (Diego de Ameixenda, min.65), Carlos Leis, Diego León (Jose da Maroca, min.70), Pablo (Julián, min.50), Bicho, Carlos (Vicente, min.20).
  • Muros: Lupi, Teo, Mayuyo, Gael, Alberto (Jesús, min.80), Mingos (Marco Antonio, min.70), Gelo, Dani Corniños, Maxi (Iván Cerilla, min.46), Sexo, Yanky (Óscar de Maema, min.80).
  • Goles: 0-1, min.70: Mayuyo; 0-2, min.80: Dani Corniños a pase de Alberto; 0-3, min.90: Gael remata unha falta de Mayuyo.

Segue en proceso de mellora o Pindo malia non sumar un só punto ata hoxe. Desta volta aguantou case que 70 minutos, nos que non se viu a diferencia que hai na clasificación. Tivo que aparecer Mayuyo, dos máximos goleados muradáns esta tempada, para romper a igualada. Foi aí cando os xogadores do Pindo baixaron os brazos e Dani Corniños e Gael asinaron a sentencia.

Castriz - Mazaricos (1-2)

  • Castriz: Herrera, Sergio Pose, Prego (Michi, min.60), Alejandro, Alberto (Dani, min.75), Martín, Mauri (Toniño, min.70), Iván, Pablo, Sebas, Toño.
  • Mazaricos: Pejo, Casáis, Matías, Chico, Marcos, Rodrigo, Brais (Ramón, min.55), Estéfano (Tucho, min.86), Cristian (Pereiro, min.55), Rafa, Kevin.
  • Goles: 0-1, min.15: Kevin; 1-1, min.55: Alejandro dende lonxe; 1-2, min.80: Matías de cabeza a un córner.

Grandísima vitoria do Mazaricos en San Pedro, ante un Castriz que non acaba de mellorar na casa. Malia controlar o tempo do partido, non tiveron boas ocasións os xalleiros. Kevin facía o 0-1 aos 15 minutos, e o Mazaricos replegaba filas para manter a renda. O empate chegou tralo descanso, pero Matías facía o 1-2 faltando 10 minutos. Foi aí cando máis apretou o cadro local, embotellando aos de Periscal con balóns colgados, pero a defensa amarela e Pejo amosáronse moi seguros.

Buño - Nantón (1-0)

  • Buño: Toni, Brais San Luis, Diego, David (Alfredo, min.10), Óscar, Jorge Calvete, Dani Calvete (Elías, min.5), Ismael, Dourado, Juan (Rubén, min.75), Víctor.
  • Nantón: Martín, David de Lareo, Félix, Sito, Cristian, Carlos Vidal, Rubén, Manolo do Cruceiro, Martín, Luís.
  • Gol: 1-0, min.25: Elías.

Partido apretado con incertidume ata o final neste partido clave da zona baixa. Os malpicáns puideron sentenciar por mediod e Víctor, pero acabaron pedindo a hora ante o acoso do Nantón no segundo tempo. De feito, Luís viu como lle anulaban un tanto que parecía legal e ademais os cabaneses tiveron varios remates en xogadas a balón parado, que foron as máis perigosas e que a piques estiveron de significar o empate.

Máis información

Crónicas da semana

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

comentarios