2ª Autonómica: O Nantón vese en 3ª cunha Costa rebentada
"A xente estaba rebentada". Así nos collían onte o teléfono numerosos equipos trala semana maratoniana, con partidos sábado, domingo, martes, sábado e domingo. "Nin que foramos da Champions" bromeaba algún, como o propio Manuel Varela que se pregunta se xa somos profesionais no #futboldacosta.
Un claro exemplo do que estamos a vivir é O Pindo. Xa un equipo con moitos problemas de efectivos ao longo da xornada, esta fin de semana xogaba dous partidos, e as lesións e os compromisos persoais e profesionais provocaban que só se puidesen presentar con 8 no campo de Baio. Un exemplo de como a competición queda completamente desvirtuada con tanto partido.
Pero a falta de unha xornada as novas defitinitas van chegando. O Nantón pode dicir adeus á Liga da Costa. I é que trala súa segunda derrota seguida co Corme (trala eliminación da Copa por parte dos azulóns) os cabaneses quedan a 3 puntos do Zas, que empataba en Esteiro. Un empate que lle vale aos de Corredoira pois se ben o golaverage individual está empatada, a diferencia xeral de goles é de 20 entre uns e outros (-17 para os zaenses e -37 polos cabaneses).
Ademais hai varios detalles máis en xogo, como a loita polo pichichi que esta xornada viviu un novo episodio, precisamente marcado por unha competición desvirtuada. I é que se ben Vituco xa pasara a Leo e se perfilaba como pichichi, Javi Suárez meteu 7 goles a un O Pindo con 7 homes en menos de unha hora, e se coloca empatado con 29 tantos.
E outro asunto salientable é a xeira de arbitraxes que está sufrindo a Esteirana. Unha Esteirana que mesmo non lle pagou aos colexiados porque enviaron, de novo e malia protesta a través da Asociación de Clubes, liñas. Así, o cadro muradán que volvía sufrir unha expulsión pola chulería arbitral, vai acodir á protestar á reunión de hoxe en Baio e vai denunciar ademais que o colexiado da Copa da semana pasada mediu na acta.
Corme - Nantón (2-0)
- CORME: Javi, Adolfo, Lelo (Chino, min.73), Abel (Gonzalo, min.82), Pandi, Brais, Diego (Jesús, min.60), Juan, Lucas, Iago (Adri, min.60), Alejo.
- NANTÓN: Bonano, David Lareo, Eloy (Carlos Santos, min.70), Felix, Diego, Carlos Vidal, Martín, Rubén, Luís, Manolo, Iván.
- Goles: 1-0, min.25: Juan Chans á revolta; 2-0, min.50: Juan Chans.
Sen a intensidade que soe ter un equipo ao fío do descenso se presentaba un Nantón que xa que chegaba tocado, pero que estaba completamente rebentado do esforzo copeiro. I é que os veteranos cabaneses non as tiñas todas consigo e xa comezaban con 10 porque varios xogadores non puideron chegar a tempo. Demasiados partidos fan imposible estar en todas partes.
O Corme levou o peso do partido, ante un Nantón que aguantou mentres duraron as forzas. Pero apenas inquedaron os visitantes a Javi, mentres que Juan destapouse con dous bonitos goles para deixarlle a tiro de pedra a 3ª praza aos azulóns.
Dumbría B - Buño (3-1)
- DUMBRÍA B: Anxo, Jose, Pablo Conde, David Carreira, José Manuel, Esteban (José Carreira, min.75), Fernando, Tantán (Samuel, min.80), Jesús, Josiño (Israel, min.70), Riki (Ivanete, min.55).
- BUÑO: Toni (Brais, min.46), Brais, Angel (Diego, min.46), Alfredo, Óscar, Jorge, David (Miguel, min.60), Miguel, Juan, Rubén, Richard (Elías, min.70).
- Goles: 1-0, min.20: Jesús; 1-1, min.30: Juan. 2-1, min.70: Tantán; 3-1, min.85: José Manuel.
- Expulsión: Alfredo no min.60.
Partido igualado no Conco entre dous equipos que non se xogan nada pero cun Buño que viña canso da Copa. E ata que duraron as forzas, o Buño aguantou pero a expulsión de Alfredo e o esforzo do venres fixo mella e nos 20 minutos marcaron os dous últimos goles que finiquitaban o partido tras unha igualada primira metade.
Esteirana - Zas (0-0)
- ESTEIRANA: Benito, Codesido, Meco, Suizo (Benancio, min.80), Dani Rama, Andel, Eloy (David, min.65), Uru, Alex, Cajulo, Bruno (Adrián, min.46).
- ZAS: Elías, Pereiro, Dani, Lagoa, Mancebo, Diego, Rubio, Jorge, Ismael (Amado, min.89), Jaime (Pichín, min.78), Peque (Quintáns, min.88)
- Expulsión: Cajulo por doble cartón (min.75) por exceso de celo do colexiado, ante unha pregunta, que non unha protesta, do xogador blaugrana.
Salvou practicamente o Zas a categoría, tras un encontro con demasiada ansiedade e nerviosismo. Foi así unpartido frouxo, con só un par de ocasións por bando pero sen demasiadas gañas de gañar. Ao Zas valíalle o empate coa derrota do Nantón en Corme e non arriscou.
Adrián e Alex tiveron ocasións para os locais, pero tamén na primeira o Zas puido poñerse por diante pero Benito estivo mellor que os Jaime (que fallou de cabeza), Rubio (que mandou fóra) e Peque.
Na segunda o Zas estirouse. Peque non chegou a un balón por milímetros e un tiro de Jorge. Así e todo, ao final case marcou Alex a porta baleira para tirar por terra todo o traballo dos zaenses.
Fisterra - Muros (3-1)
- FISTERRA: Joselu, Munitis, Roberto, Manuel Cartamil (Noé, min.80), Cote, Guardiola, Nico, Roco (Cristian, min.70), Marco Docabo, Rivas (Bruno, min.10), Dudo (Roa, min.65).
- Goles: 1-0, min.12: Bruno; 2-0, min.15: Bruno; 3-0, min.33: Marco Docabo; 3-1, min.80: Gelo.
- Lesión: o fisterrán Rivas e o muradán Yanki.
Bruno foi clave para o Fisterra que buscaba unha vitoria para seguir loitando pola 3ª praza. O Fisterrán, que entraba no minto 10 substituindo ao lesionado Rivas, en tan só 5 minutos anotaba 2 goles. Sentenciou aí un choque que se deixou levar sen demasiada tensión, e con poucos folgos pola Copa.
Malpica - San Lorenzo (5-2)
- MALPICA: Suso; David Álvarez, (Casais, min.59), Avelino, Iago, (Manu Pardo, min.46), Marco, Andrés, Neucha, Juny, (Martín Uruguaio, min.76), Charro, (Daniel, min.71), Tato, David Blanco.
- SAN LORENZO: Recarey; Santi, Marcos Bartolo, (Canteiro, min.63), Carlos, (Gabri, min.69), Adrián, Javi, Chucho, Cachizo, Bolón, Fuentefría, Eloy.
- Goles: 1-0, min.20: David Blanco a centro atrás de Charro; 1-1, min.30: Carlos a centro de Chucho; 2-1, min.38: Charro de penati sobre Juny; 2-2, min.42: Cachizo tras un saque de banda; 3-2, min.47: Neucha a centro de Charro; 4-2, min.68: Charro tras un saque longo de Suso; 5-2, min.75: Neucha con picardía.
Partido cunha primeira metade moi iguadala, con constantes alternativas no xogo e no marcador A eficacia do Malpica era contrastada pola boa estratexia dos de Trucho, que respondían a cada envite local.
Pero un gol á volta do descanso de Neucha e o cansanzo da Copa fixeron mella nos de Verdillo, que fallaron cun par de balóns ás costas da defensa que lle costaron o partido. Ademais, acabou con 10 o San Lorenzo por lesión, cun equipo con moitas baixas e xogadores en zonas non habituais. I é que un mes de partidos sábado e domingo é demasiado para un cadro como o carballés.
Club do Mar - Mazaricos (5-1)
- CLUB DO MAR: Gonzalo (Iago, min.46), Chori, Alex, Rubén (Pincho), Fran Borrazás, Jacobo (Luís Lareo), Jonnie, Juan Lareo, Manu (Bertín), Vituco, Santi Silva (Diego).
- MAZARICOS: Juan, Casais, Chico, Iván, Oreiro (Cristian, min.50), Rodri (Alex, min.75), Esteban, Estéfano, Molinos (Sandelo, min.50), Brais (Ferreiro, min.70), Aldo (José, min.85).
- Goles: 1-0: Vituco; 1-1: Molinos; 2-0: Manu; 3-0: Santi Silva; (descanso); 4-1: Santi Silva; 5-1: Vituco.
Dous días de probaturas o cadro caionés, pero así e todos os caioneses dominaron e buscaron non tiveron piedade do Mazaricos, sobre todo polas gañas de Vituco e de todo o equipo de facerse co pichichi.
A primeira foi igualada. Adiantou Vituco aos locais pero o Mazaricos reaccionou e mesmo fixo correr aos locais, empatou e a piques estivo de darlle a volta ao marcador, pero Chico e Aldo marraron ocasións para poñerse por diante.
De aí un par de balóns longos ás costas da defensa puxeron aos locais por diante con tantos de Manu e Santi Silva. Na segunda foi un paseo para os campións a Liga da Costa 2012-2013.
Sofán - Castriz (2-0)
- SOFÁN: Carlos, Juanjo, Meniño, Rabuñal, Gustavo (Adrián, min.55), Manolo Varela (Jacobo, min.70), Eloy, Berti, Suso, Edi (Iván, min.55), Abel.
- CASTRIZ: Herrera, Sergio Pose, Sergio Gerpe (Pablo, min.50), Alberto, Michi, Toño, Bruno, Jonnie (Toniño, min.65), Mauri (Toni, min.80), Pepe.
- Goles: 1-0, min.60: Suso Docampo de penalti cometido sobre el; 2-0, min.90: Meniño.
Partido cun Sofán ao ralentí pola Copa, que así todo xogou bastante ben, e cun Castriz ben aguerrido que aguantou máis dunha hora. De feito, o cadro xalleiro tivo as mellors ocasións para romper o 0-0 sobre todo aproveitando as segundas xogadas, pero tampouco é que os rosoneros estean no seu mellor momento, e ademais non se xogan nada.
Baio - O Pindo (8-1)*
- BAIO: Manuel, José Antonio (Ramón, min.46), Fredi, Pablo, Mario, Eloy, Andrés, Mastías, Alberto, Martín, Javi Suárez.
- O PINDO: Diego León, Garrido, Carlos Leis, Juan Fis, Hipólito, Pablo, Manolito, Bichiño.
- Goles: Javi Suárez (7) e Martín para os locais e Bichiño cun golazo para os carnotáns.
- Lesión: Diego León con problemas musculares que deixaba ao equipo con 6 homes sobre o campo e houbo que suspender no min.60.
Partido de circunstancias no Platas Reinoso cun Baio que se presentaba con 12 xogadores e un O Pindo que comezaba con 8 sobre o campo, ante os varios lesionados do sábado na Copa e os compromisos de varios xogadores, así como falta de compromiso de outros tantos.
O Baio quería loitar polo pichichi de Javi Suárez, e loitou, facendo que metese 7 goles en apenas unha hora.
Aos 10 minutos da segunda metade, a lesión Diego León (que estaba de porteiro...) fixo que os carnotáns quedasen con 6 xogadores sobre o terreo de xogo o que provocou a suspensión do partido.
Camariñas - Corcubión (3-2)
- CAMARIÑAS: Pombo, Alberto (Nico, min.46), Diango, Roi, Maikel, Paco, Moriño (Yuyo, min.25), Brais (Ismael, min.70), Carlos (Nené, min.60), Javi, Juan oBello.
- CORCUBIÓN: Andrés, Jose de Atalaya, Lema, Conguito, Papi, Gabri, Edu, Xabi (Abelleira, min.60), David de Muxía, Lourido, Lagoa.
- Goles: 1-0, min.39: Yuyo a pase de Brais; 2-0, min.44: Carlos: 3-0, min.55: Yuyo; 3-1, min.70: Lourido; 3-2, min.75: David de Muxía.
- Lesión: Moriño cun pinchazo.
Moitas baixas nos corcubioneses tralo esforzo da Copa (acabou o meta xuvenil Abelleira de xogador de campo), que prantaron moita cara ao Camariñas, completando unha fin de semana de gran xogo pero de sendas derrotas.
Comezou mandando o Camariñas, que se adiantaba ao fío do descanso con dous tantos de Yuyo e Carlos. Os corcubioneses se meteron o partido tras recibir o 3º, e a piques estiveron de darlle a volta do marcador cos cambios dos locais. Os de Nito protestaron dous posibles penaltis, e tiveron boas ocasións en sendas faltas de Edu e Alán, e cun chut de Lagoa que mandou ao longueiro.
Máis información
Crónicas da semana
- Preferente: A piques de respirar tranquilos.
- 1ª Autonómica: Deixándose levar.
- Copa da Costa: Desgaste e pouca ilusión.
- Resultados e crónica da xornada nas Ligas do #futboldacosta.
- Repaso á completa xornada sabatina no #futboldacosta.
Máis novas
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
- Alberto Pose: Alberto Pose: Dous ascensos decididos e moito por decidir e reflexionar.
- Un Mar de Paixón: Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora o blog do Malpica de Luís E. Porto.