2ª Autonómica: Tropezón do líder co Baio á caza mentres Cabana e Montelouro caen
Quedan 3 xornadas para o final e as cousas seguen igualadas. Por arriba, a Esteirana tropezaba ante o Castriz e o Baio se pon a só 2 puntos tras vencer a un bo Outes, e chegando con moita forza. O Cee non quere perder comba, e estará atento a calquera tropezo dos dous.
Por abaixo, queda o Montelouro cun pé e medio na 3ª, tralo seu empate ante o Corcubión, pero é que son 7 puntos, a falta de 9 por xogar, os que ten de vantaxe o Cabana. Un Cabana que tamén está de capa caída. O sábado non sumaba nada e queda pendente de que non descenda ningún dos 3 equipos en apuros da 1ª Autonómica.
A vitoria do Volantes o saca a 5 puntos, mentres que o Mazaricos queda só 3 por riba dos cabaneses.
Reunión en Baio
Este xoves 25 de abril, ás 20:30 horas no auditorio do pavillón de Baio, queda convocada unha reunión para todos os Clubes da Costa. A reunión convócase a petición de varios clubes, a obxecto de planificar temas para a vindeira temporada (equipos que participan na Copa, play offs de terceira, primeira autonómica, etc) e tamén se van a tratar temas de esta temporada, por exemplo, intentar unificar o prezo das entradas da Copa da Costa, etc...
Dende a Asociación de Clubes rogan a máxima asistencia, pois agora é o momento de que os clubes fagan todas as peticións ou observacións para planificar axeitadamente a temporada.
Montelouro - Corcubión (1-1)
- MONTELOURO: Pedro de García, José (Mingos, min.60), Pablo, Álvaro, Isma de Cosme, Pesco, César, Chema, David (Pepiño, min.46), Raúl, Geiko.
- CORCUBIÓN: Cristian Lourido, Alán, Senra, Julito, Balucho (Javi, min.76), Sebas, Pablo Lestón, Lema, Cristian, David Lourido, David de Muxía (Jonnie, min.60)
- Goles: 0-1, min.25: Lema, de penalti; 1-1, min.44: Pesco de gol olímpico.
Bo partido do Montelouro ante o Corcubión pero que non lle serve para evitar saír dunha situación máis que comprometida. Os loureáns, a 7 do Cabana e con 9 por xogar, teñen un pé en 3ª. Foi un choque igualado, no que os de Manolín se adiantaron cun penalti de Lema. Antes do descanso Pesco igualaría a contenda dando ás aos locais, que non puideron marcar na segunda metade a pesar da insistencia sobre a portería dun gran Cristian.
Cee - Buño (3-0)
- CEE: Parroto, Nico, Jorgito (Aitor, min.85), Piquero, Berto (Rafa, min.35), Leis, Angeliño, Serginho (Yayá, min.75), Víctor (Llanero, min.60), Rivi, Penedo.
- BUÑO: Toni, Casáis, Rubén (Eloy, min.65), Ángel, Diego, David, Miguel (Víctor, min.46), Jesús, Gurita (Gustavo, min.70), Dani Calvete, David Dourado.
- Goles: 1-0 min.5: Rivi nunha boa contra; 2-0, min.43: Serginho a pase de Víctor; 3-0, min.55: Rafa.
- Lesión: o ceense Berto.
Non puido ser mellor o regreso de Rivi ao 11 titular ceense. Tras dous anos lonxe dos terreos de xogo, a esperaza ceense marcaba aos 5 minutos un gol que encarrilaba unha fácil vitoria que os mantén na loita polo ascenso. O gol chegaba nunha rápida combinación na que Parroto saca rápido a Jorgito, para montar a contra, este dálla a Serginho que lla deixa a Penedo para que faga a parede con Angeliño, dar o pase a Rivi para que por baixo supere a Toni. A chegada máis perigosa para o Buño chegou pouco despois do gol un rebumbio no área liquídao á perfección Parroto. Angeliño nunha xogada persoal a punto estivo de aumentar a diferencia pero un defensor visitante crúzase para despexar o balón. Xa no final deste primeiro tempo Víctor ponlle un pase ao oco a Serginho para que marque o segundo gol do encontro.
Os ceenses deixaba sentenciado o encontro ao pouco de saír do descanso, Angeliño saca un córner que Penedo remata, no rexeite Rafa, que substituíu a Berto na primeira metade pola lesión do central ceense, envía o balón ao fondo da portería. O Cee puido marcar algún gol máis pero Angeliño, Penedo, Llanero non estiveron acertados.
Dumbría B - Volantes (2-4)
- DUMBRÍA B: David, Charly, Lucho, Dudo, Toja, Tati, Alcaina, Israel, Ivanete (Maikel, min.61), Josiño, Bruno.
- VOLANTES: Iago, Maikel Perrito, Juan do Sivil, Yeray, Javi de Baño, Mingos, Varito, Pardelo (Nacho, min.46), Adri, Ivi, Chenel.
- Goles: 0-1, min.5: Ivi; 0-2, min.15: Ivi; 1-2, min.20: Josiño; 1-3, min.48: Nacho; 2-3, min.70: Josiño; 2-4, min.75: Nacho.
Tardou o Volantes en solventar un choque que lle permite respirar tras levar 7 partidos sen gañar. Os laranxas comezaron moi ben con dous tantos de Ivi aproveitando a pouva intensidade dos dumbrieses. Que tardaron pero acabaron meténdose no partido e poñendo en serios apuros ao Volantes.
Quedan agora os muradáns con 35 puntos, empatados co Outes, e con 2 sobre o Mazaricos e 3 sobre o Cabana, os postos que poden ser susceptibles de arrastre.
Esteirana - Castriz (1-1)
- ESTEIRANA: Ramón, Chispi (Róber Pladur, min.64), Dani Rama, Suizo, Simón, Pablo Serrano (Adelino, min.46), Pepiño, Uru, Álex, Kike, Alberto.
- CASTRIZ: Toño, Martín, Prego, David Agra, Pose, Cilindro, Víctor Pazos (Iván, min.70), Sebas, Roberto, Anxo (Rubén, min.46), Luis.
- Goles: 0-1, min.20: Sebas; 1-1, min.70: Adelino a pase de Alex.
Tropezón inesperado do líder ante un Castriz capaz do mellor. Os xalleiros prantaron un partido moi firme, moi serios atrás e buscanso o perigo de Sebas arriba. Así foi, aos 20 minutos, sen apenas ocasións para os azulgranas, Sebas adianaba aos rossoneros tras un rexeite.
Tocaba remar no cadro esteirán. E remaron, tendo varias ocasións para empatar, pero onte os Kike, Alex ou Alberto non estiveron acertados. Tivo que ser Adelino, que saía na segunda metade, o que asinara o tanto do empate. De aí ao final o partido volveuse tolo e puido caer dos dous lados pero o marcador non se movería.
Baio - Outes (2-0)
- BAIO: Anxo, José Antonio (Jorge, min.75), Pablo (Eloy, min.46), Mario, Chema, Norberto, Chucho (Jorge, min.72), Martín, MC, Rubio (Cristian, min.60), Alberto.
- OUTES: Gato, Damián (Ángel, min.55), Borja, Arturo, Chúa, Martín (Fabio, min.70), Poke (Álvaro, min.85), Saúl, Elías (Vele, min.60), Migui, Quin.
- Goles: 1-0, min.65: Martín dende o borde da área a pase de MC; 2-0, min.80: Alberto a pase de MC.
Agurantou o Outes as embestidas dun Baio que segue á caza do líder. Os baieses seguen e sumaron a súa 4ª vitoria consecutiva ante un Outes que deu moita guerra. Sobre todo na primeira metade, na que xogou cara a cara ante todo un 2º clasificado. Soubo xogar as súas armas o Outes, esperando ao Baio pero sen fisuras, e buscando as rápidas contras con Migui e Quin arriba.
Puido adiantarse o Outes pero non estivo acertado, e ante os de arriba non se pode perdoar. Tardou en chegar o gol baiés, e foi o eterno capitán, Martín, o que recollía un bo pase de MC e marcaba dende o borde da área. E faltaban 10 minutos, co Outes buscando o empate, cando MC combinaba con Alberto para facer a sentenza.
Muros - Carnota (3-0)
- MUROS: Fabio, Teo, Pedro de Paky (Juan, min.70), David, Dani Corniños, Lisardo (Javi de Vístete, min.62), Juanito Murciano (Ramón, min.70), Gelo, Sexo, Kikinho, Saúl (Manu Dosil, min.40).
- CARNOTA: Luís de la Peña, Tono da Caixa, Pedro de Pichín, Manolo Chouza, Rodrigo, Jacobo, Pumuky, (Miki, min.80), Martín (Manuel Luís, min.55), Buonanotte (Boni, min.65), Nakata (Pablo Beiro, min.75), Manoliño.
- Goles: 1-0, min.15: Juanito Murciano a pase de sexo; 2-0, min.60: David de falta; 3-0, min.75: Gelo tras un córner.
Nin a chegada de Manoliño mellora a falta de gol dos carnotáns, que suman dous partidos sen marcar. Os de Cambeiro non estiveron de todo metidos nun dos derbis máis vividos por ambos equipos. Pronto se adiantou o cadro muradán por medio de Juanito, e na segunda, o Muros senciataba a balón parado.
Mazaricos - Sofán (0-2)
- MAZARICOS: Juan, Chico, Matías, Rodri, Casais (Aldo, min.75), Martín (Ramón, min.80), Esteban (Cristian, min.70), Estéfano, Molinos (Sandelo, min.46), Brais, José Ángel.
- SOFÁN: Dani, Cantudo, Pensado (Juanjo, min.75), Gustavo, Marcos, Iván Rey, Boedo, Míchel, Abel, Suso Docampo, Santi.
- Goles: 0-1, min.75: Santi tras un pase interior de Suso Docampo; 0-2, min.82: Iván Rey nunha xogada combinada.
Bo partido do Mazaricos, que comezou máis forte pero acabou sen premio ante unha SD que se amosou máis solta, ante un cadro local algo agarrotado. Así e todo, os amarelos comezaron tendo o balón e chegando ata a área sofanista sen demasiado perigo, se ben unha só diante do porteiro de Molinos aos 10 minutos que puido cambiar o rumbo do partido.
Pouco a pouco a SD foi collendo ritmo e acabou a primeira chegando á meta de Juan avisando. Na segunda foi das mellores partes do Mazaricos, tocando moi ben o balón pero sen acerto arriba. Pero a SD cazou dúas illadas e sentenciou con dous goles de contado. Santi tras un bo pase de Suso Docampo e Iván Rey, o mellor dos de Pablo Mallón, tras unha boa xogada combinada con Suso, Abel e Míchel acabou co partido.
Zas - Corme (2-3)
- ZAS: Miki, Martín (Damián, min.40), Lagoa, Óliver, Pereiro, Peke, Diego, Jaime (Rubio, min.60), Ismael (Pablo, min.70), Braulio, Mario.
- CORME: Susiño, Jesús, Dani, Pandi, Martinciño (Manu, min.60), Brais, Joshua (Alejandro, min.25), Adolfo, Lucas, Juan Chans, Miguel Torrado.
- Goles: 1-0, min.5: Mario; 2-0, min.30: Peke; 2-1, min.47: Juan Chans; 2-2, min.55: Brais; 2-3, min.80: Adolfo.
Partido de rivalidade entre dous equipos que loitaban pola 4ª praza co Sofán. Loita que queda agora só para o Corme, que deixa a 6 puntos aos zaenses tras unha gran remontada e nun gran final treito ligueiro, sumando a súa terceira vitoria seguida. Os cormeláns tiveron que remontar o bo inicio local, que á media hroa xa marchaba 2-0 por diante. Pero unha saída fulgurante tralo descanso metía ao corme no partido, de novo cun gran Juan Chans. Brais no minuto 55 e Adolfo a 10 para o final, daban a volta ao marcador, para adicarlle a vitoria á finada avoa de Lelo, un dos eternos capitáns do cadro cormelán.
San Lorenzo - Cabana (1-0)
- SAN LORENZO: Abraham, David, Adrián, Dubra, Quillo, Robin (Anxo, min.65), Cachizo, Fuentefría, Chucho (Chucho, min.75), Carlos, Palermo (Eloy, min.71).
- CABANA: Añón, Pepe, Eloy (David, min.51), Iván de Treos, Marcos, Ismael, Rubén Rama, Manolo do Cruceiro, Berti (José, min.70), Sandro, Fernando (Adrián, min.62)
- Gol: 1-0, min.50: Chucho tras unha contra montada por Carliños.
Partido a golpe de sábado que deixa ao Cabana moi tocado, e na posición de arrastre en caso de que descenda algún dos equipos da 1ª Autonómica. Os de Gueli foron máis efectivos nun choque tenso, tan igualado como soso. Apenas houbo ocasións de gol e só unha contra do San Lorenzo á volta do descanso serviu para decantar o marcador. Intentouno o Cabana pero sen demasiada fe e acabou sucumbindo.
Novas relacionadas
Máis información
Artigos relacionados
- Alberto Pose: Do auténtico fútbol da Costa. Con Manolín.
Crónicas da semana
- 1ª Autonómica: Fisterra e Ponteceso collen folgos e Camariñas complícase.
- Preferente: A ceros.
- Resultados e análise desta importante xornada do #futboldacosta.
- A Esteirana Cadete canta alirón nun fantástico sábado de #futboldacosta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).