2ª Autonómica: Revolta na zona baixa
Tiveron que pasar 12 xornadas para que O Pindo sumase os 3 primeiros puntos da temporada. E o fixo en Nantón, ante un cadro local moi mermado polas baixas. Ademais, tamén por abaixo, o Corcubión sae do descendo e mete ao San Lorenzo, que paradoxicamente fixo o seu mellor partido da tempada. Pero en fronte estaba o Camariñas, que non deixa títere con cabeza e machaca aos seus rivais a base de pegada. O Club do Mar xa non frea, e o Fisterra segue nunha moi boa liña acadando a 4º vitoria consecutiva.
A xornada trae ademais a marcha de Agilda do banco do Malpica.
Fisterra - Buño (3-1)
- Fisterra: Joselu, Juan de Elvira (Munitis, min.75), Nico, Gus, Piti (Cartamil, min.80), Roco, Santi (Cote, min.46), Marco Docabo (Guardiola, min.65), Mané, Dudo, Tata (Rivas, min.70)
- Buño: Brais, Brais San Luis (Eloy, min.65), Diego, Alfredo, Óscar, Jorge Calvete, Elías, Dourado, Miguel, Juan (Richard, min.60), Víctor.
- Goles: 1-0, min.5: Gus tras un saque de esquina; 2-0, min.25: Tata; 2-1, min.40: Juan; 3-1, min.70: Dudo.
Segue en liña ascendente este Fisterra (4 vitorias seguidas), que superaba este sábado unha complicada pedra de toque, pois o Buño estaba a tan só 2 puntos dos fisterráns antes de comezar o partido.
O partido comezou titubeando, se ben Gus rompeu a igualada de contado cun tanto tras un saque de esquina e Tata xa puña o 2-0 aos 25 minutos. Peron non entregou o partido o cadro malpicán e Juan recurtou antes do descanso tras varias intentonas combinativas.
No segundo tempo foi Dudo o que sentenciou tras 25 minutos nos que Joselu evitou o empate ante o empuxe dos oleiros.
Dumbría B - Club do Mar (0-2)
- Dumbría B: Anxo, Ramiro, Jesús, David Carreira, Samuel, Sergio Cives, Fernando (Álex, min.75), José Manuel, Ivanete (Javi, min.60), Pablo Lestón, Esteban de Baíñas.
- Club do Mar: Iago Dans, Rubén, Juan Lareo, Chori, Repi, Álex, Jacobo (Luis Lareo, min.75), Bertín (Pablo Piñeiro, min.80), Johnie (Fran Borrazás, min.70), Santi Silva (Isaac, min.80), Vituco.
- Goles: 0-1, min.35: Chori; 0-2, min.75: Bertín.
Cruzáronse no Conco un cadro en liña descendente (o filial dumbriés) e un equipo que tras un comezo espectacular e un baixón pasaxeiro, retoma o voo. O Club do Mar venceu con fortaleza ao Dumbría B con menos problemas do esperado. Ferrío contaba con baixas importantes e o equipo notounas sufrindo a súa cuarta derrota seguida.
Tardou en romper a igualada o cadro caionés e non foi ata o min.35 cando Chori marcou dende a frontal. Bertín anotou o 0-2 no segundo tempo ante as protestas locais por un posible fóra de xogo.
San Lorenzo - Camariñas (1-3)
- San Lorenzo: Sergio, Casillero, Adrián (Javi Varela, min.85), Dubra, Puñal, Chucho (Carlos, min.60), Santi, Cachizo (Miguel, min.85), Marcos, Fuentefría (Anxo, min.85), Javi.
- Camariñas: Pombo, Carlos, Breo, Maikel, Ogando, Paco, De la Sierra, Brais, Javi (Nico, min.85), David, Leo.
- Goles: 1-0, min.5: Javi Pensado aproveita o rexeite do porteiro rival tras unha falta que lanza Fuentefría; 1-1, min.10: Javi ao prolongar uha falta; 1-2, min.60: Leo resolve na área pequena; 1-3, min.85: David nunha contra de fermosa vaselina a pase de De la Sierra.
- Lesión: o camariñán Dani no quecemento.
O mellor partido do San Lorenzo en toda a Liga pero que remata sen premio para os de Chema Eirís. Foi un partido moi bronco, con moito balón aéreo, con pouco xogo combinativo. O cadro carballés que prantou cara en todo momento a todo un líder, pero a pegada deste Camariñas é para ter en conta. O porteiro Pombo cunha boa parada resultou determinante e a calidade de Leo definiu o partido.
Esteirana - Malpica (1-1)
- Esteirana: Beni; Maxi (Chispi, min.75), Simón, Dani, Suízo, Uru (Andel, min.72), Adelino, Eloy, Roberto Pladur, Adrián (Iago, min.77), Álex, (Isma, min.88).
- Malpica: Suso; Charly, Víctor, Iago Marco (Marcos Amado, min.78), Nando (Manu Pardo, min.65), Neucha, Cheo, Alfredo (Charro, min.53), Andrés (Dani, min.88), Rancaño.
- Goles: 0-1, min.30: Rancaño de volea tras un saque do meta Suso. 1-1, min.40: Roberto Pladur tras un pase de Adelino á espalda da defensa.
- Lesión: Alfrediño no bando malpicán nun xeonllo.
Sufriu o Malpica e moito no Xosé Luís Vara para manter un puntiño. I é que mereceu a Esteirana moito máis, sobre todo na segunda metade na que arrinconou aos malpicáns. Así e todo o Malpica comezou forte o partido e dominou ata porse por diante cun gran tanto de Rancaño. A Esteirana foise situando no campo e empatou antes do descanso para xogar unha segunda metade moi boa pero sen premio. Contra o final, Pladur, Manu Pardo, Adelino e Isma puideron dar a vitoria aos esteiráns pero non estiveron acertados.
Zas - Corme (1-2)
- Zas: Damián, Pereiro, Mancebo, Lagoa (Dani, min.70), Oliver, Peque, Pablo (Jorge, min.46), Rubio, Martín (Pichín min.46), Juan (Rafa, min.75), Pablo Muíño.
- Corme: Susiño, Diego, Jesús, Pandi, Abel, Doldán, Alejandro, Gonzalo (Martín), Lucas, Iago (Chino), Alejo (Javier).
- Goles: 0-1, min.18: Alejo; 0-2, min.34: Alejo; 1-2, min.70: Rubio de penalti.
- Expulsión: o xogador zaense Pereiro, min.30.
Partidazo do Corme en San Andrés onde, sobre todo na primeira metade deu un recital combinando e chegando con profundidade. Alejo segue sendo o matador e anotou dous novos tantos no seu taboleiro.
Na segunda baixou algo o ritmo o Corme, e o Zas amosou a súa mellor cara xa con 10 home, e cambios de Jorge e Pichín, que volven de sendas lesións e precisan ir vagariño. A piques estiveron de empatar así e todo os de Felipe Solís, máis por empuxe que por xogo, pero os puntos quedaron do bando que máis o mereceu.
Muros - Sofán (0-1)
- Muros: Lupi, Mayuyo, Gael, Marco, Gelo, Alberto, Jesus (Mingos, min.60), Dani, Oscar, Sexo e Adrian (Maxi, min.80).
- Sofán: Luis de la Peña, Adrian, Diego (Juanjo, min.70), Miniño, Juan Rabuñal, Pensado, Suso Docampo, Ivan Rey, Abel (Edu, min.88), David Pensado (Jacobo, min.60), e Berti (Mario Casal, min.80)
- Gol: 0-1, min.60: Berti remata un centro de Diego tras unha boa combinación con Abel.
- Expulsión: Sexo xa co partido finalizado.
Partido apretado, con ocasións de gol por ambas partes pero que decidiu unha contra dos sofanistas no segundo periodo. Comezou o Muros apretando coas cualidades que máis ten este curso, garra e intensidade. Os primeiros 20 minutos foron de control local, pero falta acerto cara gol no cadro de Sil, no que o central Mayuyo é o pichichi. Óscar (2), Gelo Sexo e Mayuyo puxeron a proba a Luís de la Peña pero o meta coruñés demostraba a súa veteranía e calidade.
Na segunda mellorou a SD malia que o Muros eguía apretando con firmeza. Iván e Pensado avisaron da intención visitante e foi nunha contra á hora de xogo, cando Abel asinaba o tanto d a vitoria para o cadro sofanista.
Mazaricos - Baio (2-3)
- Mazaricos: Juan, Marcos (Casais, min.60), Chico (Rafa, min.30), Matías, Tuco, Ramón, Brais, Aldo (Rodri, min.72), Estéano, Esteban (Crisitan, min.48), Kevin.
- Baio: Manuel, Matías, Iván, José Antonio, Ramón (Iago, min.75), Mario, Eloy, MC (Andrés, min.87), Alberto (Martín, min.55), Canai (Rubio, min.85), Javi Suárez.
- Goles: 0-1, min.5: Canai á saída dun córner; 0-2, min.25: Canai; 1-2, min.43: Aldo a unha falta lateral; 1-3, min.75: MC; 2-3, min.91: Kevin aproveitando un pase entreliñas de Brais.
Partido bronco, sen patadas pero con moita forza, o disputado no campo blando do Pino do Val que daba pé a traballos baixo terra. Foi un choque con moito balón directo e demasiados goles para o visto. Púxose por diante o Baio con 0-2 en sendas xogadas a balón parado, pero antes do descanso recurtaba o Mazaricos poñendo a incertidume de cara ao segundo tempo. Co 1-2, o Mazaricos tivo algunha opción de empatar, sobre todo despois de que Alberto marrase un penalti parou Juan. Apretou o cadro mazaricán durante media hora da segunda, pero sen ocasións claras. O 1-3 de MC sentenciaba o partido faltando 15 minutos, e só no desconto recurtaba sen esperanza Kevin.
Nantón - O Pindo (0-1)
- Nantón: Bonano, Rubén, Carlos Santos (Eloy, min.60), Félix, Sito (Rubén, min.80), Álex Vidal, Fabio, Cristian, Martín, Luís, Manolo do Cruceiro.
- O Pindo: Diego Garrido, Javi Conexo (Julián, min.75), Álex, Herminio, Juan de Fisterra, Carlos Leis, Eloy, Loló, Bicho, Juan de Dios (Manolito, min.75), Javi Riolo (Carlos, min.65).
- Gol: 0-1, min.75: Carlos.
Primeira vitoria do Pindo ante un Nantón que saíu demasiado confiado e que ademais tiña moitas baixas. Así e todo a falta de acerto dos cabaneses foi clave e desta volta nin Luís nin Manolo do Cruceiro marcaron en xogada, nin Fabio o facía dende os 11 metros. I é que a primeira metade estivo controlada polos locais, pero pouco a pouco o Pindo foise safando do dominio territorial.
A segunda metade foi máis igualada, con alternativas no control do partido e algunha ocasión por bando. E foi Carlos quen adiantou aos carnotáns e quen dá a vitoria aos de Bruno.
Castriz - Corcubión (0-1)
- Castriz: Herrera, Michi (Rubén, min.20), Alex, Toniño, Sergio Pose (Sergio, min.75), Koeman (Jonhie, min.60), Toño, Pablo, Martín, Sebas, Mauri (Jorge, min.60).
- Corcubión: Cristian, Jose de Atalaya, Sergio Manín, Conguito, Sebas, Edu, Alán (Balucho, min.70), Paulo (Sancho, min.65), Miguelón (Tarrela, min.90), Lourido.
- Gol: 0-1, min.60: Lourido á saída dun córner tras uns rexeites.
- Lesión: o xalleiro Michi e o corcubionés Papi no quecemento.
- Expulsión: o corcubionés Balucho por vermella directa.
O Corcubión gañou tamén en San Pedro ante un Castriz que perde en casa o que gaña fóra. Os de Manín levan demasiada renda dun partido bronoc, disputado, sen demasiadas ocasións, pero nas que a falta de acerto dos locais foi fundamental.
O Corcubión fixo un encontro serio, pero tamén contou coa sorte da madeira, que repeliu ata 4 remates dos xalleiros Toño, Sebas, Jorge e Jonhie. Sebas e Conguito fixeron un partidazo por bando visitante, pero a protagonista foi a defensa e o porteiro Cristian, que fixo paradas de mérito. Todo puido cambiar se no último minuto entra un balón que pegou no poste, pero que puido ser rematado coa man como protestaba o corcubionés Balucho, que acabou expulsado.
Máis información
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Xornada roubada.
- Preferente: Os equipos xalleiros poden cos da Mariña.
- Resultados futboleiros da fin de semana electoral.
- Comeza unha igualada Liga de Fútbol Sala de Cee.
Máis novas
- Vídeo entrevista co muradán Seluco.
- A Bitacora da Semana: O blog da S.D. Camelle.
- A bitácora da semana (CXLI): O blog do San Lorenzo de Verdillo.
- Video entrevista co xuvenil malpicán Juny.
- Un Dumbría descarado.
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (II).
- Pablo Mouro: Primeiros Auxilios Básicos (I).
- Vídeo entrevista de Ángel Garrido a Alberto Pose.
- Vídeo entrevista a Manolo Varela por Angel Garrido.
- Vimianzo lembrou a Martín Pena.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
- Colabora o blog do Malpica de Luís E. Porto e o blog da SD Sofán, e a SD Fisterra.