3ª Autonómica: Carnota e Outes certifican o ascenso e segue a loita pola 6ª praza
Semana importante para a 3ª da Costa coa certificación dos ascensos de Carnota e Outes. O Carnota vencía con comodidade ao Soneira B e o Outes puido celebrar por todo o alto o ascenso sen sequera ter que saltar ao terreo de xogo, pois o Muxía non se presentaba no sempre ateigado Conchido. Ambos conxuntos celebraron o ascenso ata altas horas da mañá pero aínda seguirán competindo para facerse co título.
Entrementres, a loita pola 6ª praza seguen candnete. O Montelouro deu paso adiante e forzou o paso atrás do Coristanco tras un duelo fraticida no Agra da Filgueira. Ademais, seguen metidos no grupo Volantes e Cerqueda, mentres que o Porteño mantense con opcións tras superar ao Cabana, que segue 3º.
E sen tempo a descansar, volve esta cansina Copa, que xa comeza co groso de partidos mañá martes 1 de maio. Xa podedes ver os cadros en Cadro da Copa da Costa 2012.
Outes - Muxía (Non se presentou o Muxía)
Na táboa clasificatoria puxemos un 3-0 a favor do Outes, pois será o que determine a Federación ante a non presentación do Muxía a xogar. Así que o Outes puido celebrar con tranquilidade.
Soneira B - Carnota (0-7)
- SONEIRA B: Martín (Antoniño, min.69), Chans, Alberto, Chuchi (Héctor, min.50), Curra, Jemisa, Cristian Figueroa, Dani (Pichón, min.50), Cristian Canosa, Capote e Marquitos.
- CARNOTA: Peipo, Manolo, Sergio, Pedro de Pichín, David de Brea, Manuel Luís (Pedro, min.72), Jacobo (Pumuki, min.70), Rodrigo (Gabri, min.75), Tono da Caixa, Manoliño (Tono Goyanes, min.67) e Casti (Boni, min.55).
- Goles: Casti (4), Manoliño, Manuel Luís e Pedro de Pichín.
Montelouro - Coristanco (3-2)
- MONTELOURO: Isma, Bolo, García, Alvaro, Canelo, Fernando, Chema, Rico (Jose, min.85), Geiko (Jaro, min.35), Pesco (Denís, min.65) e Mingos.
- CORISTANCO: Pombo, Marquiños, Marcos (Benitez, min.80), Morientes, Luís, Torreira, Sergio (Arantón, min.60), Adrián, Pazos (Iván, min.75), Carliños e Edgar.
- Goles: 1-0, min.17: Geiko; 2-0, min.41: Pesco; 3-0, min.77: Mingos; 3-1, min.88: Adrián; 3-2, min.90: Morientes.
Alcaián - Xaviña (8-1)
- ALCAIAN: Rizos, París, Diego, Pombo (Portillo, min.46), Ruben, Victor Pazos, Daviciño, Víctor Freire, Nahuel (Pichel, min.65), Souto (Framil, min.70), Roberto.
- XAVIÑA:
- Goles: Daviciño 1, Roberto 4, Nahuel 1, Víctor Freire 2.
Partido sen moita historia, cun Xaviña que non puido completar os 11 de inicio e que recibiu unha severa goleada.
Porteño - Cabana (3-2)
- PORTEÑO: Jimy, Brais, Oscar, Pejo, Maikol (Iago Sestayo, min.46), Cousillas, Asier, Piti, Tajes (Iago da Ponte, min.46), Iago e Jorge.
- CABANA: Añón, Pancho, Marcos (Fariña, min.75), David, Jose, Eloi Pereira (Eloi García, min.60), Sandro, Adrián (Jacobo, min.70), Diego, Rubén rama e Eliseo (Miki Xuvenil, min.52).
- Goles: 0-1, min.10: Adrián; 0-2, min.60: Marcos; 1-2, min.75: Pejo; 2-2, min.85: Iago Sestayo; 3-2, min.96: Jorge.
Independiente - Lira (3-4)
- INDEPENDIENTE: Upi, Jonathan, Rubén (Iván Lorenzo, min.60), Carlos, Gustavo (Juni, min.46), Rafa (Ivi, min.46), Dani, Efren (Suso Noya, min.46), Brais, Roberto e Jorge.
- LIRA: Isma, Santi, Michelón, Pelexo, Suso Perico, Manolo, Gabri, Iago, Ancho, Fran Perico e Xabi.
- Goles: 0-1, min.10: Fran Perico, de penalti; 0-2, min.20: Ancho; 0-3, min.30: Ancho; 1-3, min.50: Ivi; 2-3, min.58: Juni, de penalti; 2-4, min.75: Ancho; 3-4, min.85: Juni.
Corcoesto - Atl. Pereiriña (2-2)
- CORCOESTO: Edelmiro, Lista, Miguel, Germán, Pablo, Longo, Javi, Xabi (Couto, min.75), Martín (Pichón, min.65), Héctor e Josiño.
- ATL. PEREIRIÑA: Simón, Grille, Alvaro (Abraham, min.85), Adán, Javichu, Poki, Biorto (Javi, min.65), Néstor, Lamela, Morcillo (Víctor, min.70) e Rafa.
- Goles: 0-1, min.5: Néstor; 0-2, min.10: Néstor; 1-2, min.65: Héctor; 2-2, min.92: Héctor, de penalti.
Cerqueda - Laxe (5-1)
- CERQUEDA: Fredi (Rubén, min.85), Rober, Javi, Dani, Javi Pazos, Maikel (Athu, min.76), Lorenzo, Dani Añón (You, min.70), Alex e Manu (Che, min.85).
- LAXE: Illote, Rellán, López, Naya, Oscar (Zurich, min.25), Roi (Jacinto, min.46), Borja, Saleta, Aarón, Samuel e Iván Ferreiro.
- Goles: 1-0, min.17: Dani Añón; 2-0, min.19: Dieguito; 3-0, min.24: Lorenzo; 4-0, min.42: Manu; 4-1, min.45: López; 5-1, min.56: Alex.
- Expulsións: Os visitantes Zurich (min.55), Naya (min.80) e Rellán (min.90), os dous primeiros con cartón vermello directo por protestar e o último por dobre cartón amarelo.
Partido moi tenso por parte dos visitantes que chegaban ao campo de Xaviña con certas posibilidades de loitar polos postos de ascenso, pero os primeiros goles encaixados sacáronos do partido e dedicáronse máis a protestar ao colexiado que a xogar, froito disto tiveron 3 expulsados, por certo que da expulsión de Rellán enteráronse ao recoller a acta, pois pese a ver dous cartóns amarelos o colexiado non lle sacou o vermello, sen embargo na acta aparece como expulsado.
Os locais xogaron moi concentrados sabedores de que tiñan moito en xogo e cinco minutos de gran acerto sentenciaron o choque con goles de Dani Añón, ao rematar un rexeite dun falta lanzada por el, Dieguito e Lorenzo, que marca de cabeza ao recoller un rexeite do longueiro tras un tiro de falta de Dieguito. Antes do descanso Manu facía o cuarto, mentres que no último minuto da primeira metade, López, de cabeza, remataba un centro de Rellán para recurtar distancias. Este gol non dou alas aos visitantes e o goleador Alex poñía o definitivo 5-1 ao bater no man a man a Illote.Fisterra B - Camelle (0-3)
- FISTERRA B: Ángel, Juanjete, Noé, Pablo, Eloy, Gaby (Carlos, min.50), Rubia, Hidalgo, David Perlón, Crivi (Diego, min.65) e Jose da Anchoa.
- CAMELLE: Carlos Purrúa, Adrián (Diego, min.65), Valiña, Mauri, Carlos de Dido, Iván, Alvaro (René, min.55), Sergio (Juan Rubén, min.60), Buri (Tedín, min.46), Barreiro e Mario (Alvaro Pantera, min.80).
- Goles: 0-1, min.55: Sergio; 0-2, min.70: Tedín; 0-3, min.73: Barreiro.
Máis información
Crónicas da semana
- Preferente: Coa salvación na man.
- 1ª Autonómica: O Ponteceso rubrica a permanencia.
- Resultados dunha fin de semana intensa de #futboldacosta.
Máis novas
- Xogando aos médicos co #fútboldacosta.
- QPC MOTOR: Ralli de Noia: As Carreiras son así.
- Un Mar de Paixón: Un proxecto…, xa traxecto.
- Alberto Pose: Unha por toda a familia futboleira da Serra de Outes.
- A Federación decide os ascensos e a Asociación de Clubes dá novos pasos.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).