2ª Autonómica: Xornada apretada por abaixo

09:50 05/03/12
Completa xornada, por arriba e por abaixo, esta a 25 na Liga da Costa, a primeira do mes de marzo. Club do Mar e Camariñas non fallaban, pero si era o Fisterra o que caía en Sofán e queda a 4 dos camariñáns e 7 do líder.
Por detrás segue un Malpica intratable, con 14 xornadas sen perder, e que suamaba 3 valiosísimos puntos no Cairo deixando precisamente ao Corme a 6 puntos. Os malpicáns están xa a só 1 punto dos fisterráns, mentres que Baio e Muros achéganse ao Corme.
Por abaixo había varios duelos directos. Castriz e San Lorenzo asinaban táboas, e o Mazaricos superaba a un Nantón que non amosou a intensidade que o partido precisaba. Así queda o Nantón no segundo posto de descenso directo, con 21 puntos, 3 menos que o Castriz, e a 4 dos Corcubión, Mazaricos, e Zas, que suman 25. O San Lorenzo está con 26 puntos, e o Buño, que non se pode despistar, ten 29.
Moi boa ambiente no Cairo para acoller este partidazo entre dous equipos á alza. E foi o Malpica, xa con 14 xornadas sen perder, o que levou o premio dos puntos. E iso que foi un encontro tenso, moi disputado, moi igualado cunha parte para cada un, e cos poteiros Susiño e Suso como grandes protagonistas. Iso si, os cormeláns discutiron a arbitraxe do colexiado, que tampouco estivo ben para os visitantes.
O partido empezaba cunha clara ocasión de Iago no único despiste da tarde da defensa malpicá. Pero comezou dando o Malpica, con fermoso gol inicial de Pablo cando o Corme aínda non se asentara. E puido ampliar a renda con ocasións de Charro e Charly que desbaratou Susiño.
O Corme melloraba e as bandas dos pequenos Juan e Adrián Doldán comezaban a facer dano. A segunda metade foi de dominio local, pero nin Alejo, nin Juan, que tiveron un par de claras ocasións cada un, puideron superar a un espléndido Suso, que completou un partidazo.
O Pindo - Zas (0-0)

- O PINDO: Bicho, Conexo (Diego Trillo, min.75), Alex, Dani Freire, Juan Fis, Eloy, Lolo, Pablo (Diego, min.50), Carlos, Manolito, Riolo (Garrido, min.90).
- ZAS: Elías, Pereiro, Dani, Mancebo, Óliver, Lagoa (Kevin, min.60), Peque (Rafa, min.65), Rubio, Diego (Quintáns,min.70), Pastor (Martín, min.75) e Pablo Muíño.
Buño - Club do Mar (1-3)

- BUÑO: Toni, Eloy, Alfredo, Ángel, Óscar, David (Dourado, min.73), Jorge, Miguel (Emilio, min.70), Juan, Ismael e Víctor.
- CLUB DO MAR: Gonzalo, Chori, Repi, Luis (Santi Silva, min.46), Rubén, Álex, Chapu (Fran Borrazás, min.80), Jacobo, Bertín, Johnny e Vituco.
- Gol: 0-1, min.2: Víctor de penalti; 1-1, min.65: Rubén tras un córner de Repi; 1-2, min.75: Vituco de cabeza; 1-3, min.85: Bertín.

Sofán - Fisterra (2-1)
- SOFÁN: Luis De la Peña, Adrián, Meniño, Rabuñal, Juanjo, Pensado, Eloy, Iván, Víctor, Diego e Suso.
- FISTERRA: Joselu, Piti (Munitis, min.80), Pana (Insua, min.60), Manuel, Pelada, Eddy, Roa, Marco Docabo, Guardiola, Rivas (Bruno, min.50) e Mané.
- Goles: 0-1, min.20: Marco Docabo tras unha falta botada por Guardiola; 1-1, min.25: Adrián tras unha xogada de Iván e Víctor por banda; 2-1, min.35: Iván tras un rexeite de Joselu a tiro de Víctor.
- Expulsións: os fisterráns Guardiola e Mané ao comezos da segunda metade.
Baio - Dumbría B (4-0)

- BAIO: Manuel, Matías (Pardo, min.85), Iago, Fredi, Ramón, Eloy, Mario (Rubio, min.70), Canai (Fachal, min.80), MC (Martín, min.60), Javi Suárez e Alberto.
- Goles: 1-0, min.15: Alberto de penalti; 2-0, min.68: Javi Suárez; 3-0, min.74: Alberto; 4-0, min.82: Javi Suárez.

Corcubión - Muros (4-5)
- CORCUBIÓN: Cristian, Pablo, José María Senra (Jonnie), José de Atalaya, Conguito, Papi, Lourido, Lema, Mario (Balucho), Alán, Edu.
- MUROS: Fabio, Gael, Javi Xuv, Marco Antonio, Dani, Gelo (Adrián, min.75), Kiko, Yanki (Mingos, min.75), Aitor, Oscar (Alberto, min.46) e Sexo.
- Goles: 0-1, min.15: Aitor; 1-1, min.25: Lema; 2-1, min.30: Lema; 2-2, min.25: Aitor; 3-2, min.30: Edu; 4-2, min.35: Mario; 4-3, min.43: Aitor; 4-4, min.55: Alberto; 4-5, min.75: Aitor.
Nantón - Mazaricos (0-2)

- NANTÓN: Ernesto, David, Eloy (Pedro, min.60), Félix, Diego, Carlos Vidal, Fabio, Rubén (Cristina, min.55), Luís, Manolo e Martín (Iván, min.75).
- MAZARICOS: Juan, Casais, Tuco (Marcos, min.78), Tubi, Matías, Ramón, Rodri, Esteban Pereiro (Cristian, min.68), Rafa (Estéfano, min.60), Brais (Chico, min.89) e Aldo (Kevin, min.55).
- Goles: 0-1, min.70: Kevin de falta; 0-2, min.87: Cristian.

Camariñas - Esteirana (5-2)
- CAMARIÑAS: Pombo, Carlos, Ogando, Maikel, Diango, Moriño (Adrián, min.75), De la Sierra, Brais (Gatusso, min.80), Javi (Paco, min.60), Leo e Juan oBello.
- ESTEIRANA: Beni, Maxi, José Varela, Dani Rama, Adelino, Pichu (Isma, min.60), Andel (Adri, min.65), Iago, Uru, Alex e Cajulo (Eloy, min.46).
- Goles: 1-0, min.25: Javi; 2-0, min.47: Leo; 3-0, min.55: Javi; 3-1, min.65: Alex; 4-1, min.75: Juan oBello, de falta; 4-2, min.80: Adelino; 5-2, min.85: Leo.
Corme - Malpica (0-1)

- CORME: Susiño, Adolfo, Alejandro, Jesus (Abel, min.68), Pandi, Diego, Juan, Adrián Doldan, Iago, Lucas e Alejo (Dani Conexo, min.92).
- MALPICA: Suso, Víctor, Avelino, Andrés (Manu Pardo, min.82), Marco (Iago, min.74), Rancaño, Neucha, Charly, Pablo, Tato (Dani, min.96) e Charro (David Alvarez, min.72).
- Gol: 0-1, min.15: Pablo recibe un pase de Tato, recorta e lanza un chut pola escuadra algo escorado.


Castriz - San Lorenzo (2-2)
- CASTRIZ: Herrera, Michi (Sergio Pose, min.80), Alex, Alberto (Bruno ,min.46), Toniño, Pepe, David Agra, Martín (Iván, min.46), Jonnie (Toño, min.46), Sebas e Mauri (Pablo, min.60).
- SAN LORENZO: Recarey, Puñal, Casillero, Santi, Adrián, Quillo, Cachizo (Eloy, min.65), Fuentefría, Carliños (Javi, min.15), Bolon (Miguel, min.20) e Chucho.
- Goles: 1-0, min.25: Mauri; 1-1, min.30: Casillero tras unha falta directa e tras rexeite do porteiro; 2-1, min.60: Sebas tras unha contra nun erro defensivo; 2-2, min.87: Javi Pensado de novo nunha xogada de estrarexia tras un saque de banda.
- Lesións: os de Verdiño Carliños e Bolón con rotura fibrilar e Cachizo con escordadura de nocello.
Máis información
Crónicas da semana
- Preferente: Só suma o Xallas e o Santa Comba segue recuperando o tono.
- 1ª Autonómica: Empate técnico.
- Resultados do #futboldacosta na primeira xornada de marzo.
Máis novas
- Vídeo entrevista de Anxo Garrido con José Carlos e Piña.
- A SCD Malpica chega á Univesidade.
- Alberto Pose: Unha de formación dos formadores do fútbol da Costa.
- O Plan Competicional e a Liga á carta.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).
- Colabora blog da SCD Malpica de Luís E. Porto, o blog da SD Sofán.