2ª Autonómica: Remate con goleadas e ascensos pendentes

Rematou a tempada na Liga da Costa pero aínda quedan moitas cousas pendentes. Cos descensos de Nantón e O Pindo fixos, os ascensos á nova 1ª Autonómica, santiaguesa, seguen en vilo. Parece que Club do Mar e Camariñas apostan polo ascenso. De feito, onte a directiva do Camariñas propuña a renovación a Pepucho e aseguraba que a meirande parte da plantilla queda para afrontar o salto de categoría.
Pola contra, e sen aínda confirmación oficial, parece que o Corme non o ten tan claro. De feito non celebraron o ascenso trala espectacular 3ª acadada, pois non consideran que a liga santiaguesa sexa a súa. Así o máis probable é que renuncien, e que deixen esa 3ª praza de ascendo directo ao Fisterra.
Un Fisterra que si que está ilusionado co ascenso, e que quedará con toda a plantilla para o ano que vén.
Por detrás queda o Malpica, que probablemente terá que xogar unha promoción de ascenso cos 4º das outras Segundas. Pero coma sempre, e nun alarde de organización, teremos que esperar arredor dun mes para saber que ocorre. Entrementres, Malpica e Fisterra non saben se deixar de adestrar ou continuar preparándose para a posible promoción.
No tocante á xornada, destacar as numerosas goleadas, que dan conta de como o exceso de partidos desvirtúa a competición. I é que a copa sabatina mata, e mesmo parece que somos profesionais no fútbol costeiro, como se preguntaba Manuel Varela
Zas - Dumbría B (5-5)
- ZAS: Damián, Pereiro, Dani (Peque), Macenbo, Oliver, Lagoa (Kevin), Jorge, Rubio (Rony), Jaime (Diego), Pichín (César), Quintáns.
- DUMBRÍA B: Anxo, José Carreira (Miguel Poyo), Samuel (David Carreira), Pablo Conde, Jose, Esteban, Fernando, Jesús, José Manuel (Dito), Josiño (Israel), Rodrigo.
- Goles: 0-1: Pablo Conde; 1-1: Lagoa de penalti; 2-1: Pichín (descanso); 3-1: Pichín; 4-1: Pichín; 4-2: Jesús; 4-3: José Manuel; 5-3: Pereiro; 5-4: Esteban; 5-5: Josiño.
Partido de tolos no que o Zas chegaba nunha histérica fin de semana, cos xuvenís en plena loita e con copa sabatina. Os dumbrieses chegaban sen o míster e con numerosas baixas, xa desexando que remate a tempada.
O Zas tivo a primeira metade controlada, pero cada xogada era gol. O marcador sinalaba un 2-1 ao descanso, e á volta os locais parecían sentenciar con 2 tantos. Recurtaba de novo o Dumbría, pero cando faltaban 10 minutos Pereiro volvía poñer 2 goles de vantaxe para os zaenses. En 2 minutos do final, o Dumbría conseguíu empatar ante a flaqueza da defensa zaense.
San Lorenzo - Fisterra (1-2)
- SAN LORENZO: Sergio, Santi, Anxo, Quillo, Puñal, Antonio, Chucho, Fuentefría, Eloy (Carlos), Bolón, Javi.
- FISTERRA: Joselu, Munitis, Manuel, Gus, Kotte (Roberto, min.78), Nico, Guardiola, Roco, Dudo, Marco do Cabo (Insua, min.88) e Mane (Bruno, min.70).
- Goles: 1-0, min.20: Javi; 1-1, min.45: Mané tras un rexeite; 1-2, min.47: Marco Docabo dende o borde da área tras un despexe.
- Expulsións: Os locais Quillo e Puñal no min.90.
- MAZARICOS: Juan; Casais, Chico (Carreira, min.86), Óscar, Matías, Rodri, Esteban (Ramón, min.46), Iván, (Sandelo, min.46), Molinos (Ferreiro, min.70), Brais, Stefan (Aldo, min.70).
- MALPICA: Suso; Charly, Marcos Amado (Avelino, min.57), Andrés, Marco, Rancaño, Neucha, Manu Pardo (Dani, m min.54), Pablo (Iago, min.58), Tato (Casais, min.93), David Blanco.
- Goles: 0-1, min.1: David Blanco; 0-2, min.20: David Blanco; 0-3, min.47: Tato; 1-3, min.49: Molinos; 2-3, min.55: Matías; 3-3, min.57: Brais; 3-4, min.83: David Blanco; 4-4, min.89: Brais; 4-5, min.90: Neucha.
- NANTÓN: Bonano, David Lareo, Eloy, Felix (Sito, min.85), Diego, Carlos Vidal, Fabio, Rubén (Iván, min.80), Luís, Manolo, Martín.
- CLUB DO MAR: Gonzalo (Iago, min.75), Pichu (Chori, min.60), Luís Lareo, Alex (Rubén, min.70), Fran, Jonnie, Juan, Chapu, Manu (Bertin, min.80), Vituco, Santi Silva (Jacobo, min.65).
- Gol: 0-1, min.35: Chapu.
- CASTRIZ: Herrera, Sergio Pose, Miguel, Bruno (Toniño, min.60), Alberto, Martín (Sergio, min.46), Piñeiro, José, Facal, Jonhatan (Landeira, min.67), Brenlla.
- CORME: Javi, Jesús, Martín, Pandi, Lelo (Alejandro, min.46), Diego (Alejo, min.60), Juan, Adri (Chino, min.80), Iago (Adolfo, min.68), Brais, Gonzalo (Lucas, min.46).
- Goles: 0-1, min.18: Adri de tiro cruzado tras unha xogada ben centrada; 0-2, min.44: Juanciño de volea cun golazo tras un centro pasado dende a esquerda con rabia por unha tarascada na xogada anterior; 1-2, min.50: Piñeiro de golazo de tiro lonxano; 1-3, min.85: Alejo de reixete tras o seu penalti.
- CORCUBIÓN: Andrés, Paulo, José Atalaya, Sancho, Santi Papi, Conguito, Edu, Adán, Lema, Lourido, David de Muxía. Tamén xogaron: Adrián, Mario, Xabi, Gabriel, Cristian.
- SOFÁN: Carlos, Adrián (Suso, min.46), Gustavo, Juanjo, Miniño (Iván, min.46), Manuel Varela, Eloy, Gurita (Víctor, min.55), Jacobo, Edu (Abel, min.65), Berti.
- Goles: 1-0, min.10: Lourido de penalti; 1-1, min.15: Berti; 1-2, min.23: Gurita; 1-3, min.40: Gurita; 1-4, min.63: Gurita; 1-5, min.70: Abel; 2-5, min.85: David de Muxía.
- O PINDO: Lolo, Diego Trillo, Juan Fis, Pablo, Manolito, Bicho, Javi BIcho, Diego León, Garrido, Alex.
- CAMARIÑAS: Pombo, Carlos (Juan oBello, min.70), Alberto, Diango, Moriño (Maike, min.46), De la Sierra, Saviola, Javi cad., Brais (Adrián, min.70), Javi, Yuyo.
- Goles: Javi (4), Adrián, Yuyo, De la Sierra por parte camariñá. E por bando local o central Alex, que onte fixo de dianteiro tanque, e marcou 2 tantos.
- BUÑO: Brais, Eloy, Diego, Ángel, Óscar, Jorge, Emilio (Richard, min.60), Dourado (Miguel min.46), Juan (Elías, min.46), Ismael (Rubén, min.46), Victor.
- BAIO: Manuel (Guillermo, min.46), Matías, Iago, José Antonio, Pablo, Eloy, Fachal, Bieito, Lucas (Andrés, min.80), Martín, Javi Suárez.
- Goles: 0-1, min.10: Javi Suárez; 0-2, min.20: Bieito; 1-2, min.38: Dourado.
- MUROS: Fabio (Trozo), Alberto (Fernando), Gael, Mayu, Teo, Gelo (Marco), Adrián (Oscar), Jesús, Aitor, Yanki (Javi), Sexo.
- ESTEIRANA: Benito, Rober, Codesido, Dani Rama, Chispi, Andel, Eloy, Alex, Adrián (Bruno, min.50), Roberto Pladur (Pablo, min.70), Adelino (Abel, min.60).
- Goles: 1-0, min.2: Mayu de penalti; 2-0, min.12: Gael; 2-1, min.25: Adelino; 3-1, min.35: Mayu de penalti; 4-1, min.60: Gael; 5-1, min.65: Jesús; 6-1, min.75: Mayu.
- Expulsión: o esteirán Dani Rama xa terminando o partido.
- Preferente: Xallas e Soneira en vilo.
- 1ª Autonómica: Rematou a agonía e pensando na Copa.
- Copa da Costa: Só sentencia o Cee o pase a Cuartos.
- Resultados da última e intensa fin de semana completa de #futboldacosta.
- Resultados da xornada copeira e xuvenil.
- Vídeo entrevista de Angel Garrido co cormelán Alejo.
- Un Mar de Paixón: Un gol en Santa Comba.
- Manuel Varela: Xa somos profesionais no fútbol costeiro?.
- Alberto Pose: Alberto Pose: Dous ascensos decididos e moito por decidir e reflexionar.
- Esteiro prepárase para o Campionato de Barrios e a Costa mira ao Maratón de Tordoia.
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
Partido no que o Fisterra se xogaba moito, pero só espertou co gol inicial dos locais. Aí comezou o xogo duro por ambas partes. Un gol antes e outro despois do descanso meteron ao Fisterra por diante, pero o xogo continuaba moi duro.
O colexiado permitiu e acabou en batalla campal con dous expulsados polo bando local e numerosos cartóns.
Como detalle, Mané adicou o gol a Tata, outro emigrado que marcha a Suiza a traballar.
Mazaricos - Malpica (4-5)

Partido de tolos no Pino do Val, que demostra o estado da liga con partidos hoxe e mañá. Cun final de infarto con alternativas no marcador.
Na primeira o Malpica puido marcar unha chea deles, e mesmo marrou un penalti. Meteuse 0-3 pero o Mazaricos saíu espectacular na segunda e conseguíu empatar por dúas ocasións. A última xa no min.89, pero Neucha, cunha volea tremenda dende 30 metros deixa 5º ao Malpica, posto que é máis que probable que dea acceso a unha Promoción cos 4º da outras Segundas da delegación santiaguesa, Brión e Lamela.

Nantón - Club do Mar (0-1)
Remata a temporada para os dous equipos cun partido soso, entre o campión e un equipo descencido, e o sol dominando o ceo. Dominio visitante pero con ocasións para os dous lados. O Nantón buscando ás contras de Luís, que avisou con dúas boas ao principio que mandou arriba.
Castriz - Corme (1-3)
Xogábase o Corme a 3ª praza e respondeu no campo de San Pedro, ante un Castriz que non se xogaba nada. Saía o 11 cormelán cunha media de idade de 22 anos, quedando no banco 5 alicerces do equipo. Así e todo foi superior en todo momento e sentenciou con solvencia.
Pero no canto de celebrar o ascenos, o Corme nob fixo festa. I é que malia que non teñen decidido oficialmente se renuncian ou non ao ascenso, é máis que posible que o rexeiten: "Non é a nosa liga", valora Suso da Torriña, que se ben sinala que "se fose para a 1ª da Coruña seguro que ascenderíamos". Lembra que "non é unha cuestión económica, e este anos somos 3º e non 1º, se o fosemos seguro que ascenderíamos e o ano que vén, se quedamos campións, xa se verá. Por agora, penso que imos facer máis club aquí, e ademais sería incongruente non estar dacordo con esta renovación de competicións, como para acceder ao ascenso".
Corcubión - Sofán (2-5)
Partido estrano no Cubaleiro, con dous equipos sen tensión ningunha que levou un Sofán, que fixo un gran xogo ante un Corcubión pouco metido no partido, e con moitos riscos atrás.
O Sofán espertou co gol inicial e comezou a xogar, e cos goles de Berti e Gurita deron a volta.
O Corcubión pensa xa na tempada que vén, e xa pensan nun novo adestrador, unha vez que Nito non vai continuar.
O Pindo - Camariñas (2-8)
Un Camariñas moi superior, goleou relaxado a un O Pindo con 11 xustos de un porteiro e un central na punta de ataque. Ademais o cadro local está moi cabreado pola decisión da Federación de multar con 90€ por unha incomparecencia a semana pasada en Baio, que non foi, pois os carnotáns acodiron ao campo e xogaron máis de unha hora.
Así, O Pindo despídese dunha temporada para esquecer.
Pola súa banda o Camariñas, aínda coa Copa en xogo, xa quere renovar a Pepucho e boa parte da plantilla vai, pensando na vindeira temporada na 1ª.
Buño - Baio (1-2)

Partido sen historia, típico de final de tempada, e iso que o Baio estaba intentando asegurar a 6ª praza, por se hai premio polas renuncias, e algo de gañas máis puxeron.
Comezou moi ben o Baio e en 20 minutos xa case sentenciar o partido. Recurtou Dourado pero a segunda metade foi de mero trámite.
Marcou Javi Suárez, algo triste pola decisión da Federación de anular os 7 goles contra o O Pindo, un choque que a Federación pecha con 0-3 por unha suposta incomparecencia, que non foi tal.
O Buño xa pensa na tempada que vén, na que probablemente continuará Esmorís. Pola súa banda, o Baio, aínda pendente da tremenda familia Xuvenil, prantexa xa o ano vén que con algunha fichaxe en mente, de xente da casa, iso si.

Muros - Esteirana (6-1)
Partido estrano en Miraflores, marcado por un follón nas bancadas que despistou aos xogadores. I é que houbo que parar o partido e chamar á Garda Civil, con denuncia polo medio por unhas posibles agresións de varios rapaces a un veciño de Abelleira, ante a indignación dos propios siareiros muradáns e esteiráns.
No deportivo, o resultado foi demasiado abultado, e só se decantou contra o final. Estivo igualado na primeira metade, cunha Esteirana que puido ir por diante, pero que acabou con 3-1 con dous goles de penalti do Muros. a partir do 3º a Esteirana desapareceu do campo.
A Esteirana xa pensa na tempada que vén, con unha chea de xogadores en todas as categorías pero xa pensa en renovar os equipo de adestradores dende cadetes ata os afeccionados.