2ª Autonomica: O Sofán ponse Lider

A 2ª Autonomica afrontaba unha xornada na que onte xa se disputaban 3 partidos adiantados, onde o Sofán sacaba unha importante victoria de Corcubión que o metía na cabeza da taboa. Na xornada de domingo caía o Outes e vencía o Sporting Zas que se mete 2º na taboa clasificatoria. Dos 7 primeiros gañaban todos menos o Outes que volvia a perder. O Cee, Corme e o Fisterra goleaban nos seus respectivos partidos, mentres o Buño gañaba pola minima. Mentras por abaixo o Corcubión e o Cabana seguen inversos no fondo da clasificación. Corcubion - Sofán (2-3)
  • Corcubión: Perlón - Trillo - Gabi - Senra - Xabi - Jesús - Edu - Lema - Mario - Sebas é Tito (Lucas Min.70).
  • Sofán: Lerma - Ivan Rey (Santiago Min.75) - Marcos Pensado - Marco - Gustavo - Jorge Calvete - Bertín - Martín - Raúl - Miguel Sande (Javier Souto Min.57) e Ivan Rojo (Jesús Docampo Min.73).
  • Goles: 1-0 Lema (Min.1) . 2-0 Mario (Min.9). 2-1 Ivan Rojo (Min.10). 2-2 Raúl (Min.11), 2-3 Raúl (Min.16).
O inicio de partido foi de esperpento. Sin apenas darse conta, e a pesar de xogar co vento a favor, a Sd tiña dous goles en contra. Pero mais extraña foi a reacción dos sofanistas, que en menos de 8 minutos marcaran 3 goles e Perlon sacara un remate de Rojo que xa se cantaba como gol nas gradas. O Corcubion, que se veia con clara ventaxa, non podia creer o marcador ó minuto 15. O vento foi o gran protagonista do choque. Co vento a favor a Sd levou o peso do partido, con un Corcubion moi peleon. No segundo tempo a situacion volveuse insostenible. Con luz artificial e un temporal espectacular, a Sd non foi quen de sair apenas do seu campo, defendendose con moito orden ante os acosos locais. Lerma estivo moi seguro, e os 11 homes arremangaronse para sacar o partido adiante. Os continuos corners no treito final coa subida do gardameta local ó remate incluida non foron quen de facerlle daño á Sd, que sabia da importancia dos puntos e superou todas as dificultades para traer un resultado favorable.
Buño - Mazaricos (1-0)
  • Buño: Juan B. - Angel M. - Ruben - Diego Rojo - Alfredo Dominguez -Daniel Calvete - Adrian Bardanca (Miguel Dourado Min. 75) - David Dourado (Martín Bazar Min.88) - Francisco L. Montes (Iago Espasandín Min. 85) - Elias Suarez é Francisco Borrazás.
  • Mazaricos: David Gerpe - Cerbán - Estefano - Moreira (Rodrigo Min.45) - Martín - Alvaro - David (Roberto Tuñas Min.72) -Esteban - Kevin - Mario é David Lado(Adrian Min.60).
  • Goles: 1-0 Elias Min.18.
Partido un tanto raro onde os dous tiveron ocasións para mover mais o marcador pero non foi asi, o Buño acertaba de cara a porteria marcando o primeiro e definitivo gol do partido, ainda que o Mazaricos no último suspiro estivo apiques de empatar o encontro e levarse algo positivo de él. Cabana - Fisterra (0 - 6)
  • Cabana: Sergio Fariña - Jose Rodriguez - Jose Marta (Ismael Pazos Min. 68) - Eloy - Ivan Pardiñas - Jose Quintela - Alessandro (Adam Min.82) - Fernando - Alberto - Jose Suarez  e Diego Varela (Eloy Pereira Min.55).
  • Fisterra: Joselu - Roberto (Borja Min. 65) -Manuel Cartamil (Daniel Marcote Min.61) - Sergio -Santi - Julio -Juan Canosa (Mario Iglesias Min.76) - Cristian (Roberto Canosa Min.71) -Aitor - Luis Lado e Bruno (Ruben Min.64).
  • Goles: 0-1 Roberto (Min.7). 0-2 Aitor (Min.21). 0-3 Bruno (Min.39). 0-4 Bruno (Min.40). 0-5 Mané (Min.47) e 0-6 Mané (Min.58).
Chegaba o fisterra a Cabana con idea de levarse os tres puntos e así non perder os postos de cabeza, a primeira parte sería unha autentica apisonadora donde pasaría por riba do Cabana sin contemplación, a segunda metade sería puro tramite pero inda así o Fisterra aumentaria a súa conta goleadora e marcharia para Fisterra con unha goleada para rematar o ano 2013. Zas - Castriz (4-2)
  • Zas: Anxo - Alejandro (Martin Vecino Min.57) - Alfredo - Oliver - Victor Vecino - Ivan Canedo - Juan Lagoa - Pablo Lestón (Adrian Min.58) - David Blanco (Samuel Min.73) - Martin Ferreiro e Ismael Gonzalez (Damian Min.77).
  • Castriz: Juan - Alberto - Marcos - David - Cesar (Yordi Min.86) -Ruben (Sergio Gerpe Min.85) - David Agra - Jose - Marcos (Fabio Cambón Min.65) - Alejandro - Chinda (Esteban Min.45).
  • Goles: 1-0 David Blanco Min.12. 2-0 David Blanco (Min.19). 2-1 Alberto (Min.41). 3-1 Martin (Min.44). 3-2 Alberto (Min.54). 4-2 David Blanco (Min.67).
O Zas queria marcar o seu territorio dende o comezo do partido e así o fixo, o pouco de comezar unha gran internada de David Blanco que o metia só diante do porteiro e non erraba a ocasión e mandaban o balón o fondo da rede, non a gusto con este gol o Zas seguia mandando no encontro e no 19 unha xogada moi parecida a anterior e practicamente cos mesmos protagonistas, tiña un final igual o anterior, balón o fondo da rede. O Castriz metiase no partido con un gran gol de Alberto pero pouco lle duraria a alegria xa que o Zas volveria a golpear no corazon do Castriz e meteria o terceiro na conta de goles. Terminaria a primeira metade con vantaxe clara do Zas. O Castriz crearía bastante peligro a balón parado e recortaria distancias no comezo da segunda metade, pero unha vez mais un David Blanco moi inspirado na tarde de hoxe poría a guinda do pastel e finiquitaria o encontro. Un Zas que acaba o ano como segundo clasificado pòr detras do Sofán a dous puntos de distancia. Corme - Carnota (7-2)
  • Corme: Jesús - Pandi (Manuel Min.60) - Dani - Sergio (Adrian Min.83) - Miguel (Chino Min.88) - Toniño (Antoniño Min.77) - Adolfo - Alex - Juan Chans e Lucas.
  • Carnota: Luis de la Peña - Ferreiro - Pedro - Tono (Manolo Chouza Min.68). Pablo Pchin - Manuel Luis (Urko Min.83) - Rodrigo - Nakata - Ivan Maceiras (Pumuky Min.65) - Pablo Beiro (Fernando Min.80) e Adrian.
  • Goles: 0-1 Manuel Luis (Min.24). 1-1 Jose Veiga (Min.41). 1-2 Ferreiro (Min 51). 2-2 Juan Chans (Min.55). 3-2 Lucas (Min.56). 4-2 Lucas (Min.72). 5-2 Jose Veiga (Min.76). 6-2 Lucas (Min.80) e 7-2 Lucas (Min.85).
Unha das mellores primeiras partes que realiza o Carnota en toda a tempada, unha primeira parte onde o marcador lles favorecia e donde estaban sendo un tanto superiores o Corme, acabaria esta metade co equipo moi enchufado no partido ainda que se irian cun empate no marcador. Comezaba a segunda metade e adiantabanse os homes de Cambeiro, pero a partir de aquí o Carnota desapareceria do encontro e chegaría o vendaval cormelan, que xogada tras xogada o balón terminaría no fondo da rede. O Corme despidese do ano con esta goleada e mantendose nos postos de cabeza. Gardariase un minuto de silencio polo que fose Presidente do San Lorenzo. Muros - Outes (4-3)
  • Muros: Fabio - Ramón Lago  -Pedro - Ramón -Mateo (Saúl Min.89) - Javier- Eloy (Gabriel Min.66) - Daniel  -Yanky (Jesús Min.60) - Xexo e Ivan.
  • Outes: Juan - Borja - Saúl (Sergio Min.71) - Ruben -Cristian - Martín (Adrian Min.60) - Pablo (Samuel Min.45) - David - Ismael - Elias e Miguel (Miguel Lestón Min.75).
  • Goles: 1-0 Yanky (Min.9). 1-1 Ismael (Min.29). 2-1 Yanky (Min.53). 3-1 Yanky (Min.67). 3-2 Elias (Min.78). 4-2 Xexo (Min.88). 4-3 Miguel (Min.90).
Partidazo no Eleutrio Balayo de Muros, un Muros que superaba o Outes pola minima tras un duro combate durante 90 minutos, O Outes chegaba con importantes baixas, sobre todo na linea defensiva. O pouco de dar comezo o encontro os locais por medio dun inspiradisimo Yanky adiantabanse no marcador e poñian o medo no corpo a todo un Outes que non queria descolgarse da zona de arriba, asi foi que pouco despois do gol do Muros xa empataba o Outes, e con ese marcador chegariase o descanso. Unha primeira parte entretida onde o Outes tivo ocasións pero non foi que de acertar e metelas dentro. A segunda parte algún tiro o pau dos xogadores de Outes avisaban das intencions deste equipo, pero o Muros con un xogo efectivo encarrilaba o partido e sumaba tres puntos mais o seu casilleiro. San Lorenzo - Volantes (2-1)
  • San Lorenzo: Puyol - Ruben -Adrian - Anxo - Casillero - Cachizo - Chucho (Canteiro Min. 85) - Fuente - Velo (Eloy Min.77) - Dani (Schuster Min.75) - Javi (Joaquin Min.60). Cartón Vermello: Miguel Cotelo (Min.72).
  • Volantes: Iago - Fran -Mingos - Juan - Miguel - Martin (Eduardo Min.89) - Moja - Ivi (Adrian Min.85) -Adri (Damian Min59) - Brais e Gabi (Jesús Min.59). Cartón Vermello: Juan Mayo (Min.83)
  • Goles: 1-0 Dani (Min.4). 1-1 Gabi (Min.10).  2-1 Dani (Min.20).
Partido dominado polo San Lorenzo dende o principio con moitas ocasións para o equipo local, ocasións que non souberon materializar e que o final tiveron que pasar apuros, xa que o volantes non se dou por vencido en ningún momento do encontro e loitou ata o final para poder levarse a victoria para Muros. Foi un partido no que tiveron ocasións os dous conxuntos ainda que o San Lorenzo dispuxo de algunha mais. O Final os de verdillo levanse 3 puntos moi importantes. Cee - Porteño (5-1)
  • Cee: Jorge - Nico - Jorge Sar - Ruben Fiuza - Carlos Leis - Jose Fernandez - Ruben santos (Cristian Min.45) - Angel Insua ( Javier Min.66) - Roi (Diego Cespón Min.58) - Llanero - Penedo (Isma Min77).
  • Porteño: Javier - Oscar Rey - José Caamaño - Maikol (Manuel Min.83) - Jose Andrade (Esteban Min.80) - Carlos Doyle - Marcos - Jesus cousillas- Carlos (Juan Min.83) - Iago - Sergio Varela (Mario Min.53).
  • Goles: 1-0 Angel (Min.6) 2-0 Llanero (Min.21). 3-0 Cristian (Min.47). 3-1 (Min.51). 4-1 Llanero (Min.75) e 5-1 Isma (Min.89).
Tarde de futbol no San Paio de Refoxos onde o Cee queria dar unha alegria a súa afeción e así o fixo, nin mais nin menos que goleando e facendo bo xogo. Comezaba o encontro moi de cara para o conxunto de Floreal, xa que en 20 minutos tiñan o partido practicamente encarrilado, o Porteño non era capaz de entrar no partido e tampouco era capaz de parar as embestidas do equipo ceense que se levaría o partido con un resultado bastante abultado. Pouco pudo facer na tarde de hoxe o Porteño fronte a un conxunto que por ningún medio quere descolgarse dos postos de cabeza. Independiente de Carballo - Camelle (1-0)
  • IDC: Diego - Jonatan - Abdesamad - Alejandro - Carlos - Guillamet - Mario - Daniel -Esteban (David Min.79) - Jorge Pichel e Adrian. Cartons Vermellos : Mario Min.85 e Atu Min. 93.
  • Camelle: Matias -Carlos -Adrian - Martín (Jesús Min.85) - Carlos Valiña - Angel - Alvaro (Sergio Min.58) - Fran - Adrian - Miguel Riveiro e Felipe Barreiro.
  • Goles: 1-0 Mario (Min.62)
Enfrontabanse dous conxuntos que nas últimas temporadas e nos últimos encontros sempre salta a tensión, e nesta ocasión non ia ser menos, o Camelle chegaba con importantes baixas para enfrentarse o Independiente. Comezaba o encontro con algunha que outra ocasión para ambos conxuntos, o peso do partido levouno o Independiente durante todo o encontro, ate que chegaron as expulsións dos locais e o Camelle votouse arriba para intentar sacar algo positivo, pero o IDC defendeuse moi ben e remataria o encontro con unha vitoria importante.

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).