2ª Autonómica: O Fisterra cólase arriba
09:30 27/02/12
Xornada de tropezos esta 24 na zona alta da Liga da Costa. Ou máis ben de choques directos, nos que os de arriba non demostraron o seu poderío, dando conta da igualdade de forzas na segunda metade da liga. A xornada comezaba o sábado en Ara Solis, cun Fisterra-Camariñas en todo o alto que deixou os 3 puntos, xustamente, para os locais. E o domingo, o Club do Mar podería terse distanciado pero non puido cun Corme que mesmo mereceu algo máis na Porta Queimada.
Preto dos, xa, 3 de arriba, temos ao Malpica, que chega con moita forza tras superar a un forte sofán. O Corme mantense 5º a 3 puntos dos malpicáns mentres parece que o Baio sofre as baixas e recúa.
A xornada foi intensa na zona baixa, na que o San Lorenzo foi o único que sumou os 3 puntos. Zas e Corcubión empataron, igual que Buño e Mazaricos. O Castriz caía en Muros e a sorpresa a daba O Pindo en Dumbría B, sumando a súa 2ª vitoria da tempada.
Asemblea de clubes
A Xunta Directiva da Asociación Deportiva e Cultural de Clubs de fútbol Federados da Costa da Morte, acordou convocar a Asemblea Xeral Ordinaria para o vindeiro martes día 28 de febreiro de 2012, en primeira convocatoria ás 20:30 horas e en segunda ás 21:00 horas, non Auditorio do Pavillón de Baio.
Fisterra - Camariñas (4-1)
- FISTERRA: Joselu, Piti, Pana, Gustavo, Manuel Cartamil, Santi, Roco (Insua, min.86), Roa (Rivas, min.79), Guardiola (Eddy, min.70), Dudo (Marco do Cabo, min.83) e Mané (Juan de Elvira, min.62).
- CAMARIÑAS: Pombo, Manuel, Carlos, Diango, Maikel, Paco, Moriño (Gatuso, min.80), Brais, Adrián Negro (Yuyo, min.61), Javi (Nené, min.88) e Juan oBello.
- Goles: 1-0, min.33: Mané; 2-0, min.40: Dudo; 3-0, min.42: Mané; 3-1, min.69: Yuyo; 4-1, min.72: Dudo.
Club do Mar - Corme (1-1)
- CLUB DO MAR: Gonzao, Luís, Rubén, Alex (Chori, min.75), Repi, Jonhie, Fran Borrazás (Jacobo, min.46), Chapu (Santi Silva (min.46), Bertín (Brais, min.80), Vituco.
- CORME: Susiño, Adolfo, Diego (Abel, min.60), Jesús, Pandi, Juan, Adri (Chino, min.85), Alejandro, Lucas, Alejo (Dani, min.75), Iago.
- Goles: 0-1, min.18: Alejo rematando unha xogada por banda; 1-1, min.55: Vituco de penalti.
Esteirana - Baio (3-2)
- ESTEIRANA: Benancio, Simón, Suizo (Maxi, min.85), Dani Rama, Adelino, Pichu (Uru, min.50), Andel, Alex, Eloy (Adrián, min.55), Iago (Cajulo, min.46), Roberto Pladur.
- BAIO: Manuel (Poyo, min.15), Fredi (Fermín, min.70), Iván (Fachal, min.55), Matías, Ramón, Mario, Martín, Eloy, Canai, Javi Suárez, MC.
- Goles: 1-0, min.5: Roberto Pladur; 2-0, min.10: Roberto Pladur; 2-1, min.55: MC; 3-1, min.70: Roberto Pladur; 3-2, min.84: Fermín.
- Lesión: o meta baiés Manuel.
Dumbría B - O Pindo (2-3)
- DUMBRÍA B: Sergio, Samuel, David Carreira, Yerai (José Carreira, min.25), José Manuel (Tati, min.70), Jesús, Capi, Estban, Rodrigo (Ivanete, min.60), Alberto e Pablo Lestón.
- O PINDO: Bicho, Javi Conexo (Diego, min.50), Alex, Juan de Dios, Juan Fis, Manolito, Lolo, Eloy, Carlos Leis, Diego Riolo (Garrido, min.90), Pablo.
- Goles: 0-1, min.10: Carlos Leis; 1-1, min.25: David Carreira; 2-1, min.82: Alberto; 2-2, min.85: Diego Riolo; 3-2, min.90: Diego Riolo.
Zas - Corcubión (2-2)
- ZAS: Damián, Pereiro, Dani,Oli, Ramón (Quintáns, min.85), Rubio, Mancebo, Jaime, Lagoa, Peque (Pastor, min.60), Pablo Muíño.
- CORCUBIÓN: Cristian, Conguito, José de Atalaya, José María, Papi, Lema, Alán, Sebas, Edu, Lourido, Mario (Paulo, min.60) (Antonio, min.80).
- Goles: 1-0, min.15: Rubio; 1-1, min.30: Sebas; 1-2, min.70: Lourido; 2-2, min.80: Lagoa de penalti.
Muros - Castriz (3-2)
- MUROS: Trozo; Dani, Marco Antonio, Gael, Gelo, Sexo, Mingos (Teo, min.60), Jesús (Mayu, min.65), Aitor, Oscar (Alberto, min.75), Yanki (Adrián, min.80).
- CASTRIZ: Herrera, Iván, Alex, Toniño, Sergio Pose (Sergio Gerpe, min.80), Toño, Mauri, Martín (Rubén, min.60), Jonhie, Pablo (Alberto, min.75), Sebas.
- Goles: 1-0, min.10: Yanki; 1-1, min.25: Mauri; 1-2, min.60: Mauri; 2-2, min.80: Óscar; 3-2, min.85: Aitor.
San Lorenzo - Nantón (3-1)
- SAN LORENZO: Recarey, Puñal, Anxo, Quillo, Santi (Casillero, min.55), Adrián, Fuentefría, Cachizo, Jorge Pichel (Miguel, min.70), Carliños (Canteirio, min.85), Chucho.
- NANTÓN: Ernesto, David Lareo, Eloy (Carlos Santos, min.75), Felix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Cristian, Iván Rubén, min.65), Manolo, Martín.
- Goles: 1-0, min.20: Carliños; 1-1, min.44: Martín tras un centro de Iván; 2-1, min.60: Cachizo de rexeite tras unha parada a un tiro de Carliños; 3-1, min.75: Puñal de volea pola escuadra tras unha xogada ensaiada.
Mazaricos - Buño (0-0)
- MAZARICOS: Juan, Casais (Marco, min.46), Matías, Tuco, Bubi, Ramón (Chico, min.80), Cristian (Aldo, min.55), Rodri, Estéfano (Esteban, min.55), Kevin, Brais
- BUÑO: Toni, Ángel, Diego, Brais, Jorge, Luís, Ismael, Dourado (Emilio, min.70), Miguel, Juan, Víctor.
Malpica - Sofán (4-2)
- MALPICA: Suso; Avelino, Víctor, Andrés, Marco, Rancaño, Neucha, (M. Pardo, min.77), Cheo (Iago, min.83), Pablo, (Marcos Amado, min.62), Tato, Charro, (Daniel, min.71).
- SOFÁN: Richard (Luis de la Peña, min.46), Adrián, Diego (Juanjo, min.62) Miniño, Juan Rabuñal, Alberto Pensado, Gurita (Jacobo, min.46), Suso Docampo, Berti (Víctor Docampo, min.60), Iván Rey, Abel (Edu, min.46).
- Goles: 1-0, min.18: Cheo de centrochut que entra pola escuadra; 2-0, min.26: Neucha de volea tras un rexeite; 3-0, min.56: Neucha asina un golazo de falta; 3-1, min.61: Víctor remata un centro de Suso; 4-1, min.62: centro de Cheo que mete Adrian en propia porta. 4-2, min.67: Suso aproveita un erro na defensa local para bater o porteiro malpican.
Máis información
Crónicas da semana
- Preferente: O Santa Comba resurxe a base de derbis.
- 1ª Autonómica: Nova xornada de derrotas.
- Resultados da última fin de semana de febreiro no fútbol da Costa.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido con José Carlos e Piña.
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora a blog do Malpica de Luís. E. Porto, e o SD Sofán.