2ª Galicia: xornada pasada por auga
10:00 05/11/18
Amplía a vantaxe á fronte da clasificación o Mazaricos tras vence ó Volantes e despois do empate do Corme en Muros. O Ponteceso cedeu puntos tamén ante o Monte Louro e o Muxía caeu ante o Cerqueda. Xornada redonda para o líder. O Baíñas goleou ó Lira no resultado máis abultado da semana. Na zona media o Malpica venceu o San Lorenzo e Zas e Buño igualaron. No derbi o Cee venceu sábado ó Ameixenda.
PUENTECESO S.D. 2 - U.D. MONTE LOURO 2
PUENTECESO SD: Brais Vázquez, Martín Puente, Ismail, Matías, Eloy Trigo, Recarey, Iván Rodríguez, Mendieta, Iago, Aday e Luca. Tamén xogaron Eloy Alvarez, Charro, Dani Cotelo e Adrián Pose.
U.D. MONTE LOURO: Fer, Abel, Pedro, Manolo Chouza, Borja, Gelo, Pesco, Dani de Sahorta, Samuel, Juan de Celia e Yeray. Tamén xogaron David, Sambade e Mingos.
GOLES: 0-1 33´Juan de Celia 0-2 46´Samuel 1-2 66 ´Matías de penalti 2-2 90´Luca
Remontou o Ponteceso dous goles dos de Louro no segundo tempo, o último gol sobre a bocina nun remate espectacular de Luca. No inicio do partido despois dunha ocasión de Alberto Recarey, Juan de Celia adiantou ó Louro. Nun erro defensivo á volta dos vestiarios os de Oscar Leis anotaron o segundo tanto. Matías de penalti anotou o 1-2. Anulouse un gol a Charro por fora de xogo, e Luca anotou sobre o tempo o golazo da xornada.
C.D. MUROS 3 - CORME C.F. 3
CD MUROS: Xandre, Yerai, Banana, Pelos, Eloy, Ramón, Alex Siaba, Berni, Xavier, Alvarito e Dani. Tamén xogaron Jesús, Pedro e Gabo.
CORME CF: Illote, Jesús, Pandi, Fabián, Javi Peón, Brais Torrado, Sueiro, Manu Bermúdez, Alejo, Lucas e Toniño. Tamén xogaron Susiño, Eloy Villar, Alejandro e Brais Pombo.
GOLES: 0-1 16´Alejo 1-1 20´Xavier 1-2 56´Toniño 2-2 60´Ramón 2-3 69´Alejo de penalti 3-3 80´Pelos
Vaia partidazo en Muros.O conxunto de Bibi demostrou que está na Liga da Costa para quedarse ante un dos rivais máis esixentes da competición. O Corme foi sempre por diante no marcador pero atopouse un Muros que respostou a cada gol dos visitantes cun posterior empate. Alejo adiantou os visitantes, pero pronto igualou o Muros para irse así ó descanso. Toniño marcou no 56 e pronto empatou Ra. Alejo, en vena goleadora como sempre transformou un penalti pero Pelos, un dos lideres do Muros, empatou pouco despois deixando o resultado dun partido loco e intenso en 3-3.
U.D. CERQUEDA 2 - MUXÍA C.F. 0
UD CERQUEDA: Diego Dourado, Dani, Javi Souto, Martín Añón, Javi Pazos, Manu Guillamet, Dieguito, Lorenzo, Méndez, Molinos e Michel. Tamén xogaron Jonathan, David Dourado, Atu, Martín Castro e Marcos Pensado.
MUXÍA CF: Noe, Brais Mouzo, Conguito, Tomás, Santi, Víctor Alcaina, Adrián Alcaina, Gora, Michael, Tomás, Mauro e Manu Nogueira. Tamén xogaron Pereira, Mario, Toja e Julián.
GOLES: 1-0 1´Dani de penalti 2-0 39´Dani de penalti
O Muxía caiu ante un serio Cerqueda que se atopou pronto cun penalti por mans que Dani transformaría en gol. O Muxía descentrouse con este gol e só tiveron unha opción de Mauro para empatar. Antes do descanso Dani transformou de novo outro penalti para deixar o marcador 2-0 antes do descanso. No segundo tempo o Muxía tivo o balón e combinou buscando a remontada, pero o Cerqueda defendeu o resultado á perfección e levouse os puntos en xogo.
LIRA C.F. 1 - C.D. BAÍÑAS 6
LIRA CF: Peipo, Cristian, Porto, Badara, Gabri, Oliver, Cristian Caamaño, Deme, Borja, Raúl e Toni. Tamén xogou Sieira.
CD BAÍÑAS: Jacobo, Naya, Ramón, Toño, Oreiro, Luis Alvite, Mayor, Canosa, Pablo Muíño, Samu e Javi Souto. Tamén xogaron Rodri, Esteban, Felipe, Esteban Rodríguez e Paulo.
GOLES: 0-1 11´Pablo Muíño 0-2 18´Pablo Muíño 1-2 22´Toni 1-3 23´Pablo Muíño 1-4 37´Oreiro 1-5 41´Toño 1-6 88´Javi Souto
Nun campo anegado de auga o Baíñas conseguiu unha goleada algo engañosa, pois o Lira foi competitivo ata o 1-4 pero despois baixou os brazos. O equipo liracho está moi curto de efectivos e os reveses son demasiados para levantarse. De inicio Cristian Caamaño ten unha ocasión clarísima que saca Jacobo, e acto seguido Pablo Muíño inaugura o marcador. Unha falta de Toni sacaa o porteiro outra vez, e pouco despois marca de novo Pablo Muíño. Reduce distancias Toni pero nada máis sacar de centro marca o Baíñas o 1-3. Co resultado ó descanso o Lira no segundo tempo tivo orgullo pero non foi quen de marcar, e sí o fixo Javi Souto contra o final.
S.D. AMEIXENDA 0 - U.C. CEE 2
SD AMEIXENDA: Oscar Riolo, Camacho, Adan, Chucho, Castrexe, Po, Juanfran, Piquero, Susiño, Tomás e Javichu. Tamén xogaron Pablo, Cristian e Bichiño
UC CEE: Maikel, Jorge, Pablo, Carlos Leis, Aitor, Esteban, Brais, Martín, Chema, Luis Lojo e Adrián Patera. Tamén xogaron Leo e Jon
GOLES: 0-1 59´Luis Lojo -2 73´Chema
Gran entrada no Sampaio de Refoxos o sábado para ver o derbi. O Cee saíu moi enchufado e tivo unha bo oportunidade nun remate de cabeza que sae fora por pouco. No 17 Susiño disparou e Maikel desviou o balón cando se colaba. No segundo tempo segue a mesma tendencia que no primeiro, con dominio do Cee e búsqueda de contras do Ameixenda. Riolo intervén no 53 para evitar o gol pero non pode facer nada no 59 ante Luis Lojo, que adianta ós ceenses. Intentou Chucho un par de disparos lonxanos pero o Cee controlou o encontro, ata o segundo tanto de Chema, aproveitando un balón que a defensa do Ameixenda non dou despexado.
SPORTING ZAS 2 - BUÑO S.D. 2
SP. ZAS: Adrián Vázquez, Pablo, Rubén, Paredes, Manu Fuentes, Santi Casas, Rubio, Dani Mato, Brais, Miguel e Fabián. Tamén xogaron Raúl, Juan e Alvaro.
BUÑO SD: Brais, Simón, Eloy, Pablo, David Alvarez, Matías, Alexander, Fran, Juan Antelo, Borja Gándara e Zinho. Tamén xogaron Alberto e Miguel Dourado.
GOLES: 0-1 10´Borja Gándara 1-1 31´Santi Casas 1-2 46´Juan Antelo de penalti 2-2 72´Rubio
Igualada en San Andrés nun campo impracticable pola auga que caeu sobre el. Dominio do Buño no primeiro tempo. Nun centro lateral Borja Gándara só si marca anota o primeiro tanto ó cuarto de hora. Á media hora un pase de Pablo é freado pola auga e Santi Casas aproveita para empatar. Ten unha boa ocasión Juan Antelo pouco despois pero só dispara alto. Anota o segundo antes do descanso o mesmo xogador de penalti. Na reanudación o Zas buscou o empate. Manu rematou ó poste de cabeza no 59´, e pouco despois Brais lúcese nunha gran doble parada a remates de Santi CAsas e Brais. Empata Rubio, pero case se leva a vitoria o Buño nun disparo de Alexander que saca Adrián Vázquez.
MAZARICOS C.F. 4 - VOLANTES DE BAÑO F.C. 1
MAZARICOS C.F.: Miguel, Cutu, Borja, Mario, Ricardo, Barbeira, Piki, Estéfano, Oreiro, Roberto e Pereiro. Tamén xogaron Yago Dosil, Amoedo, Raúl, Chiki e Carreira.
VOLANTES DE BAÑO: Javira, Juan do Sivil, Mou, Thiago, Yanki, Pardelo, Raúl, Santi, Godo, Pesco e Iván Candamo. Tamén xogaron Rachón, Yeray, Alex e Ricardo.
GOLES: 1-0 18´Pereiro 1-1 26´Yanki 2-1 70´Estéfano de penalti 3-1 76´Pereiro 4-1 79´Piki
Día pasado por auga e con moito vento en Mazaricos que dificultou o transcurso do xogo. O Volantes competiulle ben ó líder ata o gol de penalti, que tivo bastante polémica pois Javira rexeitou o lanzamento inicial de Estéfano, pero o colexiado mandou repetir, e na segunda opción o xogador mazaricán non fallou. Despois dun primeiro tempo igualado onde o eterno Yanki igualou o tanto de Pereiro, esa xogada foi decisiva no segundo pois a partir de ahí o Mazaricos foi superior e anotou os seus restantes goles, para ampliar vantaxe á fronte da clasificación.
S.C.D. MALPICA 2 - S.D. SAN LORENZO 0
SCD MALPICA: Lamas, Mante, Belar, Dimitri, Juan Fuentes, Migueliño, Andy, Gonzalo Vilariño, Brais Ceán, Dani Casal e Aitor. Tamén xogaron Brais Lado, Alberto, Roberto e Laik
SAN LORENZO: Rubén, Fidalgo, Rudi, Luciano, Pablo Díaz, Mario, Jose, David Lorenzo, Alex, Fuentefría e Diego Varela. Tamén xogaron Juanjo, Dani Cotelo, Brais CAncela e Alberto.
GOLES: 1-0 56´Dani Casal 2-0 84´Aitor
Tarde de auga e vento na Pedra Queimada, que coma en todos os campos fixo imposible o desenrolo fluído do xogo. Gardouse un minuto de silencio polo pasamento do ex xogador do Malpica Rolando Novo. O encontro decantouse no segundo tempo onde dous goles dos homes de calidade que ten o Malpica na zona de ataque, DAni Casal e Aitor, este un ex do San Lorenzo, sentenciaron o encontro. Os visitantes, ante o estado do campo, buscaron un lóxico fútbol máis directo pero non foron capaces de rebasar a Lamas, porteiro local que tivo unha boa actuación.