Martes. 15.10.2024
El tiempo

3ª Autonómica: Doble loita aberta

3ª Autonómica: Doble loita aberta
A falta de 7 xornadas para o final da liga semella que vai haber dúas loitas ben diferenciadas, agora que xa coñecemos o sistema de ascensos. Carnota, Outes e Cabana, que se moven en tres puntos de diferenza, todo apunta a que xogaran tanto polo título de liga, como polos dous primeiros postos que dan lugar ao ascenso directo, o terceiro terá que xogar o playoff e arriscarse a quedar mal situado. O segundo grupo, formado polo Montelouro, Coristanco, Cerqueda, Volantes, Porteño e en menor medida o Laxe, xogarán por meterse entre os seis primeiros para xogar o playoff de ascenso. A xornada deste fin de semana tan só nos serviu para ver como o Porteño non se descolgaba e batía apuradamente ao Montelouro que pese a facer un bo partido, segue con moita irregularidade e regalando puntos na casa que o pode pagar ao final da tempada. Outro triunfo importante foi o do Cerqueda ante un rival directo como o Coristanco, que xunto coa derrota do Montelouro o engancha de pleno na loita polo ascenso. Outro que segue nunha racha moi boa é o Independiente que está a demostrar que de comezar un pouco mellor podería estar loitando polos postos de ascenso.

Coristanco - Cerqueda (1-2)

  • CORISTANCO: Pombo, Marquiños, Marcos, Óscar, Luis, Adrián, Sergio (Pazos, min.60), Benitez (Edgar, min.70), Torreira, Arantón e Mallón (Gonzalo, min.20)
  • CERQUEDA: Rubén, Jorge, Javi, Dani, Javi Pazos, Santi (Cota, min.57), Manu, Lorenzo, Dieguito, Alex e You (Juanjo, min.46).
  • Goles: 0-1, min.2: Dieguito; 1-1, min.27: Marcos, de penalti; 1-2, min.50: Juanjo.
  • Expulsións: Os locais Pombo (min.13) e Óscar (min.93), e os visitantes, Dieguito (min.66) e Alex (min.70).
Partido con pouca historia onde o principal protagonista foi o árbitro, que pita en Preferente, o cormelán Bruno Méndez. Nun partido no que non houbo unha patada expulsou a catro xogadores dous de cada equipo. Non debeu ver suficiente isto que a saída do campo provocou a uns aficionados que estaban a ver o encontro lanzándolle bicos desde a porta do seu vestiario. Os dous equipos queixáronse moito da actuación do árbitro, estando de acordo os dous bandos de que todas as expulsións foron inxustas. En canto se refire ao futbolístico, no Coristanco debutarían os novos fichaxes Marquiños e Torreira, ex do Castriz, nun encontro sen moitas ocasións claras. No minuto dous Dieguito cun auténtico golazo desde o centro do campo adiantaba ao Cerqueda. No minuto 20, o equipo local quedaría cun home menos logo de que o árbitro expulsara a Pombo con dobre amoestación por "protestar" segundo o colexiado. Marcos no minuto 27 empataría o encontro desde os once metros. Cinco minutos despois, Álex puido poñer por diante de novo ao Cerqueda cun cabezazo que se foi rozando o pau. Aos cinco minutos da segunda parte, Juanjo poñería o 1-2 definitivo ao aproveitar un erro da defensa coristanquesa. E a partir desto, comezaría o show do colexiado expulsando mediada a segunda parte a Dieguito logo de ensinarlle o segundo cartón sen motivo algún. No minuto 70, tamén expulsaría a Alex tamén ao ensinarlle o segundo cartón amarelo por unha caída dentro da área na que o colexiado interpretou que simulou. E xa no minuto 90, expulsaría a Óscar con cartón vermello por unha pequena falta, que non era motivo de tanto castigo. Aquí vos queda o gol defintivo de Juanjo:

Laxe - Carnota (0-4)

  • LAXE: Illote (Jacobo, min.46), Zaleta, Rellán (Iván, min.46) Naya, Aarón, Jacinto (Roi, min.65), Borja, Darío, Samuel, Iván (Rivera, min.46) e Zúrich.
  • CARNOTA: Peipo, Manolo Chouza, Pedro, Sergio Manín, David de Brea, Tono da Caixa, Rodrigo, Jacobo, Pumuky, Manoliño e Casti.
  • Goles: 0-1, min.3: Casti; 0-2, min.65: Casti; 0-3, min.77: Manoliño; 0-4, min.82: Manoliño.
Segue o Carnota ao seu, e pese que na primeira metade non gozou de moitas ocasións, demostrou que ten moita pegada e pouco a pouco foi goleando a un Laxe que se veu abaixo na reta final do encontro.

Cabana - Fisterra B (6-0)

  • CABANA: Añón, Eloy García, Fariña, Marcos, José, Sandro, Adrián, Rubén Rama, Diego (Eliseo m.60), Fernando e Adrián Santamarina.
  • FISTERRA B: David Perlón, Juanjete, Eloy, Pablo, Noé, Gabinho, Rubia, Santi, Pirri, José da Anchoa e Cartamil.
  • Goles: 1-0, min.6: Adrián; 2-0, min.18: Adrián Santamarina; 3-0, min.34: Sandro; 4-0, min.50: Sandro; 5-0, min.66: Eliseo; 6-0, min.80: Fernando.
O Cabana non pasou apuros para desfacerse dun filial fisterrán que contaba con moitas baixas e tan só puido contar con 11 xogadores.

Muxía - Soneira B (5-3)

  • MUXÍA: Jose Antonio, Jose Manuel, Martinciño, Fabián (Juan do Coral, min.46), Pataca, Ángel Luís, Felipe, Julián, Arxires, Peski e Rául.
  • SONEIRA B: Antoniño, Chuchi, Curra, Alberto, Hector, Aaron (Pichón, min.76), Dani, Quilmes, Marquitos (Anthony, min.64), Cristian Canosa e Cristian Figueroa.
  • Goles: 0-1, min.12: Cristian Canosa; 1-1, min.17: Felipe; 1-2, min.36: Cristian Canosa; 1-3, min.42: Curra; 2-3, min.52: Ángel Luís; 3-3, min.64: Pataca; 4-3, min.85: Peski; 5-3, min.86: Arxires.
Mal partido o que se viu na Arliña onde os dous equipos aproveitaron o tempo no que tiveron o vento o seu favor para facer os goles, aínda que os locais o aproveitaron mellor. Así aos doce minutos despois dun saque de esquina e dunha serie de rexeites foi Cristian Canosa o que marcaba para os visitantes. Pouco lles durou a ledicia xa que pouco despois Arxires internouse por banda dereita e tirou cruzado para que Antoniño despexase pero Felipe atento chegou para remachar a igualada. Os visitantes tomaron o dominio aproveitando o vento a favor, e así gozaron dunhas cantas ocasións que non souberon aproveitar. Aos 35 minutos Dani lanzou unha falta dende a frontal que despexou Jose Antonio e só un minuto despois Cristian aproveitábase do vento para colgar unha falta lonxana e desfacer a igualada. Despois de moitos minutos desaparecido o Muxía voltou asomarse pola área dos vimianceses e Ángel Luís cabeceou alto un gran envío por banda dereita. A rentes do descanso Curra entrou por banda esquerda, os locais pediron fóra de xogo, para prantarse ante Jose Antonio, fíxose un lio cando tiña só a Marquitos para empurrala pero finalmente tirou e Pataca non foi quen de sacala e converteuse no 1 a 3, resultado co que se chegou o tempo de lecer. A segunda metade co vento a favor os locais optaron polo balón en longo e a xogada deu os seus froitos. Xa que os 52 minutos unha internada por banda dereita de Peski que deu o pase da morte e Ángel Luís lanzouse para empurrar o segundo gol local. No minuto 64 foi Pataca quen cun lanzamento de falta lonxano, similar ao do soneirán Cristian na primeira, o que empataba. Os visitantes desapareceron nesta metade e Arxires no 65 errou a ocasión que podía adiantar aos seus. A cinco minutos para o fin Peski non erraba para facer o cuarto gol local e culminar a estraña remontada e só un minuto despois de novo Peski aparecía no man a man con Antoniño, este rexeitaba pero Arxires atento collía o balón e por encima facía o quinto gol local e certificaba a vitoria para os da Vila da Barca.

Atl. Pereiriña - Independiente (1-3)

  • ATL. PEREIRIÑA: Simón, Grille, Javichu, Mateo (Javi, min.46), Alvaro Fiuza, Adán, Poki, Morcillo, Néstor e Víctor.
  • INDEPENDIENTE: Upi, Jonathan, Juni, Rubén, Carlos, Gustavo, Brian (Toni, min.35), Rafa, Dani Rosalia, Brais e Jorge.
  • Goles: 0-1, min.40: Juni; 0-2, min.44: Jorge; 0-3, min.75: Gustavo; 1-3, min.85: Poki, de falta directa.
  • Lesión: O visitante Brian (min.35) con problemas nun abdutor.
Dous equipos moi mermadospolas baixas non depararon un moi bo encontro, apenas houbo ocasións de gol, pero o que máis fino estivo no remate foron os carballeses que están nun racha moi positiva. Juni abriu o marcador ao definir no man a man con Simón. A rentes do descanso, unha falta sacada por Gustavo foi rematada por Jorge de cabeza. Xa na segunda metade Gustavo marcaba por toda a escadra tras recibir un pase de Juni. O gol da honra local foi obra de Poki ao marcar un libre directo.

Xaviña - Camelle (1-4)

  • XAVIÑA: Pablo, Diango, Juan Antonio, Sergio, Rubén, Adrián, Búa, Martín, Diego e Elvis.
  • CAMELLE: Carlos Purrúa, Adrián (Coruña, min.75), Manuel, Mauri (Valiña, min.60), Carlos de Dido, René, Varu (Tedín, min.63), Jose, Sergio (Buri, min.75), Barreiro (Alberto, min.85) e Mario.
  • Goles: 1-0, min.20: Elvis; 1-1, min.35: Barreiro; 1-2, min.38: René, de penalti; 1-3, min.43: Barreiro; 1-4, min.78: Barreiro.
  • Expulsión: O local Elvis (min.48) con cartón vermello directo por protestar.
Derbi local que saldou favorablemente para o Camelle. Os locais pese a xogar todo o encontro con só 10 xogadores arrancaron moi ben o encontro e mesmo dominando no marcador case toda a primeira metade. Xusto antes do descanso tres goles case seguidos deron ao traste coas posibilidades dos locais. Na máis arrancar a segunda metade Elvis expulsase xogando os xaviñáns con 9. A precipitación por marcar dos visitantes fixo que a goleada non fóra maior. Aínda así os locais gozaron de dúas penas máximas que Martín non soubo aproveitar, a primeira co 1-2 no marcador que parou Carlos e a segunda xa co 1-4 que lanzou fóra.

Volantes - Alcaián (3-0)

  • VOLANTES: Iago, Fran, Paquy (Benja, min.63), Josiño, Juan, Brais, Ramón (Nimo, min.52), Seluco, Pardelo (Piru, min.52), Piti e Ivi (Edu, min.52)
  • ALCAIÁN: Rizos, Dani, París, Diego, Rubén, Víctor Pazos, Framil, Luisito, Nahuel, Daviciño e Roberto.
  • Goles: 1-0, min.5: Piti; 2-0, min.64: Piti; 3-0, min.75: Brais.
  • Expulsión: O visitante Dani (min.52) por dobre cartón amarelo.
Espectacular a afección do Volantes que amosou un bandeirón na bancada de Miraflores que nin o estadio de Riazor, como podedes ver no vídeo do Facebook dos Volantes de Baño. Partido cómodo para o Volantes que non pasou apuros ante un Alcaián que non puxo en perigo para nada a vitoria dos de Baño que segue enganchado na loita por entrar entre os seis primeiros. Piti abriu cedo o marcador ao romper por banda e prantarse só ante Rizo que bateu. Logo do descanso, de novo Piti, marcaba o segundo ao recoller un rexeite do meta Rizos tras un lanzamento de Brais. O gol da xornada marcouno Brais, o mediocentro muradán marcaba dende o seu campo de entre a área grande e o circulo do medio campo ao recoller un saque do porta Rizos que quedou fóra da área e aproveitou o xogador local para sumar cun perfecto lanzamento, xa suma varios goles lonxanos esta tempada.

Corcoesto - Outes (1-5)

  • CORCOESTO: Siro, Miguel (Xabi, min.70), Edelmiro, Pichón, Pablo, Manuel, Javi, Germán, Miguel, Couto e Héctor.
  • OUTES: Gato (Víctor, min.62), Saúl, Martín (Lass, min.77), Chúa, David, Arturo, Fabio (Damián, min.70), Deivi, Kin (Potro, min.46) e Pesco (Fernando, min.66)
  • Goles: 0-1, min.17: Lago; 0-2, min.39: Deivi; 0-3, min.40: Deivi; 1-3, min.44: Héctor; 1-4, min.53: Lago; 1-5, min.58: Deivi.
  • Expulsión: O local Miguel (min.89) con dobre cartón amarelo.
Encontro ben resolto polo Outes no campo das Redondas en Cabana, dado que o campo Das Bouzas estano a replantar. O equipo de Manu Roque arrancou marcando por medio de Lago que recolleu un rexeite na área tras un córner. A rentes do descanso chegaron dous goles máis por medio de Deivi, o primeiro tras un centro de Martín e o segundo a pase de Fabio que define de vaselina ao porteiro. Héctor reduciría distancias ao peitear unha falta lonxana sacada por Edelmiro. Xa no segundo tempo Lago marcaba de cabeza tras unha falta sacada por Pesco e Deivi completaría un hattrick ao marcar un bonito gol dende 40 metros ao ver o porteiro adiantado bateo por alto.

Montelouro - Porteño (0-1)

  • MONTELOURO: Isma, Pablo, Juan, Pedro, Alvaro, Chema, Denías (Jarondo, min.85), Raúl (Teo, min.50), Geiko, Rico e Pesco.
  • PORTEÑO: Jimy, Brais, Pejo, Pirucho, Oscar, Piti (David Cadete, min.85), Ismael, Brais Grela, Cousillas, Jorgito e Wi (Iago Sestayo, min.75).
  • Gol: 0-1, min.70: Piti, de penalti.
  • Expulsións: O local Alvaro (min.70) e o visitante Cousillas (min.75), ambos por dobre cartón amarelo.
Mereceu algo máis o Montelouro, pero perdoou na primeira metade e logo acabouno pagando. Polo bando visitante, Brais Grela tivo un man a man na primeira metade para adiantar aos da Ponte. Tralo descanso, o partido seguiu coa mesma tónica, antes do gol visitante, Pesco tivo un moi boa ocasión para adiantar aos de Louro, pouco despois un man de Alvaro, que se custaría a expulsión, supuxo unha pena máxima que Piti non desaproveitaba para darlle os tres puntos ao Porteño e deixalo con opción de loitar polo ascenso, unha derrota sería definitiva para o equipo de Gerpe.

Nova relacionadas

Máis información

Crónicas da semana

Máis novas

Fonte

  • Redacción de Deportes de QPC ([email protected]).
  • Colabora Blog de Luigi no Deporte e na Costa e David Castro.

Comentarios